"Ea" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3634.

    1. Enfrontamento entre varias persoas en que se discute a berros.

    2. Enfrontamento entre varias persoas que acada a violencia física.

    3. Situación de moito balbordo, desconcerto e desorde.

    4. Cousa ou grupo de cousas encerelladas e difíciles de soltar ou desenlear.

    5. Situación para a que é difícil atopar unha solución.

    6. Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde ás voces ‘puta’, ‘pelexo’ ou ‘corda’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • AFLUENTES

    Afluente pola esquerda do río Miño, que nace na parroquia de Suegos (Pol) e desemboca en San Xiao de Mos (Castro de Rei).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Friol baixo a advocación de san Xurxo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Pol baixo a advocación de san Bartolomeu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo feminino que procede do hebreo Le’ah (adaptado ao grego como Leia e ao latín como Lía). Pola tradición popular significaba ‘cansa’ pero o máis probable é que signifique ‘vaca’, aludindo aos rabaños do pai da Lea bíblica, filla de Labán e esposa de Xacob. Presenta a variante Lía. A súa festividade celébrase o 22 de marzo ou o 1 de xuño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Filla máis vella de Labán, segundo a Xénese, quen acollera a Xacob cando este fuxira da casa paterna. Xacob pediulle ao seu protector por esposa a súa filla máis nova, Raquel, a cambio de servilo ao longo de sete anos. Chegada a noite, Labán meteulle na tenda a Lea e Xacob deitouse con ela sen decatarse do cambio. En canto abriu o día, protestou polo engano e Labán díxolle que non era costume dar a filla máis nova antes ca a máis vella pero que tamén lle daría a outra rapaza, se o servía outros sete anos. Deste xeito, os doce fillos de Xacob naceron da loita entre as dúas irmás pola preferencia do seu home e pola maternidade. Os dez primeiros fillos foron de Lea e só os dous derradeiros de Raquel. A tradición fixo aos fillos de Lea os antecesores dos pastores de gando bovino e aos de Raquel, do gando ovino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundación sen ánimo de lucro constituída o 22 de abril de 1992 en Santiago de Compostela. Entre os seus obxectivos inclúense o fomento do coñecemento e a difusión da cultura en xeral, a defensa e creación de medios de comunicación en todos os soportes e o apoio a investigación de novas técnicas expresivas e de diferentes soportes tecnolóxicos dos medios de comunicación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador estadounidense. Especializado en historia da Igrexa medieval, publicou History of the Inquisition of the Middle Age (1888), The Moriscos of Spain, Their Conversion and Expulsion (1901) e History of the Spanish Inquisition (1906).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico inglés. Coñecido como Cary Grant, foi o galán por antonomasia da comedia estadounidense. Participou en numerosos filmes, entre os que destacan I’m no Angel (1933), Arsenic and Old Lace (1944), Night and Day (1946), Indiscreet (1958), North by Northwest (1959), That Touch of Mink (1962) e Walk don´t Run (1966). En 1969 concedéronlle un Oscar honorífico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Antropólogo inglés. Entre 1939 e 1945 realizou traballo de campo nunha área montañosa de Myanmar, antiga Birmania, estudo reflectido na súa obra máis importante, Political Systems of Higland Burma (1954), onde estableceu a diferenciación entre a estrutura política abstracta e a realidade política cotiá. Tamén destacan The Strutural Study of Myth and Totemism (1967) e Genesis as Mith and Other Essays (1969).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Iniciativa Comunitaria que ten como obxectivo apoiar as actividades innovadoras de desenvolvemento do potencial endóxeno das zonas rurais, a través de axudas e subvencións. Vai destinada a grupos de interlocutores públicos ou privados que definan en común unha estratexia e medidas innovadoras para o desenvolvemento dun territorio rural de dimensión local. A iniciativa xurdiu en 1991, co LEADER I, que tivo lugar no período 1991-1994 e ao que lle seguiron o LEDER II (1995-1999) e o LEDER + (2000-2006). Está financiado polo fondo da UE e FEOGA-Orientación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Paleontólogo. Explorou extensas zonas de África oriental e, coa axuda técnica da súa muller Mary e do seu fillo Richard, atopou na gorxa de Olduvai un gran número de restos de Australopithecus e de homes primitivos. Nas rexións estudiadas de Kenya e Tanzania estableceu tres liñas evolutivas independentes: a do Zinjantropus, a dos devanceiros do Homo erectus e a do Homo habilis. Escribiu The Progress and Evolution of Man in Africa (1961).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arqueóloga e paleoantropóloga británica. Realizou importantes estudios sobre evolución humana e en 1959 descubriu na gorxa de Olduvai (Tanzania) a mandíbula dun homínido de 1,75 millóns de anos de antigüidade chamado Zinjantropus por L. Leakey, o seu marido, incluído posteriormente na categoría dos Australopithecus. En 1978 descubriu as pegadas dun homínido que xa camiñaba ergueito hai 3,5 millóns de anos, o que fixo retroceder a data de inicio do bipedismo na especie humana. Escribiu Olduvai Gorge: My Search for Early Man (1979) e a súa autobiografía Disclosing the past (1984).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Paleoantropólogo, fillo de Louis e Mary Leakey. Dirixiu expedicións a diferentes lugares de Kenya, especialmente ao lago Turkana, e ao val do río Omo en Etiopia. En 1969 atopou un cranio completo do Paranthropus boisei, cunha antigüidade de 1,7 millóns de anos. Novas excavacións permitíronlle atopar en 1983 a mandíbula, dentes e fragmentos do cranio do Sivapithecus, posible predecesor do home e do mono, cuns 17 millóns de anos de antigüidade. Foi director do Museo de Ciencias Naturais de Kenya (1968-1989) e posteriormente dos Servicios de Fauna de Kenya.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que garda escrupulosamente a fidelidade debida e é incapaz de traizoar.

    2. Que se comporta honradamente, sen engano ou traizón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae por armas, en campo de prata, tres rochas sobre ondas de azul e prata, con senllas matas de ortigas, de sinople, e un triángulo, de azul, que baixa dos ángulos superiores do escudo ata a ortiga do centro, cargado dun león de ouro rampante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e xornalista. Colaborador en diversos medios de comunicación, como ABC, foi redactor xefe de El Progreso (1938) e director de Faro de Vigo (1949-1961), de El Correo Gallego e da revista internacional Mundo Hispánico. Ademais foi director de publicacións da axencia de noticias EFE. Na súa obra poética mesturou elementos procedentes das fontes clásicas xunto a outras tendencias líricas do s XX sen moita artificiosidade. É autor dos volumes de poesía Horas (1935, 1959), Te he buscado (1939, 1945), Versos: 1ª antología (1945, 1955), Trivium (1955), Mi soledad sonora (1955); os ensaios Las cosas (1941, 1955) e Faro de Vigo y su proyección (1965), a biografía Pastor Díaz, príncipe del romanticismo (1943) e a colección de artigos La siembra en el viento (1955). Promoveu a edición da obra poética completa de Antonio Noriega Varela. Recibiu o Premio Internacional...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor e director de escena. Desde 1990 traballa en Galicia, onde coordinou obradoiros de iniciación ao teatro e participou como actor, director e axudante de dirección en espectáculos coas compañías Teatro Xalgarete, Teatro Galileo, Teatro da Lúa e o Centro Dramático Galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Escribiu sátiras de carácter social e político. Da súa produción destacan Claridades do Sul (1875), História de Jesus (1883), O Anti-Cristo (1886) e A Senhora da Melancolia (1910).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e avogado portugués. Fundador da União Liberal Republicana (1923), foi ministro de Economía e primeiro ministro na década de 1920. Foi gobernador do Banco Central da Colonia de Angola (1929) e na década de 1930 o seu desencanto cara á ditadura levouno a integrarse nos grupos opositores.

    VER O DETALLE DO TERMO