"GR" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3341.
-
PERSOEIRO
Pintor francés, fillo do pintor e escultor Jean-Marie-Joseph Ingres. Formouse na academia de Tolouse (1791-1797) e no taller de J. L. David en París (1797). Gañou o Prix de Rome (1801) coa tea Les ambassadeurs d’Agamemnon e pintou os retratos de Napoleón I Bonaparte como primeiro cónsul (1804). En Roma (1806) admirou a Rafaello Sanzio e pintou diversas obras que foron mal acollidas polos académicos de París (La baigneuse de Valpinçon, 1808; Jupiter et Thétis, 1811). Achegouse á sensibilidade romántica, sen abandonar a minuciosidade técnica neoclásica (Le sogne d’Ossian, 1813; La Grande Odalisque, 1814). O seu Le Vœux de Louis XIII (1824) e a Apothéose d’Homère (1827), expostas no Salon respectivo, convertérono en bandeira da oposición académica ao romanticismo de Delacroix. Profesor (1829) e presidente (1850) da École des Beaux-Arts, dirixiu Villa Medici en Roma (1834-1841). Trala súa estancia en Roma, foi senador e pintou, entre outras obras, Portrait de Mme....
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Facer entrar a alguén nun centro, organismo ou institución.
-
Meter a alguén nunha institución sanitaria para que sexa atendido durante un tempo determinado.
-
-
Depositar unha cantidade de diñeiro nunha entidade bancaria.
-
Percibir unha certa cantidade de diñeiro.
-
-
Pasar a formar parte dun centro, organismo ou institución.
-
Entrar nun centro sanitario.
-
-
-
-
Que presenta a acción verbal no seu punto inicial e momentáneo, sen darse conta do seu posible desenvolvemento posterior. OBS: Oponse ao termo terminativo.
-
Que se articula con entrada de aire exterior. OBS: Oponse ao termo egresivo.
-
-
-
Acción e efecto de ingresar.
-
-
Equivalente monetario dunha cantidade de bens vendidos ou servicios prestados. OBS: Úsase sobre todo en plural.
-
ingreso a conta
Pago dun tributo por adiantado, que se satisfai en substitución da retención en determinados pagos en especie.
-
-
Pagamento dun tributo.
-
-
REXIÓNS
Rexión histórica da República de Carelia, situada ao S do golfo de Finlandia e do lago Lagoda. Poboada polos fineses, a rexión foi colonizada por Novgorod (s XIII-s XV), anexionada polos suecos (1617) e incorporada definitivamente a Rusia polo Tratado de Nystad (1721).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo feminino de orixe nórdica. Segundo a tradición vén do lendario Ingvi, epónimo da liñaxe dos Ynglingar, a familia real sueca, inda que tamén é o nome dun deus tribal da tribo bárbara dos ingvións.
-
-
Estenderse ou reproducirse algo en gran cantidade, especialmente unha planta.
-
Ocupar algo un lugar.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento migratorio obsevado dende a perspectiva do lugar de recepción dos inmigrantes.
-
-
de inmigrar.
-
inmigrante.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen inmigra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Chegar a un lugar persoas, animais ou plantas, procedentes doutro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á inmigración.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo constituído en 1970 que integrou servicios preexistentes, como o Servicio Nacional de Información Documental y Bibliográfica, o Depósito Legal e a Comisión Nacional de Planificación y Coordinación Bibliográfica. Ocupábase da realización da bibliografía en curso de todas as publicacións en lingua española. Pasou a depender da Biblioteca Nacional (1985) e realiza o control e cuantificación da produción bibliográfica do Estado mediante a elaboración da Bibliografía Española, coa clasificación e a catalogación de todas as obras impresas en España, e da asignación do número internacional das publicacións períodicas International Standard Serials Number (ISSN).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo creado en 1932 polo goberno republicano para aplicar a Lei de Bases da Reforma Agraria. Este organismo recibía as terras expropiadas segundo esta lei e organizaba a distribución entre os campesiños, que podían decidir o réxime de explotación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo autónomo do Estado fundado en 1914 polo profesor Odón de Buen. O seu ámbito de estudio, recollido no Real Decreto, céntrase nas condicións físicas, químicas e biolóxicas dos mares que bañan o litoral galego coas súas aplicacións aos problemas pesqueiros. Administrativamente dependeu do Ministerio de Instrución Pública e Belas Artes (1914), Fomento (1928), Mariña (1932), Comercio (1963), Transportes e Comunicacións (1977), Agricultura, Pesca e Alimentación (1980); desde o ano 2000 pertence ao Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía. Conta con varias dependencias situadas en Madrid (a central), Vigo, A Coruña, Gijón, Santander, Canarias, Málaga, Murcia e Illes Balears. O centro de Vigo creouse en 1936 e dedícase principalmente a temas de biotecnoloxía pesqueira e contaminación mariña; e o centro da Coruña foi creado en 1968 e traballa fundamentalmente nos cultivos e explotacións de moluscos, dinámica de poboacións de peixes, sobre todo túnidos, ecoloxía do plancto e comunidades bentónicas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo creado en 1971 que englobaba os organismos do Ministerio de Agricultura encargados da problemática das estruturas agrarias, especialmente o Instituto Nacional de Colonización e o Servicio Nacional de Concentración Parcelaria y Ordenación Rural.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se pode integrar.
-
-
Acción e efecto de integrar ou integrarse.
-
Cálculo dunha integral. Para calcular integrais indefinidas son útiles o método de integración por substitución e o método de integración por partes. Segundo o primeiro, faise x=ϕ (t), e substitúe este valor á integral. O método de integración por partes baséase na relación ʃ u dv = dv - ʃ v du e redúcese a resolver esta integral. A regra de Barrow proporciona un método xeral para calcular integrais definidas a partir das correspondentes integrais indefinidas. Segundo esta regra, se F(x) é a integral indefinida de f(x), entón ʃ b a f(x) dx = F(b) - F(a). No cálculo de integrais múltiples utilízase o denominado método de integración reiterada, que consiste en integrar sucesivamente a función respecto a cada unha das variables, mantendo constantes as outras. No caso dunha función continua de variable complexa, emprégase o método dos residuos. Entre os outros métodos para calcular integrais definidas destacan...
-
Actividade realizada na aplicación do dereito que ten por obxecto cubrir as lagoas, defectos ou eivas na regulación, cando é precisa, dun suposto de feito concreto e determinado, mediante o recurso a elementos do mesmo sistema xurídico ou consuetudinario.
-
Disposición dos diversos compoñentes e dispositivos electrónicos nun circuíto integrado, de xeito que nun espazo moi reducido pode disporse un número moi elevado destes elementos. As diferentes técnicas de fabricación permitiron conseguir diferentes graos de integración, actualmente moi elevados. Distínguese entre integración a pequena escala (SSI), mediana (MSI), grande (LSI) e moi grande (VLSI).
-
-
Operacións de fusión e de absorción de empresas.
-
integración económica
Proceso polo que varios mercados se unen para crear un só, a través do incremento das súas relacións comerciais e do establecemento de medidas de política económica comúns. De menor a maior pódense distinguir distintos graos de integración: sistema de preferencias aduaneiras, zona de libre comercio, unión aduaneira, mercado común, unión económica e integración total.
-
-
-
Conxunto de relacións que dan a cada individuo a conciencia da súa identificación co grupo e da súa participación dentro do conxunto social cohesionado.
-
Proceso polo que unha sociedade asimila os elementos heteroxéneos: inmigrantes e marxinados.
-
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de doutrinas ou de actitudes que propugnan calquera tipo de integración social.
-
-
Relativo ou pertencente ao integracionismo.
-
Partidario do integracionismo.
-