"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • GALICIA

    Pintor. Estudou maxisterio en Pontevedra, onde coñeceu a Castelao, C. Maside e A. Souto, relacionouse coas Irmandades da Fala, simpatizou co Partido Galeguista e colaborou con A Nosa Terra. Asistiu a clases de debuxo na Escola de Artes e Oficios de Vigo como preparación para o seu ingreso na Escuela de Bellas Artes de San Fernando, pero co inicio da Guerra Civil foi mobilizado. Quedoulle inutilizado o brazo dereito, feito que condicionou a súa pintura, xa que tivo que aprender a pintar e debuxar coa esquerda. As súas primeiras obras amosan un certo primitivismo con formas angulosas e arredondadas e cores puras (Nos labores do campo, 1940); posteriormente comezaron a reflectir as paisaxes e os homes dos lugares onde viviu (Vilagarcía de Arousa e a parroquia de Lantaño, en Portas), ademais de escenas festivas e costumistas. A partir de 1943 a pincelada fíxose máis pequena e uniforme, e as cores tornáronse máis escuras. Destacan O carro (1946?), Pescantina...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Chantada. Pertenceu a un mosteiro de monxas beneditinas do que só se ten noticias da súa anexión a San Paio de Antealtares (s XV). De estilo románico, segundo diversas inscricións foi remodelada en 1121. Ten planta rectangular con ábsida semicircular, con tramo recto e bóveda de canón e arco faixón. A nave cóbrese con madeira. No interior destacan as pinturas murais da cabeceira (s XVI) con imaxes da Anunciación, a Resurrección e o Xuízo Final. Foi declarada BIC en 1950.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta simbolista portugués. Despois de finalizar os estudos de dereito, en 1894 marchou a Macau, onde foi profesor de filosofía e xuíz. Alleo aos movementos literarios, desde o seu autoexilio en Macau influíu na obra dos autores da xeración de Orpheu. Próximo á obra de Paul Verlaine, as súas creacións líricas, moi escasas, publicáronse en 1920 co título de Clepsidra. Traduciu tamén diversas obras de poetas chineses e, postumamente, apareceu a recompilación de ensaios China (1944).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta portugués. Establecido coa súa familia en República Sudafricana, volveu a Lisboa en 1905, onde traballou como tradutor de inglés para diversas empresas e para algunha editora inglesa interesada en recompilar obras de autores portugueses. Comezou a escribir en portugués en 1908, e os seus primeiros traballos foron os ensaios de crítica aparecidos na revista A Águia (1912), e posteriormente colaborou noutras publicacións como Orpheu e Presença. Considerado como un dos introdutores en Portugal dos movementos de vangarda, en 1914 entrou en contacto con outros vangardistas portugueses, como Mário de Sá-Carneiro e Almada-Negreiros, e xurdiron os seus principais heterónimos, Álvaro de Campos, Alberto Caeiro e Ricardo Reis, personaxes que, á marxe do autor, posúen biografía e estilo propio. Alberto Caeiro “mestre” de R. Reis e de Á. de Campos, é un poeta instintivo, sensual e antimetafísico; Ricardo Reis...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pedagogo. Educouse no Collegium Carolinum de Zúric e reformou a pedagoxía tradicional, dirixindo o seu labor cara á educación popular. En 1775 abriu unha escola en Neuhof para nenos pobres, inspirada no Émile de J-J. Rousseau, onde iniciou unha nova corrente pedagóxica, inscrita na escola activa. Aínda que non obtivo os resultados esperados, en parte por razóns económicas, a experiencia valeulle para abrir novos centros como o de Stans (1799), Burdof, Yverdon, etc. Intentou demostrar que o método educativo máis adecuado é o da educación elemental, que permite que o neno comprenda as diferentes formas do saber dunha maneira natural e intuitiva, e a educación en colectividade é a situación ideal para o desenvolvemento persoal da mente e do espírito. No proceso educativo sinala cinco elementos fundamentais: espontaneidade, intuición, método, equilibrio de forzas e colectividade. Foi o gran representante da intuición como método educativo e propulsor da acción na educación. A súa pedagoxía...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Cada un dos pelos ríxidos e sedosos que aparecen no bordo libre das pálpebras.

      2. pestana vibrátil

        cilio.

    1. Parte estreita e saínte do bordo dalgunha cousa e que adoita servir para encaixar noutra.

    2. Extremo do brazo dunha áncora.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Coñecido como Paco Pestana, na súa produción interpreta, desde a provocación, o humor e a ironía, un mundo poboado de obxectos usados, mesturados con novas estruturas. Aproximouse ao surrealismo, ao organicismo e ao dadaísmo, e traballou a pedra, o ferro e a madeira en estado natural, combinados con pezas de metal e elementos cotiáns. Na súa temática identificouse co rural e buscou reflectir as culturas ancestrais e a esencia do home. Realizou Trabe de xuntura (1982), Relicario de amor e outros desazos (1983) e Réquiem por unha raposa (1992). Cultivou tamén a poesía e publicou El Parapeto (1995). Ten obra, entre outras, nas coleccións Caixa Galicia e Xunta de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dirixente anarcosindicalista. Chegou a Barcelona en agosto de 1914, aliñouse cos anarquistas puros e participou no Congreso Internacional de la Paz, en Ferrol (1915), de onde xurdiron os primeiros intentos reorganizadores da CNT en España. Desde 1915 colaborou en Solidaridad Obrera, xornal que administrou (1916) e dirixiu (1918-1919). No segundo congreso da CNT celebrado en Moscova (1920) acusou os bolxeviques de exercer unha ditadura e reafirmouse na defensa anarquista da necesidade de facer desaparecer o estado. A súa inclinación cara a principios anarcosindicalistas máis moderados produciuse entre 1922 e 1923. Baixo a Ditadura de Primo de Rivera, e ata 1927, defendeu a legalización dos sindicatos confederados. Despois substituíu a J. Peiró i Belis na secretaría do comité nacional da CNT (xuño-decembro de 1929), ata que foi obrigado a dimitir. Despois da ofensiva triunfal dos anarquistas e en especial da FAI contra o trentismo, foi expulsado da CNT en decembro de 1932. En 1934...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mover as pálpebras, abrindo e pechando os ollos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de pestanexar.

    2. Sensación visual producida por flutuacións periódicas da luz en réximes que se estenden desde uns poucos ciclos a algunhas decenas de ciclos por segundo. Pode ser eliminado mediante o entrelazamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Organizou varias sociedades secretas e manifestou as súas ideas nun proxecto de Constitución. Foi un destacado xefe da conspiración decabrista e foi executado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. A súa obra, editada maioritariamente en castelán, destaca polo tratamento que realiza dos temas galegos. Colaborador de diversas publicacións periódicas coas súas narracións, é autor de Portoceo (1983), Las gemelas de Fornelos (1984), La taberna de Bergantiños (1986), Una dama de altos vuelos (1987), Contos e lembranzas (1987), en que aparecen diversos personaxes galegos, tratados con realismo e humor; Amalia la del 288 (1989), Un berro no silencio da noite (1993) e La historia de Alí (1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Cañiza baixo a advocación de san Xián.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Corzáns (Salvaterra de Miño). Construída en cantaría, ten planta en forma de L e leva anexada unha torre de planta cadrada. Provista de vans rectangulares, destaca o portal da entrada e o muro, con remate en pináculos e un escudo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xogo que consiste en lanzar unha bóla pequena e despois outras máis grandes que deben achegarse o máis posible á pequena e intentar desprazar as do contrario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do verbo dos daordes ou xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘diñeiro’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Teólogo e relixioso franciscano. Doutor en Teoloxía e diplomado en pedagoxía, foi profesor no Instituto Teolóxico Compostelano. Fundador e director do Centro Cultural de Xoán XXIII, en Santiago de Compostela, en 1983 nomeárono arcebispo de Tánxer. Colaborou en Encrucillada e Liceo Franciscano e en diversas obras colectivas da que destaca La Iglesia en Galicia (1974) e La misión franciscana de Marruecos: ayer y hoy (1996), e escribiu El pecado y hombre actual (1972) e La iglesia en Galicia: el ayer-el hoy (1975).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Personaxe literario creado polo escritor inglés sir James Barrie, protagonista, entre outros, da comedia representada en 1904, titulada Peter Pan, or the Boy who Refused to Grow Up. Barrie publicou a historia co título Peter Pan and Wendy (1911) e Walt Disney realizou sobre esta historia unha película de debuxos animados (1953), coa que obtivo un enorme éxito e da que xurdiron diversas versións cinematográficas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo alemán. Retratista independente, dedicouse á fotografía comercial en Berlín (1927) e expuxo por primeira vez en Stuttgart (Film und Foto, 1929). Influído pola Nova Obxectividade, inaugurou e dirixiu o obradoiro fotográfico da Bauhaus (1929-1933), onde apostou polos contrapicados, as texturas abstractas e as imaxes surrealistas. Abandonou a fotografía e instalouse en EE UU (1938), onde ensinou fotografía na Universidade de Chicago (1945-1957).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz estadounidense. Coñecida como Carol Lombard, debutou con trece anos en A Perfect Crime (1921). Acadou sona con Safety in Numbers (1930), aínda que tamén destacan os filmes Twentieth Century (1934), My Man Godfrey (1936), pola que foi nominada ao Oscar; Nothing Sacred (1937), Mr. and Mrs. Smith (1941) e To be or not to be (1942).

    VER O DETALLE DO TERMO