"Bo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4083.

  • Na tradición francesa, xogo literario que consistía en compoñer unha serie de versos sobre rimas predeterminadas escollidas ao chou. A invención deste xogo, que tivo un éxito considerable nos salóns preciosistas do século XVII, atribúeselle ao poeta francés Dulot. Durante o s XVIII a moda comezou a decaer aínda que continuou practicándose como xogo de sociedade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Capa de fariña que se pega á caixa do muíño, entorpecendo o movemento da moa.

    2. Cotra que se adhire á roupa pola súa parte interior.

    3. Mestura de bosta disolta en auga e outros elementos que se estende sobre a eira, a xeito de cobertura impermeable, co fin de endurecer o solo no tempo da malla e evitar, así, o po. Tamén se emprega nos cortizos novos e para tapar a boca dos fornos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta simbolista neerlandés. Nos seus poemas obsérvase a influencia do ritmo e a sensualidade da xeración dos Tachtigers (1880).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sociólogo francés. Director da École des Hautes Études Sociales. A súa obra trata o tema da guerra, contemplado dende un punto de vista neutral. É o creador do termo polemoloxía, o estudo do fenómeno bélico, e do Institut Français de Polémologie (1945). Entre as súas obras destacan: Traité de sociologie (Tratado de socioloxía, 1946), Les guerres, éléments de polémologie (As guerras, elementos de polemoloxía, 1951), Traité de polémologie (Tratado de polemoloxía, 1971), Le défi de la guerre (1740-1974) (O reto da guerra, 1740-1974; 1976), en colaboración con R. Carrère, e Guerres et civilisations (Guerras e civilizacións, 1980).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Romanista occitano. Fundou e dirixiu o Instituto de Estudios Provenzais. Editou Biographies des troubadours (Biografías dos trobadores, 1950) en colaboración con A. H. Schutz, e elaborou unha edición crítica de Li isclo d’or, de Frederic Mistral, que apareceu por primeira vez, postumamente, en 1970.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tenda elegante de roupa de vestir e outros accesorios, normalmente exclusivos.

    2. Tipo de axencia de publicidade orientada fundamentalmente á creatividade e que deixa nun segundo plano os outros servicios. Ten como particularidade que os honorarios se perciben por cada labor individual.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Politólogo. En 1871 fundou e dirixiu a École Libre des Sciences Politiques, onde se forma a clase política francesa. Foi nomeado membro da Académie des Sciences Morales en 1880. É o autor de Études de droit constitutionnel (Estudios de Dereito constitucional), Essai d’une psychologie du peuple anglais au XIXème siècle (Ensaio sobre unha psicoloxía do pobo inglés no s XIX, 1901) e Essai d’ une psychologie politique du peuple américain (Ensaio dunha psicoloxía política do pobo americano).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Licenciado en Dereito pola Universidade do Cairo (1946), doutorouse en 1949 pola Universidade de París, onde tamén realizou estudios de Política, Económicas e Dereito público. Foi profesor de Dereito internacional e de relacións internacionais na Universidade do Cairo (1949-1977). Exerceu tarefas directivas en diversas organizacións políticas e diplomáticas. Membro do secretariado do Partido Democrático Nacional dende 1980, foi deputado no Parlamento exipcio en 1987 e vicepresidente da Internacional Socialista. Participou como membro da delegación exipcia que negociou os Acordos de Camp David (1979) e representou ao seu país na Organización da Unidade Africana (OUA) e no Movemento de Países non-Aliñados. Foi ministro de Asuntos Exteriores (1977-1991) e viceprimeiro ministro para os asuntos exteriores (1991). Desde 1992 ata 1996 foi secretario xeral das Nacións Unidas. É doutor honoris causa por diversas universidades entre as que se atopa a Universidad Carlos III de Madrid (1994)....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo francés. De tendencias positivistas e espiritualistas, entre as súas obras destacan: De la contingence des lois de la nature (Sobre a continxencia das leis da natureza, 1874) e Études d’historie de la philosophie (Estudios de historia da filosofía, 1897). A partir dunha análise reflexiva das condicións de intelixibilidade destacou a continxencia fronte ao mecanicismo. Foron discípulos seus Bergson e Blondel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Haarlem, Holanda 1420? - Louvain, Brabante 1475) Pintor neerlandés. As súas obras caracterízanse polo misticismo puro, pola obxectividade e a escenificación fría e hierática, evitando deste xeito caer no patetismo. A paisaxe, concibida como elemento da intimidade e da atmosfera, xunto coa cor, que une os distintos elementos da composición dun xeito heteroxéneo, son elementos básicos nas súas obras. Coidou moito os detalles e as vestimentas, as súas figuras teñen unha grande elegancia formal. Entre as súas obras destacan A xustiza do emperador Otto II, da Casa do Concello de Louvain e o retablo do Santísimo Sacramento da igrexa de San Pedro en Louvain (1464-1468). O seu estilo foi continuado polos seus fillos Dieric o Mozo (1448? - 1490?) e Aelbrecht (1450? - 1549).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reacción da produción de alcohois por redución de ésteres ao fervelos en retroceso con sodio e etanol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humanista. É autor de Commentaria in primordiale evangelium s. Joannis (Comentarios do fundamental do evanxeo de san Xoán) e de Epistola in vitam Raymundi Lulli Eremitae (1511), primeira biografía impresa de Ramon Llull, feita segundo a anónima coetánea, da que se fixeron diversas edicións a finais do s XVIII. Relacionado co mallorquino Nicolau de Pacs, contestoulle con Responsiones ad novem quaesita Nicolai Paxi (Respostas a nove preguntas de Nicolau de Pacs, 1521). Pertenceu ao grupo de humanistas franceses estudiosos de Ramon Llull pero sen chegar a ser adeptos ás súas ideas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • [nor: Bouvetøya] Illa do Océano Atlántico, situada a 54° 26’ de latitude S e 3° 24’ de lonxitude L. Descuberta polo Francés Bouvet de Lozier en 1739. Desde 1930 constitúe unha dependencia de Noruega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro. Participou na loita pola separación entre Holanda e Bélxica. Estivo exiliado en Barcelona en 1835 e pouco tempo despois trasladouse a Mallorca. Fixo explotacións mineiras e dirixiu a desecación do prat de Sant Jordi (1846 - 1849). Foi membro do Ateneo Balear e publicou obras acerca de Mallorca como Reseña geognóstica de la isla de Mallorca (1852).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción militar acontecida preto de Bouvines (Flandres valón) o 27.7.1214 entre o exército de Filipe II Augusto de Francia e as tropas da coalición formada polo Rei de Inglaterra Xoán sen Terra, o Emperador Otón IV, os condes de Flandres e Boulogne e o duque de Brabante. Gracias á vitoria de Filipe II Augusto, Flandres recibiu unha forte influencia francesa, así mesmo Francia asegurouse a conquista de Normandía, Maine e Anjou, e obrigou a Otón IV a aceptar o triunfo do seu rival Federico II.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Terreo de monte convertido en mato, inculto e con maleza.

    2. Terreo cercado cuberto por matogueira e diversos tipos de árbores como piñeiros, castiñeiros ou carballos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido de orixe toponímica. O topónimo e voz común bouza presenta etimoloxía escura. Da mesma orixe son os apelidos Bouzas e Bouzón.

    2. Liñaxe que leva como armas: en campo de goles, unha roda de muíño de prata. Relaciónase tamén con esta caste o apelido Bouxa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta e narrador. Doutor en Filosofía, catedrático de Socioloxía na Facultade de Ciencias da Información da Universidad Complutense e na Facultade de Ciencias Políticas e Socioloxía da Universidad Nacional de Educación a Distancia. Publicou traballos de investigación relacionados coa súa especialidade como Procedimientos retóricos del cartel (1983), Sociología contemporánea. Ocho temas a debate (1984) e Cambiar de vida: pautas para superar los conflitos y las crisis personales (1998). A súa dedicación á literatura comezou nos anos oitenta con colaboracións poéticas en Grial, e en 1980 publicou a novela Memoria do diaño, á que seguiron as dúas novelas breves contidas en Longo voo de paxaro (1987). En verso é autor dos poemarios O tempo na auga (1985) e Labirinto de inverno (1987), co que acadou o Premio da Crítica Española en 1990. En castelán, ademais de ser finalista nas tres edicións do Premio Ocnos, publicou a novela...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Adega coa Denominación de Orixe Rías Baixas, situada en Ribadumia e fundada en 1983. Produce uns 400.000 litros de viño ao ano (1999) que comercializa con marcas como Bouza do Rei ou Castelo da Bouza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista e escritor. Fundou e dirixiu a revista La Estrella Galaica, onde publicou relatos en galego como “Xan Canitrote”, e poesías en galego e en castelán, moitas veces baixo os pseudónimos Magdalena de Monteblanco ou Gonzalo. Despois dunha estadía en Huelva (1898), regresou a Galicia e dirixiu os semanarios os El Faro de las Rías (1909), La Opinión (1912) e El Pueblo e colaborou en varios xornais (La Integridad, Gaceta de Galicia, Crónica Carrileña, etc). Participou na celebración do Centenario da Guerra da Independencia co poema “Aos héroes da Arousa”. O seu poema “Esperanzas” acadou o premio dos Xogos Florais lugueses (1900) e “Plegaria” foi premiado polo Ateneo de Sevilla (1908). Deixou varios libros inéditos, entre eles un poemario galego-castelán titulado Hojas Secas. A súa novela curta La Torre de Miadelo empezou a publicarse na Crónica Carrileña e os seus relatos Nubes...

    VER O DETALLE DO TERMO