"qu" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4475.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Jean de Bruxas.
-
GALICIA
Xinecólogo. Estudiou medicina na Universidade de Santiago de Compostela e ampliou os seus estudios en diversas universidades europeas e españolas. Foi xinecólogo no Hospital Xeral de Galicia e profesor na facultade de Medicina. Participou como poñente en congresos e publicou numerosos traballos científicos relacionados coa xinecoloxía.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xograr galego. Aínda que tradicionalmente se considere activo a finais do s XIII, a xulgar pola súa colocación nos cancionieros, pódese encadrar entre o segundo e último cuarto dese século. Consérvanse da súa autoría 5 cantigas de amigo, en concreto de romaría, recollidas no Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa e no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana. Estas composicións, de refrán, fan referencia a unha ermida dedicada a Santa María de Faro, que talvez se poida identificar co santuario do mesmo nome situado na parroquia de Requeixo, en Chantada. Estilisticamente, caracterízanse pola súa variedade métrica pero pola pobreza dos seus esquemas rimáticos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador probablemente castelán. Activo entre 1260 e 1295 nas cortes de Afonso X, onde se relacionou con Johan Airas de Santiago, Lourenço, Pedr’Amigo de Sevilha e Sancho IV. Participou no ciclo de escarnios dirixidos á soldadeira Maria Perez a Balteira. Acompañou a Sancho IV a Baiona co gallo de entrevistarse con Filipe IV o Fermoso, amais doutros trobadores coma Gil Perez Conde, Gomez Garcia e Rodrigu’Eanes Redondo. Os cancioneiros trobadorescos transmiten 20 composicións da súa autoría: 8 cantigas de amigo, 4 cantigas de amor, 9 escarnios (4 persoais, 1 amoroso, 1 político e 1 social; os dous últimos a xeito de tenzón).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Deligth Jones.
-
PERSOEIRO
Militar. Participou na Guerra de África e ascendeu a xeneral (1863). Subsecretario de Guerra (1864), combateu os revolucionarios de Madrid (1866), pero uniuse á Revolución de Setembro de 1868. Tenente xeneral (1872), foi capitán xeneral de Cuba (1873-1874). Volveu á Península Ibérica e ocupou o cargo de ministro da Guerra no primeiro goberno de Afonso XII (1874-1875). Capitán xeneral de Cuba (1876-1878) e Filipinas (1883-1885), volveu ocupar o ministerio da Guerra no primeiro goberno de P. M. Sagasta (1885-1886).
VER O DETALLE DO TERMO -
REPUBLICAS
República Autónoma de Uzbekistán (164.900 hm2; 1.343.000 h [estim 1993]). A capital é Nukus. Sometida polos rusos a finais do s XIX, pasou o control dos soviéticos en 1920. Rexión Autónoma de Karakalpaquistán desde 1925, en 1932 converteuse en república autónoma. En 1936 foi transferida á República Socialista Soviética Uzbeca.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo árabe. Foi un dos primeiros comentaristas de Aristóteles. Coñeceu a ciencia grega, persa e india, e esforzouse ao longo da súa obra por lle dar unha estrutura filosófica ao Islam tradicional. Recibiu a influencia do neoplatonismo, do neopitagorismo e de Xoán Filipón.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Arbusto de follas alternas unifoliadas, flores aromáticas e froitos pequenos (2,5-3,2 cm de diámetro), agrupados en acios, de cor amarela dourada, semellantes a unha laranxa pequena; teñen a polpa ácida e as sementes pequenas, e son consumidos frescos, como froita de mesa, ou en conserva. Procedente do Leste asiático, cultívase en California, onde se dá tamén unha variedade de froitos ovais (F. margarita).
-
Froito do arbusto homónimo, de tamaño similar a unha oliva grande e redondeado, de cor alaranxada e de pel lisa e comestible; é moi rico en vitaminas B 1 , B 2 , C e E.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Marie Joseph Paul Yves Roch Gilbert Motier.
-
PERSOEIRO
Pintor francés. Foi retratista de Luís XV. Sobresaíu na técnica do pastel, que aplicou aos seus retratos, como Mme de Pompadour e Portrait de Mlle Fel. Ten un museo monográfico no lugar onde naceu.
VER O DETALLE DO TERMO -
PRAIAS
Praia do litoral L da Illa de Arousa, situada entre as puntas Con Cerrado e Labanqueira, no concello da Illa de Arousa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUNTA
Punta da costa L da Illa de Arousa, situada entre a praia do mesmo nome e a de Camacho, no concello da Illa de Arousa.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Estudou dereito na Universidade de Santiago de Compostela, onde coincidiu con numerosos intelectuais e escritores, como Valle-Inclán e Alfredo Brañas. Fundou e dirixiu diversos xornais e revistas, como Galicia Humorística (1888), La Pequeña Patria (1890), Galicia Moderna (1897) e Pasatiempos (1900), ademais de colaborar noutras publicacións periódicas. A súa obra, fundamentalmente poesía e contos, caracterízase por unha sátira humorística moi marcada. Escribiu, entre outras obras, Noventa y nueve céntimos de versos de todas las clases y arreglados á todos los gustos (1884), Bálsamo de Fierabrás (1889), Adormideras (1902) e Plantar un roble: Diálogo entre D. Simón y la Muerte (1925). Postumamente, publicáronse Cuentos humorísticos (1929), Poesías en gallego...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Psiquiatra e filósofo estruturalista. Profesor na École Normale de París en 1962 e director da revista Scilicet (1968), procurou unha interpretación lingüística da psicanálise, que o situou no centro do interese filosófico contemporáneo. Moitos dos seus artigos foron recollidos no volume Écrits (1968).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista francés. É autor das novelas Silbermann (1922), Le retour de Silbermann (1930), Amour nuptial (1929), Les hauts ponts (1932-1935) e Quand le destin nous mène (1981). Foi membro da Académie Française desde 1936.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador e crítico de arte. Catedrático na Universidad Central de Madrid e na Escuela Superior de Bellas Artes de San Fernando, dirixiu a Calcografía Nacional e o Museo de Pintura del siglo XX de Madrid. Das súas obras destacan Breve historia de la pintura española (1934), Velázquez (1944), Antecedentes, coincidencias e influencias del arte de Goya (1946) e Zuloaga (1950). Pertenceu á Real Academia de Bellas Artes de San Fernando e a The Hispanic Society of America.
VER O DETALLE DO TERMO -
LAGOAS
Lagoa situada na parroquia de Carreira (Ribeira). Desauga formando o río Lustre que desemboca na praia do Castro.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de San Xulián (A Rúa). O seu cumio acada os 1.200 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Ourive francés. Desenvolveu un estilo naturalista único que se converteu na súa sinatura como ourive e deseñador de xoias e de obxectos de cristal. Foi o primeiro que utilizou materiais como o corno ou o esmalte na elaboración de xoias nas que destaca o traballo e o deseño. Utilizou a miúdo a figura feminina mesturada con formas animais e vexetais.
VER O DETALLE DO TERMO