Instituto Bibliográfico Hispánico

Instituto Bibliográfico Hispánico

Organismo constituído en 1970 que integrou servicios preexistentes, como o Servicio Nacional de Información Documental y Bibliográfica, o Depósito Legal e a Comisión Nacional de Planificación y Coordinación Bibliográfica. Ocupábase da realización da bibliografía en curso de todas as publicacións en lingua española. Pasou a depender da Biblioteca Nacional (1985) e realiza o control e cuantificación da produción bibliográfica do Estado mediante a elaboración da Bibliografía Española, coa clasificación e a catalogación de todas as obras impresas en España, e da asignación do número internacional das publicacións períodicas International Standard Serials Number (ISSN).