"RG" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2188.

  • Land de Austria (2.601 km2; 351.565 h [2001]). A capital é Bregenz. Limita ao N con Baviera e o lago Costanza, ao O e ao S con Suíza e Liechtenstein e ao L co Tirol, a través do Arlberg Pass. Está atravesado polo Ill, afluente do Rin, polo Ach de Bregenz, tributario do lago Costanza, e polos cursos superiores do Lech e do Iller, afluentes do Danubio. O clima é continental alpino. Os recursos económicos derivan da gandaría e da industria diversificada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor holandés. En 1924 fundou o grupo K, e mantivo contactos co grupo De Stijl de Leiden. Membro de Cercle et Carrée (1930), participou na fundación do grupo Abstraction-Création, en París (1932). Adaptou o neoplasticismo ao seu propio estilo e pintou con diagonais e triángulos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome ruso de Viipuri.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas herbáceas, da familia das campanuláceas, coas follas alternas, flores solitarias ou en inflorescencias laxas e froito en cápsula dehiscente. En Galicia dáse en lugares húmidos a especie W. hederacea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Nova York 18.11.1906 - Cambridge, Massachusetts 12.4.1997) Biólogo. Recibiu, xunto con Granit e Hartline, o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina (1967) polos seus estudos sobre a acción da vitamina A nos procesos fotoquímicos da retina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome alemán de Waébrzych.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador da arte. Traballou nun novo método de lectura da obra de arte, a iconoloxía. Fundou e dirixiu, en Hamburgo, unha biblioteca de historia da cultura, especializada sobre todo no Renacemento italiano, que se converteu nunha institución de investigación activa e interdisciplinaria, trasladada a Londres en 1933, a causa do nazismo e que tomou o nome de Warburg Institute.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fisiólogo alemán. Investigou o mecanismo químico da respiración celular e descubriu a acción dun fermento respiratorio, composto de ferro e porfirina. Recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina (1931) polos estudos sobre a oxidación celular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Wilāya de Alxeria (280.000 km2; 445.619 h [1998). A súa capital é Wargla (129.402 h [1998]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Castelo de Turinxia, Alemaña, situado preto de Eisenach. Construído no s XII, Lutero refuxiouse nel (1521-1522) ao regresar da Dieta de Worms. Foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Romanista suízo. lang=EN-GB mso-ansi-language:EN-GB >Dirixiu a Zeitschrift für Romanische Philologie desde 1935 e a Bibliotheca Romanica desde 1947. Publicou Französisches etymologisches Wörterbuch (1932), con Oscar Bloch, Évolution et struture de la langue française (1934), Die Entstehung der romanischen Völker (1939), Einführung in Problematik und Methodik der Sprachwissenschaft (1943) e Die Ausgliederung der romanischen Sprachräume (1950).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político. Rico propietario rural, defendeu a independencia das colonias norteamericanas e foi nomeado comandante en xefe do exército independentista (1775). Delegado por Virginia na Convención de Philadelphia (1787), foi elixido primeiro presidente da Unión. Sentou as bases da estrutura política do novo estado e asegurou a independencia económica e financeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Espionaxe que realizou o Republican Party, nese momento no poder, ao Democratic Party, que tiña instaladas as súas oficinas no hotel Watergate de Washington, durante as eleccións presidenciais de 1972. Provocou un forte escándalo e no proceso de investigación destacaron as denuncias da prensa, especialmente as do Washington Post. Ante o perigo de impeachment, o presidente Nixon tivo que dimitir (1974).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico. Compartiu o Premio Nobel de Física (1979) con S. L. Glashow e Abdus Salam, polos seus traballos sobre a unificación das interaccións débil e electromagnética.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista inglés. Foi un dos precursores da literatura de ciencia fición. A súa produción divídese en tres períodos, o primeiro caracterízase por unha acertada mestura de ficción e realismo, como en The Time Machine (1893), The Island of Dr Moreau (1896), The Invisible Man (1897) e The War of the Worlds (1898). No segundo período achegouse á comedia social, como en Ann Veronica (1909) e The New Macchiavelli (1911), e no último acentuou a súa desconfianza no progreso humano, como en The World of William Clissold (1926).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor noruegués. Poeta nacional e símbolo da independencia de Noruega, destacou polas súas ideas revolucionarias. Publicou obras como Digte. Forste ring (Poesías. Primeiro círculo, 1829).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión montañosa de Alemaña, constituída por unha serie de relevos formados por materiais xurásicos moi pregados e fallados, nivelados por superficies de erosión. Destacan a selva de Teutoburg, o Wiehengebirge e o Wesergebirge.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de EE UU (62.759 km2; 1.808.344 h [2000]). A capital é Charleston. Limita con Ohio, Pennsylvania, Maryland, Virginia e Kentucky. Comprende diferentes rexións morfolóxicas: o val de Ohio, fértil e densamente poboado, con cursos fluviais navegables; o altiplano de Cumberland, entre 300 e 600 m de altitude; e no L a rexión dos Allegheny, con serras cunha altitude entre os 600 e os 12.000 m. Os recursos naturais son abondosos e variados: carbón, petróleo, gas natural e grandes depósitos de sal. Hai industria química, metalúrxica, do vidro e cerámica. Ocupada inicialmente por diversas tribos indias, o territorio formou parte de Virginia. Durante a Guerra de Secesión mantivo unha postura contraria ao escravismo, separouse de Virginia e foi admitido como estado da Unión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico patólogo estadounidense. Fixo investigacións sobre a formación da hemoglobina e as enfermidades asociadas á súa carencia. Obtivo, xunto con Minot e Murphy, o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía (1934), polos seus estudos sobre o tratamento das anemias perniciosas con extractos hepáticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director cinematográfico sueco. Cultivou a sátira, o conflito social e a historia romántica en películas como Barnvagnen (O pecado sueco, 1963), Adalen 31 (1969, Gran Premio do Xurado en Cannes), Mannen frän Mallorca (O home de Mallorca, 1984) e Lust och fägring stor (1995, Silberner Bär en 1996).

    VER O DETALLE DO TERMO