"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Teólogo xesuíta. De nome Pieter Kanijs, ingresou na Compañía de Xesús en 1543. A súa amizade persoal co Emperador Carlos V deulle a oportunidade de intervir nos Coloquios de Worms (1557) e na Dieta de Ausburgo (1559). Foi considerado un dos principais voceiros do catolicismo fronte á Reforma e tamén tomou parte no Concilio de Trento. O seu catecismo, Summa Doctrinae Christianae (1555-1558), tivo unha gran difusión. Foi canonizado en 1925 e a súa festividade celébrase o 21 de decembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Celestino V.
-
PERSOEIRO
Relixioso xesuíta. Embarcou como misioneiro cara a América e evanxelizou os escravos en Bogotá e Cartagena, ademais de dar coidados espirituais en diferentes hospitais. A súa festividade celébrase o 9 de setembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso. Doutor da Igrexa e bispo e primeiro metropolitano de Ravenna. A fama de predicador valeulle o nome de Crisólogo (‘o que fala ouro’), usado xa antes do s IX. Consérvase unha carta súa de resposta a Eutiques e numerosos sermóns. A súa festividade celébrase o 30 de xullo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bispo e doutor da Igrexa. De nome Pietro Damiani, foi monxe eremita en Fonte Avellana (1035) e organizou diversos mosteiros nunha especie de congregación (1043). Cardeal-bispo de Ostia (1057-1066), actuou como conselleiro dos papas reformadores, que lle confiaron diversas tarefas en Lombardia (1059), Cluny (1963), Florencia (1066), Frankfurt (1069) e Ravenna (1072). Escribiu obras teolóxicas, un extenso epistolario e numerosos opúsculos. A súa festividade celébrase o 21 de febreiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Místico. Entrou nos observantes en 1515 e foi provincial de Extremadura (1538-1541). Retirouse como ermitán preto de Lisboa e propugnou a máis ríxida observancia da regra. O primeiro convento reformado creouse en Sevilla (1555), e as novas comunidades constituíronse en provincia (1560). Confesor de santa Tareixa de Ávila, guiouna na reforma da orde carmelita. Escribiu Tratado de la oración y meditación (1556). A súa festividade celébrase o 19 de outubro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Curtis 930? - Santiago de Compostela 1003?) Relixioso. De nome Pedro Martínez Exioniz, foi abade dos mosteiros de Santa María de Mezonzo, Santa María de Sobrado dos Monxes (955) e San Paio de Antealtares (974). Confidente de san Rosendo, foi bispo de Iria (985-1003?). En 997 refuxiouse no Tambre cando os musulmáns arrasaron Santiago de Compostela e mandou evacuar da cidade as reliquias do Apóstolo Santiago, entre outros bens de valor. Impulsou a reconstrución material e espiritual da cidade tras a marcha de Almanzor e puido ser o autor de Salve Regina. A súa festividade celébrase o 10 de setembro.
-
PERSOEIRO
Infante de Portugal e duque de Coimbra (1415-1449), fillo de Xoán I de Portugal. Ao morrer Duarte I de Portugal converteuse en rexente de Afonso V de Portugal (1438-1448). Púxose en contacto coas correntes culturais do seu tempo nas viaxes que realizou por Europa. Escribiu unha cantiga e unha copla en galego-portugués. Acusárono de querer ocupar o trono e formou un exército para atacar os difamadores, pero o rei derrotouno e matouno en Alfarrobeira.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Duque de Bretaña (1213-1237) e conde de Dreux, segundo fillo de Roberto II de Dreux. Foi educado por Filipe II de Francia, que lle outorgou a custodia de Bretaña en 1213 ao ser asasinado o duque. En 1237 cedeu o ducado ao seu fillo Xoán e marchou a Terra Santa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador latino de Constantinopla, fillo de Isabel de Courtenay e de Pedro, fillo de Luís VI de Francia. Casou con Violante de Hainaut, irmá do Emperador Balduíno I de Constantinopla. En 1216 foi elixido para o trono de Constantinopla, pero apresouno o déspota de Epiro e nunca chegou a tomar posesión da súa dignidade.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(? 1011? - 1046) Rei de Hungría (1038-1046), fillo de Ottone de Orseolo, duque de Venecia, e de María, irmá de Estevo I de Hungría. Sucedeu a este pero foi expulsado do país polos pagáns (1041). En 1044 recuperou o poder pero asasinárono os partidarios do seu sucesor André I de Hungría.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Moscova 1672 - Peterburgo 1725) Tsar de Rusia (1682-1725), fillo menor de Aleixo I de Rusia e sucesor de Teodoro III de Rusia. Interesado en occidentalizar Rusia, reorganizou a administración territorial e creou un senado de nove membros en 1711, que, xunto cos nove colexios ou consellos ministeriais, foi o órgano supremo de goberno. Pero estas reformas non conseguiron unha transformación da arcaica estrutura socioeconómica do país. A adquisición dunha ampla fachada ao Báltico custoulle 21 anos de guerra contra Suecia (Guerra Nórdica), no curso da que derrotou a Carlos XII de Suecia en Poltava (1709), pero na que perdeu o mar de Azov, a saída ao Mar Negro. Deu nome á cidade de Peterburgo (1703), a onde trasladou a capitalidade, ata entón en Moscova, en 1713.
-
PERSOEIRO
Rei de Aragón (1276-1285) e de Sicilia (Pedro I, 1282-1285), fillo de Xaime I de Aragón e de Violante de Hungría. Polo derradeiro testamento do seu pai (1262) recibiu Catalunya, Aragón e València. Casado con Constanza Stauten de Sicilia, alegou dereitos sobre Sicilia, dominio dos Anjou. Despois das Vésperas Sicilianas, insurrección antifrancesa de 1282, corouse rei. O Papa Martiño IV excomungouno e entregou os seus reinos a Carlos de Valois, fillo do rei de Francia. Tentou fortalecer a autoridade real e enfrontouse á nobreza feudal e ás oligarquías urbanas. Nas Cortes de Tarazona de 1283 os propietarios, que formaban a Unión aragonesa, presentáronlle ao rei o Privilexio da Unión, e este tivo que ceder. Tamén os cataláns, nas Cortes de Barcelona (1283), lle presentaron peticións que foron a base do constitucionalismo catalán.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(? 1180? - Barcelona 1249) Relixioso. Fundador da orde da Mercé, segundo a tradición naceu en Mas Santaspuellas (Languedoc), aínda que outra hipótese di que naceu en Barcelona e era membro dunha familia da Provenza. En 1218, baseándose na aparición da Virxe da Mercé, a confraría da Mercé constituíuse en orde. Durante os trinta anos que dirixiu a orde mercedaria fundou moitos conventos e participou en expedicións de redención de presos. A súa festividade celébrase o 29 de xaneiro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Amiens 1050? - Huy 1115) Monxe e cruzado francés. A lenda atribúelle un papel destacado na predicación e organización da Primeira Cruzada. As súas predicacións, non obstante, foron posteriores ao Concilio de Clermont (1095). Tomou parte na expedición popular que culminou en desastre (1096) e incorporou os restos das súas tropas ao exército de Godofredo IV de Boulogne (1097). Durante o sitio de Antioquía fuxiu (1098), pero despois uniuse ás tropas para entrar en Xerusalén. De volta a Francia, fundou e foi prior do mosteiro de Neufmoustier, preto de Huy. Venerado como beato, a súa festividade celébrase o 8 de xullo.
-
PERSOEIRO
Relixioso francés. En 1845 fundou a terceira orde de María e abandonou esta congregación para fundar a dos relixiosos do Santísimo Sacramento en 1856. A súa festividade celébrase o 1 de agosto.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Apóstolo, fillo de Xonás. O seu nome é o sobrenome que Xesús lle deu a Simón, irmán do apóstolo santo André e pescador, que vivía en Cafarnaum cando o chamou. Ocupou o primeiro lugar no catálogo dos apóstolos e foi chamado príncipe dos apóstolos. Pertencía ao grupo de amigos íntimos de Xesús que foron testemuñas da súa transfiguración e da súa agonía en Xetsemaní. Tras confesar a mesianidade de Xesús en Cesarea de Filipo, recibiu a promesa “Ti es pedra, e sobre esta pedra edificarei a miña igrexa”, sobre a que se adoita basear o primado. Sen comprender o sentido da paixón de Xesús, negouno e regresou aos seus traballos a Galilea. Despois da resurrección volveu a Xerusalén para reconstruír a comunidade dos discípulos, presidiu o grupo dos doce e confirmou no apostolado aos diversos predicadores. Debido á persecución de Herodes Agripa marchou e deixou a dirección da comunidade a Santiago o Menor. Volveu a Xerusalén con ocasión do Concilio de Xerusalén. Permitiu una división...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bispo e mártir. Patriarca de Alexandría (300-311), tivo que fuxir pola persecución de Diocleciano en 303, pero foi decapitado por orde do Emperador Maximino. A súa festividade celébrase o 26 de novembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista. Fundou o Círculo de Estudios Jurídicos (1969), foi presidente do Consello Xeral da Avogacía desde 1974 e presidente da Unión Iberoamericana de Colexios de Avogados (1976). Publicou La anónima actual y la sindicación de acciones (1969).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. A súa obra sitúase entre as dúas correntes que marcaron a narrativa mundial da posguerra: o existencialismo e o condutismo. A súa vertente creativa máis importante é a narrativa, de onde destacan Es vessa una sang fàcil (1954), Cendra per Marina (1965), Avui es parla de mi (1966), Un amor fora ciutat (1970) ou Cops de bec a Passadena (1972). Moitos dos seus libros foron traducidos ao galego, como Mecanoscrito da segunda orixe (1989) e Xogo sucio (1992). Recibiu a Creu de Sant Jordi (1962) pola súa obra Balanç fins a la matinada, e o Premi d’Honor de les Lletres Catalanes (1979).
VER O DETALLE DO TERMO