"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • GALICIA

    Xurista e político. Foi alcalde de Ortigueira (1969-1979) e ingresou en Alianza Popular en 1980. Foi deputado no Parlamento de Galicia (1981-1985), conselleiro de Xustiza con X. Fernández Albor, director xeral de Administración Local (1982-1983), director xeral de Xustiza e Gobernación (1983-1986) e director xeral de Xustiza (1986).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Idade mariña do Plioceno, situada sobre o Zancliano e o Vilafranquiano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Piazenciano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Psicólogo suízo. Foi profesor das universidades de Neuchâtel (1925-1929), Xenebra (1929-1971) e Lausanne (1938-1951), e profesor invitado en La Sorbonne (1952-1963). Dirixiu o Bureau International d’Education (1929-1967) e fundou e dirixiu o Centre International d’Epistémologie Génétique (1955-1980). A súa liña de traballo centrouse en temas de psicoloxía infantil e evolutiva, especialmente no xurdimento e desenvolvemento da intelixencia no neno, e na interrelación entre pensamento e ambiente social, poñendo de manifesto como o pensamento dos nenos, de características moi diferentes ao dos adultos, está condicionado por diversas transformacións, pola interrelación co ambiente e pola propia experimentación, co xogo dos sentidos e da súa estimulación, ata converterse nun pensamento adulto. O desenvolvemento intelectual sería un proceso adaptativo baseado en dous procesos fundamentais: o de asimilación e o de acomodación. Como consecuencia da propia actividade intelectual, e en intercambio...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Espiroquetose producida por Treponema pertenue, endémica dos países tropicais. OBS: Tamén se coñece como frambesía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Indicación, nunha partitura musical, que indica que ese fragmento marcado debe ser interpretado cunha sonoridade moi suave. OBS: Adóitase indicar pp ou ppp.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que toca ou sabe tocar o piano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao piano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Napata (751?-730 a C) e fundador da dinastía XXV de Exipto (721?-656 a C). De orixe incerta, ben libia, ben kušita, conquistou as principais cidades do Medio e Alto Exipto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Instrumento de corda de tecla que consta dunha caixa onde están as cordas que se percuten mediante un mecanismo accionado por un teclado. A forma da caixa deu lugar a dúas formas de piano: o piano de cola e o piano vertical ou de parede. Ambos os dous conteñen unha táboa de harmonía que amplifica as vibracións das cordas. As teclas que corresponden ao rexistro grave percuten nas cordas simples (que son metálicas), as que corresponden ao rexistro medio nas cordas dobres e as de rexistro agudo nas cordas triplas. O mecanismo de escape posibilita unha execución máis rápida e precisa ca nos outros instrumentos de teclado. Inclúe tamén os apagadores, que amortecen a vibración da corda cando o dedo non preme a tecla. O teclado acada 7 1/3 oitavas, ás veces incluso 8. O sistema de pedais ten unha misión múltiple: o da esquerda (tamén chamado celeste), diminúe a sonoridade; o da dereita afasta todos os apagadores e permite que continúen a vibrar as cordas percutidas, aínda que os dedos xa non preman...

    2. Piano que funciona accionando unha manivela ou manubrio.

    3. Instrumento electrófono provisto de osciladores e accionado mediante un teclado.

    4. Instrumento reprodutor de música adaptado a un piano ordinario.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. De forma suave ou con pouca intensidade.

    2. Indicación, nunha partitura musical, que sinala que no fragmento que marca cómpre reducir a intensidade sonora do instrumento. OBS: Adoita indicarse cun p situado ao inicio da pasaxe en cuestión. Se a redución da sonoridade ten que ser máis marcada, indícase pp ou ppp (pianissimo)

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto italiano. Traballou con F. Albini e L. I. Kahn, e especializouse en arquitectura industrial, unha disciplina que aplicou ao edificio do Centre Georges Pompidou de París, que proxectou xunto con Richard Rogers. Evolucionou cara a unha maior preocupación polo respecto do contorno e o aforro de enerxía á hora de deseñar os edificios, como no caso do Museo da Ciencia e a Tecnoloxía de Amsterdam (1997) e o centro Jean-Marie Tjibaou en Nouméa (Nova Caledonia, 1998). Posteriormente, colaborou no proxecto de remodelación do centro de Berlín (Postdamer Platz). En 1998 recibiu o Premio Pritzker.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento de teclado anterior ao piano que se empregou durante o s XVIII e principios do XIX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariedade de piano mecánico que se patentou en 1898. O seu mecanismo baséase en aire comprimido e nun rolo de papel perforado que fan mover os martelos do piano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Independentista venezolano. Foi o máximo representante das clases mestizas venezolanas fronte aos crioulos dirixidos por Simón Bolívar. Apreixado finalmente en Aragua de Maturín (28.9.1817), foi executado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Ponteareas. Construída en 1671, sufriu reformas posteriores. Ten planta de cruz latina, cunha soa nave e tres capelas. A nave cóbrese con bóveda de canón e arco de medio punto rebaixado, e as capelas laterais con bóveda de canón e de cruzaría. Destacan varios retablos barrocos, así como as pinturas murais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Libretista italiano. Acadou unha certa fama como libretista de moitas óperas de Verdi, como Ernani, La forza del destino, Rigoletto ou La Traviata, dalgunhas de Mercadante e de Pacini, e dos Rici.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Influído por C. Pissarro e A. Asley, orientouse en 1909 cara ao cubismo. En 1911 foi un dos creadores do Grup Section d’Or. Participou no Armory Show en Nova York (1913) e puxo as bases, con M. Duchamp, do dadaísmo neoiorquino. Tivo contactos cos dadaístas de Zúric, e en París pintou as súas Machines Ironiques. En 1921 volveu á pintura figurativa, e a partir de 1945 fixo abstracción con obras que el denominou sur-irréalistes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apeiro de labranza formado por dous gallos de ferro paralelos, moi agudos, e por un mango de pau, que se emprega para arrancar o esterco ou para outros usos.

    VER O DETALLE DO TERMO