"Est" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2747.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Baña baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino que ten a súa orixe no grego Orestés ‘da montaña, montañés’, derivado de oros ‘montaña’. A súa festividade celébrase o 9 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Heroe de Arcadia, fillo de Agamemnon, rei de Micenas, e de Clitemnestra. Cando aínda era un neno, o seu pai morreu asasinado á súa volta da guerra de Troia por Clitemnestra e Existo. Este último tiña a intención de dar morte tamén a Orestes, pero Electra, irmá deste, salvouno e mandouno á corte do rei de Fócida, Estrofio. Alí medrou e Apolo deulle a orde de vingar a seu pai. Co seu amigo Pílades volveu a Micenas e visitou a tumba de Agamemnon, onde deixou unha guedella da súa cabeleira. Electra, ao acudir á tumba do pai, recoñeceu a presenza do seu irmán e axudouno a dar morte a Clitemnestra e a Existo. Logo fuxiu a Delfos, onde foi purificado por Apolo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (? - Capadocia 304) Médico. Coñecido tamén como Areste, morreu martirizado. Na iconografía leva unha cruz colgada ao pescozo como atributo. A súa festividade celébrase o 9 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización de América Central, fundada en 1951 por Costa Rica, El Salvador, Guatemala, Honduras e Nicaragua para promover a unidade e a cooperación dos estados membros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo creado polo tratado militar de defensa en 1954 por Australia, EE UU, Filipinas, Francia, Reino Unido, Nova Zelanda, Paquistán e Tailandia para se opoñer ás actividades militares promovidas pola República Popular China. Foi disolto en 1977, debido á mellora das relacións de EE UU e doutros países da OTASE con China.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo fundado en 1948 con sede en Washington para promover a cooperación económica, política e cultural e para garantir a defensa dos seus membros. Agrupa todos os estados americanos agás Cuba, expulsada en 1962.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución intergobernamental que se fundou en 1954 co nome de Conseil Européen pour la Recherche Nucléaire por Alemaña, Bélxica, Dinamarca, Francia, Grecia, Italia, Iugoslavia (retirada en 1961), Noruega, Países Baixos, Reino Unido, Suecia e Suíza para a investigación, fundamentalmente no campo da física das altas enerxías. Posteriormente incorporáronse Austria (1959), Bulgaria (1999), Eslovaquia (1993), España (1961, retirouse en 1969 e volveu incorporarse en 1983), Finlandia (1991), Hungría (1992), Polonia (1991), Portugal (1985) e República Checa (1993). A sede e as instalacións están preto de Xenebra, na fronteira francosuíza, e componse dos emprazamentos de Meyrin e Prevessin. Son importantes os seus aceleradores de partículas e os aneis de colisión. Dos feitos acadados destacan o descubrimento das correntes neutras (1973) e a detección dos bosóns intermediarios (1983). Neste centro tamén se crearon as especificacións básicas da World Wide Web dentro de Internet.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo político-militar creado en Xerusalén en 1964. Intentou agrupar os refuxiados palestinos para manter o seu nacionalismo. Algúns grupos, como Saika ou al-Fatah, refusaron adherirse porque emanaba duns estados incapaces ata aquel momento de liberalos. O efecto máis notable da Guerra dos Seis Días (1967), coa ocupación israelí de toda Palestina (Guerras Árabe-israelís), foi o de acrecentar o nacionalismo e rexeitar toda solución que non fose a liberación total de Palestina. A raíz dos ataques a Tunisia (1985 e 1988), onde estaba o cuartel xeral da organización e aos campos de refuxiados palestinos de Líbano, a organización escindiuse en grupos moderados, comandados por Yasser Arafat, e radicais, que tiñan o apoio de Líbano e Siria, e que obrigaron a Y. Arafat a dispersar as súas forzas por Alxeria, Tunes e a República Árabe do Iemen. Cando o Rei Hussein I de Xordania renunciou (xullo de 1988) á posesión de Cisxordania, o Consello Nacional de Palestina proclamou en Alxeria un estado...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Problema da diplomacia europea para a eventual liquidación do Imperio Otomán e, sobre todo, para impedir ao Imperio Ruso unha saída ao Mar Mediterráneo. Esta cuestión, iniciada coa decadencia do Imperio Otomán e co crecemento paralelo das ambicións orientais do imperio dos Habsburgo, acabou coa penetración doutra potencia na zona, Reino Unido, que mantivo a hexemonía no Mediterráneo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Es-pazo circular e non enlousado situado entre a escena e as bancadas, no teatro grego. No centro da construción colocábase a ara de Dióniso, xa que era o lugar destinado ás danzas do coro. Na distribución do teatro romano, este espazo tiña forma semicircular e estaba enlousado. Converteuse nun lugar reservado aos senadores e aos maxistrados, e nalgunhas ocasións serviu para a representación das naumaquias.

      2. Parte anterior da platea situada baixo a escena, no teatro moderno, onde acostuman estar os músicos que cooperan na execución dun espectáculo teatral.

      1. Conxunto de instrumentos musicais reunidos para realizar unha interpretación musical. Os instrumentos da orquestra pertencen a catro grupos: corda, vento (ou madeira), metal e percusión. J. Stamitz, creador da escola de Mannheim, ideou un tipo estándar de orquestra, coa duplicación dos instrumentos de vento, aos que uniu dous clarinetes, e de metal. A finais do s XVIII a música sinfónica (Haydn e Mozart) requiría, ademais do grupo dos catro instrumentos de corda (violíns, violas, violoncellos e contrabaixos), dúas frautas, dous óboes, dous clarinetes, dous fagots, dúas trompas, dúas trompetas, dous timbais e, ocasionalmente, un frautín. Na época romántica o seu número creceu rapidamente coa inclusión do corno inglés (1830), a tuba, o contrafagot, a arpa, e ocasionalmente, segundo as necesidades da obra, mandolinas e un número variable de instrumentos de percusión. Á vez, aumentou o número dos instrumentos habituais en todas as seccións. Chégase a formacións colosais coas grandes...

      2. Conxunto dos músicos dunha orquestra.

      3. orquestra catedralicia

        Conxunto instrumental que dependía dos cabidos catedralicios. Estaba composto por un número variable de músicos que estaban ao servizo dos ritos dunha catedral de forma estable. Os instrumentos habituais eran as cornetas e os instrumentos de corda, aos que se lle podían unir outros de vento como os sacabuches, unha especie de trombóns de varas. En Galicia tiveron unha importancia destacada no desenvolvemento musical. A orquestra da Catedral de Santiago de Compostela foi a segunda de España en incorporar instrumentistas de forma estable e nun número cada vez maior. No s XVIII acadou, da man de B. Chiodi, o seu máximo esplendor con máis de doce músicos. A finais do s XIX desapareceron de forma drástica.

      4. orquestra de cámara

        Orquestra que conta cun reducido número de instrumentos, entre os que destacan os de corda e vento. Creouse como reacción á sobresaturada orquestra posromántica.

      5. orquestra sinfónica

        Conxunto musical de máis de 40 compoñentes formado por instrumentos de corda, vento-madeira, vento-metal e percusión, destinado á interpretación do repertorio sinfónico.

  • Orquestra creada en 1992 con sede no Palacio da Ópera da cidade da Coruña. Dirixida por Víctor Pablo Pérez, centra a súa actividade no repertorio do s XX, interesándose tanto polos compositores consagrados, como Brahms, Mozart, A. Gaos ou Enrique X. Macías, como polos novos valores. Participou na gravación de numerosos discos xunto con directores e intérpretes da relevancia de Manuel Barrueco, María Bayo, Plácido Domingo, Antonio Meneses ou o Orfeón Donostiarra, na banda sonora de diversos filmes e na elaboración dun disco compacto de compositores galegos. A OSG ten en marcha proxectos artísticos como o Coro Sinfónico, a Orquestra de Cámara, a Orquestra Nova, a Escola de Práctica Orquestral e os Nenos Cantores da OSG. Organiza cada ano a súa tempada de concertos, en que se acompaña dos máis destacados solistas do mundo, ademais dun Ciclo de Música de Cámara, o Festival Mozart da Coruña e programas didácticos. Participou en diversas xiras que a levaron a Alemaña e a Austria, ao Festival...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de orquestrar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen realiza orquestracións.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á orquestra.

    2. Aplícase á música destinada a ser interpretada por unha orquestra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Distribuír as diferentes partes dunha composición sinfónica entre os distintos instrumentos que forman a orquestra e agrupar algúns destes para obter determinados efectos tímbricos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Esteiro en que desembocan os ríos Mera e Ladrido e que comprende extensas chairas intermareais fango-areosas, lagoas costeiras, un sistema dunar e prados. Situado a 43° 41’ 03’’ de latitude N e 7° 51’ 28’’ de lonxitude O, abrangue unha superficie de 3.025 hectáreas distribuída entre os concellos de Ortigueira e Cariño. Presenta unha topografía pouco accidentada, con pendentes suaves e unha altitude máxima de 100 m. Posúe unha vexetación rica e variada, onde destacan por unha banda os canavais e xunqueiras, e nas zonas areosas, a vexetación dunar, como a especie Ammophila arenaria. Constitúe un espazo en que hibernan aves acuáticas como gabitas e mazaricos, e anátidas como o pato asubión ou o parrulo chupón, que forman poboacións hibernantes de especies migratorias que seguen a ruta do Atlántico oriental. Ao mesmo tempo, constitúe unha importante área de refuxio para as aves mariñas en períodos de condicións climáticas adversas, e o hábitat da nutria, que é o mamífero máis representativo....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Festival de música folk creado en 1978 por iniciativa da Escola de Gaitas de Ortigueira coa intención de dar a coñecer a música de raíz dos países con orixe celta e fomentar a cultura tradicional. Desde a terceira edición, en 1980, acolle grupos procedentes de Escocia, Irlanda, Bretaña, Suecia ou Gales. Despois de sufrir unha interrupción (1986-1995), volveuse celebrar grazas á financiación municipal e á axuda de diversos patrocinadores. Desde aquela, o certame evolucionou ata converterse nunha referencia a escala mundial dentro do ámbito da música celta. Nas súas diferentes edicións actuaron artistas e grupos tan relevantes como The Chieftains, Alan Stivell, Carlos Núñez, X. M. Budiño, Värtinä, Altan ou Hedningarna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto de fórmula xeral R1-C(OR2)3 que deriva formalmente dos ortoácidos carboxílicos.

    VER O DETALLE DO TERMO