Instituto Camões

Instituto Camões

Institución portuguesa creada en 1992 coa finalidade de promover a lingua e a cultura portuguesas no exterior. Sucedeu o Instituto de Cultura e Língua Portuguesa (ICALP) e depende do Ministerio dos Negócios Estrangeiros. En coordinación con outras institucións do Estado, asegura a orientación, coordinación e execución da política cultural externa de Portugal. En 1998 inaugurouse a delegación de Vigo, situada na Casa Arines, cedida polo concello de Vigo e a Xunta de Galicia ao Estado portugués. Ten biblioteca, centro multimedia e sala de exposicións. En 2001 inaugurouse o Centro de Língua Portuguesa em Barcelona (UAB).