"AND" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3994.
-
GALICIA
Historiador. Redactor da Enciclopedia Galega Universal. Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (1997), centrou as súas investigacións na Antigüidade mediterránea, con especial interese polo desenvolvemento do dereito e dos sistemas xudiciais da Hélade. Foi colaborador da revista especializada Anabasis.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e político. En 1845 trasladouse a Madrid onde fundou o xornal La Organización del Trabajo, defensor do fourierismo, e colaborou na sociedade secreta Los Hijos del Pueblo. Exiliado en Londres (1851-1854), entrou en contacto co socialismo internacional. Ao seu regreso publicou o xornal Las Barricadas e un opúsculo no que defendía a República federal, que lle custou un novo desterro, esta vez en Lisboa e Londres. Regresou co Sexenio e foi elixido deputado por Cádiz (1869) e por Sevilla (1872), e nomeado intendente xeral de Filipinas ao proclamarse a República. Coa Restauración exiliouse ata finais de 1879. Entre as súas obras cómpre citar La república democrática federal universal (1856) e Historia de las clases trabajadoras (1870). Baixo o pseudónimo de Alfonso Torres de Castilla publicou a obra en seis volumes Historia de las persecuciones políticas y religiosas (1863-1866).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta, cineasta e dramaturgo francés. A súa primeira obra, Le Crapaud-Buffle, na que incorporou técnicas cinematográficas, foi levada á escena polo Teatro Nacional Popular de Jean Vilar en 1959. A súa obra, marcada por unha orientación política libertaria, tamén explorou a dimensión formal da escrita e da creación teatral. Despois da publicación en 1970 do seu Petit manuel de guérilla urbaine iniciou unha etapa na que organizou traballos de creación colectiva nos que introduciu elementos fílmicos, consonte o desenvolvemento da súa carreira como director de cine.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia dos Países Baixos (5.144 km2; 1.906.800 h [estim 1999]). A capital é Arnhem. Está limitada ao SL por Alemaña, ao S por Brabante Setentrional, ao O por Utrecht e Holanda Meridional, ao N por Ijssel e ao NL por Overijssel. Está drenada polo Rin, o Ijssel e o Mosa. Son frecuentes as granxas mixtas de explotación agrícola e gandeira. A actividade industrial concéntrase en Arnhem. O condado de Zutphen quedou unido a Gelderland no 1190, baixo o goberno do conde Odón I e transformouse en ducado con Reinaldo II (1339). Trala morte sen herdeiros de Reinaldo IV (1434) os cidadáns e os nobres do ducado elixiron sucesor a Arnaldo I, que foi derrotado e capturado polo seu fillo Adolfo I (1465). Carlos I de Borgoña liberouno (1471) e conseguiu o ducado a cambio (1473), pero o pobo rexeitouno (1477) e outorgoulle o poder a Catarina, filla de Arnaldo I, que actuou como rexente do seu sobriño Carlos II ata a súa maioría de idade (1492). Os enfrontamentos co Emperador Carlos...
-
PERSOEIRO
Matemático e biólogo ucraíno. Os seus traballos sobre espacios lineais normais foron o fundamento das aplicacións na análise funcional de diversas especialidades matemáticas. Profesor na universidade do estado de Moscú, recibiu o Premio Stalin e o Wolf de matemáticas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Institución de concertos de Leipzig, creada en 1781 e instalada na sala do mesmo nome, que no s XIX se converteu nunha das máis importantes de Alemaña. Nela foron directores, entre outros, F. Mendelssohn, Niels Gade, A. Nikisch, W. Furtwängler e Bruno Walter.
-
CAPITAIS
Capital do estado de Gujarāt, India, situada nas marxes do río Sabarmati, ao N da antiga capital de Ahmadābād (123.359 h [1991]). Foi construída en 1966 para substituír a antiga capital do estado, Ahmadābād.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Nome co que se coñece o pintor Domenico Bigordi. As súas primeiras obras recibiron a influencia de Andrea del Castagno e de Domenico Veneziano; entre outras destacan os frescos da Storie di Santa Fina da colexiata de San Gimignano (1475). Nunha segunda etapa, é notorio o contacto coa obra de A. Verrochio, a influencia de Leonardo da Vinci e o coñecemento da pintura flamenga de Van der Goes en Cenacolo no claustro da igrexa de Ognissanti (1480). Colaborou na Capela Sixtina. En Florencia en 1485 comezou o fresco coa Storie della Virgine e di San Giovanni na capela maior de Santa Maria Novella. Realizou tamén retratos femininos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Debutou con Les cahiers d’André Walter (1891) e con outras obras que manifestan análises psicolóxicas e reflexións sobre o desexo e o amor. Da súa produción destaca Les nourritures terrestres (1897), Prométhée mal enchaîné (1899), Corydon (1911), Les caves du Vatican (1914), Symphonie pastorale (1919) e as obras dramáticas Roi Candaule (1901), Oedipe (1932), Thésée (1946) e Journal (1949-1953). Defendeu a liberdade individual, denunciou os excesos do colonialismo (Voyage au Congo, 1927) e criticou o conformismo (L’École des Femmes, 1929). Recibiu o Premio Nobel de Literatura en 1947.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Profesor e escritor. Licenciouse en Filosofía e Letras. Codirector da revista Nós, é membro do consello de redacción da revista Agália. Escribiu Sobre o acordo ortográfico desde a Galiza (1987) e Luzes e espirito (1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Parella de artistas formada por Gilbert Proech e George Passmore na St. Martin School of Art de Londres, onde se suman á experimentación da corrente conceptual e deciden converter os seus corpos en arte, a través da creación de esculturas vivas, seguindo a tradición medieval dos tableaux vivants, coas que tentaban rachar as fronteiras entre arte e vida. Un dos seus primeiros traballos foi The Singing Sculpture (1969). Todos os seus traballos posteriores, The Meal, Drinking Sculpture, The Red Sculpture, están realizados nesa mesma dirección, utilizando o corpo humano como obxecto artístico, xunto con novos soportes como a fotografía e o cine. O seu traballo tivo unha considerable influencia nas orientacións de xéneros artísticos mixtos como as accións escénicas, as instalacións ou as intervencións plásticas.
-
PERSOEIRO
Tenista. Participou no equipo español de Copa Galea, que gañou en 1956 e 1957, e no de Copa Davis (1958-1960). Profesional dende 1960 ata 1971, foi campión do mundo en 1966. Xogou as semifinais de Wimbledon (1970) e gañou o Roland Garros (1972).
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión do estado de Victoria, ao SL de Australia (35.000 km2). É unha ampla extensión que se estende de L a O ata a baía de Port Phillip e constitúe a orla marítima dos Alpes Australianos.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actor. Traballou co grupo de bonecos e monicreques Tanxarina. Logo de colaborar no espectáculo Contaloucos (1998), participou no espectáculo do Centro Dramático Galego, A cacatúa verde (2001), e en diversas producións de Teatro do Morcego.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Extremo do pene cuberto polo prepucio e formado pola ampliación do corpo esponxoso, no que desemboca a uretra no seu extremo anterior.
-
Porción de tecido eréctil que se localiza na punta do clítoris.
-
-
Proxectil de pequeno tamaño, normalmente de chumbo e en forma de améndoa, que empregaban os romanos para lanzalo coa fonda, coa man ou con calquera outro instrumento. Algunhas veces levaban inscricións despectivas contra o inimigo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á planta que produce landras.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten forma de landra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se alimenta de landras.
-
VER O DETALLE DO TERMO
-
Célula ou conxunto de células illadas ou agrupadas nun órgano determinado con función secretora. Teñen a propiedade de producir unha ou máis substancias de tipo xeralmente hormonal ou enzimático que actúan fóra delas. Existen dous tipos de glándulas, con capacidade para sintetizar as súas propias secrecións: as glándulas endócrinas ou de secreción interna, carentes de canle excretora, pola que os produtos da súa secreción van parar directamente ao medio interno do organismo, normalmente ao sistema circulatorio do animal; e as glándulas exócrinas ou de secreción externa que posúen unha canle ou unha rede de canles a través das que verten as secrecións a unha cavidade corporal ou ben ao exterior do corpo do animal. Son exemplos de glándulas endócrinas a glándula suprarrenal ou a glándula tiroide e, de glándulas exócrinas, as glándulas sudoríparas ou as mamarias.
-
glándula apócrina
Cada unha das glándulas que secretan en gran cantidade substancias propias da célula, como a glándula apócrina a glándula mamaria ou a sudo-rípara da axila.
-
glándula calcífera
Conxunto de células que se sitúan no peritoneo do intestino dos oligoquetos e que extraen residuos do sangue para vertelos ao celoma.
-
glándula ceruminosa/da cera
Cada unha das glándulas cutáneas da abella que se sitúan en posición ventral no abdome e que secretan a cera para edificar a colmea.
-
glándula da cuncha
Divertículo do oviduto de moitos animais ovíparos, como insectos, condroitios, réptiles e mamíferos monotremas, que secreta a cuncha dura do ovo destes animais.
-
glándula da muda
Cada unha das glándulas propias dos insectos e dos crustáceos que secretan unha hormona, a ecdisona, indispensable para o inicio da muda nestes animais.
-
glándula do biso
Glándula propia dos moluscos que secretan uns filamentos cos que estes animais se adhiren a unha superficie coma a das rochas ou a das cordas.
-
glándula do seno
Glándula endócrina dos crustáceos que se sitúa na base do ollo, na que se almacena; a continuación libérase unha hormona inhibidora da muda.
-
glándula do uropixio
Glándula de gran tamaño que se sitúa na base da cola (uropixio) da maioría das aves e que secreta un aceite co que impermeabilizan as plumas.
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Disposición das glándulas secretoras.