"RM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2589.

  • Xornal publicado en Pontevedra a partir do 8 de xullo de 1870. Subtitulouse “Periódico de Instrución Pública” e cesou o 24 de decembro de 1871. Dirixiuno Severiano González Regueral e foi o continuador da Revista de Primera Enseñanza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode reformar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de reformar ou reformarse.

    2. Que observa unha regra renovada respecto á antiga ou que volve a unha observancia máis estrita da regra.

      1. Relativo ou pertencente á Reforma ou á Igrexa Reformada.

      2. Seguidor da Reforma ou da Igrexa Reformada.

      3. igrexa reformada

        Cada unha das comunidades protestantes de tipo calvinista desenvolvidas no continente europeo e as súas misións, en contraposición coas de tipo luterano. Emprégase como sinónimo de presbiteriano, aínda que esta denominación resérvase para as igrexas reformadas británicas, onde o calvinismo se mantivo máis puro ca o congregacionismo e o anabaptismo. En Francia denomináronse tamén hugonotes. Todas estas comunidades teñen por base as confesións de fe, que marcaron a historia do calvinismo. OBS: Adoita empregarse en maiúscula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen reforma.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer modificacións nunha cousa coa intención de mellorala.

    2. Levar a cabo unha reforma.

    3. Corrixir alguén a súa conduta, abandonando os comportamentos censurables.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que reforma.

    2. Establecemento penitenciario onde son acollidos certos delincuentes, os que non chegan aos 16 anos, algúns de entre 16 a 18, ou tamén nenos rebeldes e mozos para os que é aconsellable separalos do ambiente familiar para readaptalos aos usos e costumes vixentes na sociedade. OBS: Tamén se denomina centro de menores e correccional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Procedemento de refino que permite obter bencinas de elevados índices de octano a partir de bencinas pesadas, someténdoas á acción simultánea da presión e da temperatura, eventualmente en presenza de catalizadores, para modificar a composición por disociación das súas moléculas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Actitude política que afirma que a transformación dunha sociedade, dun réxime ou dun sistema socioeconómico pode realizarse dentro do marco das institucións existentes, mediante reformas lexislativas sucesivas e sen recorrer á revolución. Pódense destacar catro correntes reformistas: a liberal-burguesa, que actuou dentro das monarquías constitucionais do s XIX e principios do XX; a socialdemócrata ou revisionismo; o reformismo capitalista, que foi un intento de corrixir desde dentro as consecuencias máis dexenerativas deste modo de produción; e o socialreformismo cristián, baseado na doutrina pontificia sobre a cuestión social.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao reformismo.

    2. Partidario do reformismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de reformular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Formular de novo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos reiformes.

    2. Ave da antiga orde dos reiformes.

    3. Antiga orde de aves que comprendía unha única familia, a dos reidos, actualmente incluída dentro da orde dos estrucioniformes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo alemán. Considerado o máximo defensor do deísmo, se ben foi tamén un home da ilustración, escribiu Allgemeine Betrachtungen über die Triebe der Tiere, hauptsächlich über ihren Kunsttrieb (Consideracións xerais sobre os instintos dos animais, especialmente sobre o seu instinto artístico, 1760) e Apologie oder Schutzschrift für die vernünftigen Verehrer Gottes (Apoloxía ou defensa dos adoradores racionais de Deus, 1862).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade hereditaria de transmisión autosómica dominante que afecta á pel e ás mucosas e que se caracteriza pola presenza de telanxiéctase que curan facilmente producindo, sobre todo, epistaxes e hemorraxias dixestivas. OBS: Tamén se denomina telanxiéctase hemorráxica hereditaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten forma de ril.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • renormalizable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que admite renormalización.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica de cálculo empregada en teoría cuántica de campos e en mecánica estatística, que consiste en substituír os valores teóricos ou arbitrarios dalgunhas constantes físicas por valores realmente observables, mediante o chamado grupo de renormalización.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela, nos seus artigos investiga a obra de Á. Cunqueiro, Xosé Mª Díaz Castro, A. Noriega Varela e Claudio R. Fer. Participou na edición da novela Esmoriz (1994), de Aníbal Otero, e no estudo introdutorio da peza teatral A soldadeira (1996), de L. Seoane. Publicou Ánxel Fole. Aproximación temática á súa obra narrativa en galego (1996); Ánxel Fole a Á lus do candil (1997), en colaboración con L. Alonso Girgado; e Escritores mindonienses (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO