"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Militar e político francés. Coñecido como Charles François Dumouriez, traballou na diplomacia secreta de Luís XV e Luís XVI. En 1792 foi nomeado ministro de Asuntos Exteriores e convenceu a Luís XVI da necesidade de loitar contra Austria. Pouco despois foi obrigado a dimitir e incorporouse ao exército do norte ata converterse nun dos seus xefes. Coas vitorias de Valmy e de Jemmapes conquistou os Países Baixos austríacos e Bélxica foi anexionada a Francia. En 1793 iniciou a conquista das Provincias Unidas, pero foi derrotado en Neerwinden. Relevado do seu cargo, pasou ao inimigo. Tentou reiteradamente establecer a monarquía en Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de carácter comarcal editada en Carballo a partir de 1997. Estaba dirixido por Xosé Manuel Lema e integrado no Grupo Líder. Cunha periodicidade mensual, incluíu as informacións municipais, deportivas, culturais ou sociais das localidades en que se distribuía, Carballo, Cerceda, Coristanco, Laracha, Laxe, Malpica e Ponteceso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada en Santa Comba na década de 1990. Estaba dirixida por Xosé Manuel Lema e integrada no Grupo Líder. Primeiro foi editada coa cabeceira O Tambre-Xallas, para pasar a denominarse El Periódico de Xallas, A Barcala e Santiago, pero a partir de 1998 adoptou a de El Confidencial de Xallas-A Barcala. Incluíu información de carácter municipal, cultural e de sociedade de Ames, Braña, Brión, Mazaricos, Santa Comba e Tordoia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista e político. Fundou La Correspondencia de Valencia (1865), El Cosmopolita (1868), El Noticiero Sevillano, El Noticiero Universal (1888) e a axencia de noticias Mencheta. No apartado político foi deputado polo Partido Conservador e senador vitalicio en tempos de Afonso XIII. Escribiu De Madrid a Panamá (1886) e Refutación al folleto “Trece días de sitio o los sucesos de Valencia” (1872).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao espazo que resulta do crecemento demográfico, da edificación e da actividade económica que se dispón ao redor das cidades. Caracterízase demograficamente pola chegada masiva de novos residentes procedentes da cidade; no ámbito da edificación, pola proliferación de urbanizacións de chalés acaroados e dalgúns bloques en altura e, no campo da ocupación das actividades económicas, pola proliferación de solo destinado á industria e ao almacenaxe. En moitas ocasións este proceso de urbanización non é total, xa que perviven en maior ou menor medida trazos do seu pasado rural. A formación dos espazos periurbanos é un fenómeno relativamente recente nas cidades galegas que inclúe todos os fenómenos de ocupación do solo ao redor da cidade consolidada. A orla periurbana da Coruña é extensa e abrangue os concellos de Arteixo, Bergondo, Cambre, Culleredo, Oleiros e Sada, seguindo as tres principais vías de acceso á cidade. Neste espazo en constante crecemento existe unha clara diferenciación...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico. De carácter introvertido, a súa actuación como asasino desequilibrado e psicótico no filme Psycho (1959), de A. Hitchcock, marcou a súa carreira. Tamén destacou nos filmes Friendly Persuassion (1956), Goodbye Again (1961, premio ao mellor actor en Cannes), Murder on the Orient-Express (1974), Double Negative (1980), Psycho II (1983), Psycho III (1986) e Los gusanos no llevan bufanda (1991). Recibiu o Premio Donostia en homenaxe á súa carreira (1991).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Violinista. Formouse na Academia de Música de Tel-Aviv e na Juilliard School de Nova York. Na década de 1960 situouse entre os principais virtuosos mundiais deste instrumento. Colaborador nas principais orquestras do mundo, salienta sobre todo na interpretación dos románticos e no seu interese pola música tradicional xudía. Tamén destacou pola súa participación na elaboración da partitura do filme Schindler’s List (1993). Conseguiu catro premios Emmy polos seus documentais e 15 premios Grammy polas súas gravacións musicais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Continuar algo ou alguén nun estado, situación ou circunstancia en que se encontraba.

    2. Estar nun lugar durante un tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade ou estado de permanente.

    2. Estancia nun lugar durante certo tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que permanece.

    2. Ondulación artificial dos cabelos que dura moito tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calquera sal do ácido permangánico. Os permanganatos presentan carácter oxidante, e os dos metais alcalinos son moi empregados na análise química.

    2. Anión de fórmula MnO 4 - , que presenta coloración violeta tanto en fase sólida como en solución.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Oxoácido mineral que existe unicamente en solución. É un ácido forte, e os seus sales non se hidrolizan, presentando un carácter oxidante enérxico tanto en medio ácido como neutro ou básico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método de análise volumétrica de substancias redutoras que fai uso dunha solución colorante de permanganato potásico. A forza oxidante do permanganato en medio fortemente ácido, segundo a semiecuación MnO4- + 8H+ + 5e- ä Mn2+ + 4H2O, E0 = 1,51 V, é suficiente para permitir a determinación de substancias redutoras tales como ferro (II), oxalatos, ferrocianuros, nitritos, sulfitos ou auga osixenada, empregando xeralmente o mesmo reactivo valorante (coloración violeta) como indicador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Magnitude inversa da relutancia. O símbolo empregado é Ë ou P, e a unidade de medida, o wéber por ampere volta (Wb/Av). OBS: Tamén se denomina condutancia [condutancia] magnética.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e escultor belga. Nun principio estivo influído polo impresionismo pero despois decantouse polo expresionismo e pintou personaxes populares. Desde 1930 a súa obra revestiuse dunha refinada brutalidade. Destacan L’étable, Le pain noir (1925) ou Maternité.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Último período ou sistema do Paleozoico ou era Primaria, situado por riba do Carbonífero. Comprende desde os 286 ata os 248 millóns de anos. Marca un dos cambios máis importantes da historia xeolóxica, o paso da era Primaria á Secundaria. Neste período extinguíronse case a metade das familias de animais e plantas, e ao inicio da era Secundaria subseguinte produciuse unha intensa renovación biolóxica. Posiblemente, o final do Permiano coincidiu co cambio da velocidade da rotación terrestre, que orixinou, ao mesmo tempo un cambio climático e fortes tensións tectónicas. As áreas continentais, xa importantes no Carbonífero, estendéronse máis e aumentou a aridez.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao Permiano.

    2. komi.

    3. Rama de linguas do grupo finoúgrio, do phylum urálioco, constituída polo votiaco e o siriano, que se falan no O dos Urais centrais e setentrionais. É unha rama moi homoxénea: o votiaco e o siriano coinciden en máis do 70% do seu léxico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen fai unha permuta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor ruso. Combinou a fantasía e a tradición popular cos elementos sociais do momento. Escribiu teatro, novelas como Skazka o serom volke (Conto do lobo gris, 1960) e libros de divulgación científica para nenos, dos que destacan Kem byt’? (Quen é?, 1946) e Skazka o strane Terra-Ferro (Conto do país Terra-Ferro, 1959).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Deseñador. As súas creacións destacan pola pureza de liñas, o minimalismo e a sobriedade. Xunto con María Freire creou unha primeira colección de muller. Creou a sociedade anónima Antonio Pernas, da que é presidente. Amosou os seus deseños nas pasarelas London Pret, Gaudí, en Barcelona, e Cibeles, en Madrid (1991-1999 e desde 2002). En 1992 inaugurou a súa primeira tenda na Coruña. Membro da Comisión Técnica de Deseño do Consello da Cultura Galega, cofundou a Asociación de Creadores de Moda de España. Obtivo o premio T de Telva al Mejor Diseñador Español (1997) e a Medalla Castelao (1997). Pertence ao Consello da Cultura Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO