"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
GALICIA
Sacerdote e guerrilleiro. Durante a Guerra da Independencia participou na Batalla de Pontesampaio e nas reconquistas de Vigo e Santiago de Compostela. En 1815 organizou un batallón que se enfrontou a J. Díaz Porlier e contribuíu á súa derrota. Nomeado cóengo de Tui, foi perseguido polos constitucionalistas e estivo recluído en Herbón en 1823.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Luciano Manuel Piñeiro Martínez.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Cuntis. Datada a mediados do s XVIII, ten planta de cruz latina cunha soa nave cuberta con bóveda de canón, cruceiro e capela. A torre-campanario ten dous corpos e sitúase no lado dereito da fachada principal. Accédese a ela mediante unha escaleira exterior de pedra.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro situado no concello de Ames. Foi doado á igrexa de Santiago polo conde de Galicia don Reimundo e a súa muller dona Urraca en 1107.
-
PERSOEIRO
Xogador de golf. Foi campión de España en oito ocasións, gañou a copa do mundo por equipos en 1976 e 1982 formando parella con S. Ballesteros e J. Mª Cañizares, respectivamente; o campionato do mundo individual en 1982, o Open Británico (1977), o Open de Suíza (1981), o Open de Italia (1985), e a Ryder Cup (1985) como membro do equipo europeo.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do sheng de Jiangxi, China, situada en medio das montañas Wu-kung Shan, á beira das augas superiores do Lu Shui (425.579 h [1990]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor portugués. Na década de 1950 instalouse en Múnic e colaborou na formación do grupo KWY, xunto a outros artistas portugueses asentados en París. Comezou cunha pintura de corte expresionista, caracterizada polo lirismo e a violencia cromática e evolucionou cara a propostas poscubistas. Na década de 1970 aproximouse á linguaxe conceptual a través dos seus proxectos-arte. Da súa obra destaca a serie dos Príncipes de Portugal (1968-1970) e O astronauta e o planeta cósmico (1973).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Influído por Jorge Guillén e polo seu Cántico espiritual, iniciou a súa carreira como escritor nas revistas Meseta (1928) e A la nueva ventura, onde colaboraron algúns dos poetas máis destacados da vangarda española. Coas súas estadías en Francia (1931-1932) coñeceu a literatura francesa de vangarda e, principalmente, o surrealismo. Da súa obra cómpre salientar El pájaro y los muros (1955), Alegría (1964), Via Crucis (1967) e Claro decir (2002). Recibiu o Premio Castilla y León de las Letras (1989).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Sociólogo e escritor. Especializado en urbanismo, foi director do Archivo de Documentación de España Económica e secretario xeral técnico do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (1973-1978). Director xerente de Consultora Galega, escribiu Vixía os sables ao chegar febreiro (1995), Arredor do lume: contos do pote dunha outonía lonxana (1998) e No leme das lembranzas (2001), e en colaboración, O planeamento no mundo rural galego: un exemplo: O Plan Xeral de Ordenación de As Neves (1981) e El pazo de Oca (1984). Recibiu o Premio Nacional de Urbanismo (1981) e o Premio Galicia de Deseño (1985).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mosteiro beneditino situado en Monforte de Lemos. Descoñécese a data en que se instalaron os primeiros monxes porque toda a documentación se perdeu nun incendio anterior a 1074. Sábese que na Idade Media recibiu doazóns de diferentes monarcas. En 1539 iniouse a construción do mosteiro actual, que pertenceu á Congregación de Valladolid. Despois de estar desocupado durante longo tempo, en 1920 instaláronse monxes vinculados ao mosteiro de Samos. A igrexa é de estilo gótico tardío e presenta planta de cruz latina con tres tramos na nave principal, tres no cruceiro e tres ábsidas. O claustro (1782) conta con tres corpos superpostos con cinco arcos de medio punto en cada lado. Os arcos do primeiro corpo descansan sobre columnas cadradas e os restantes sobre columnas xemelgas. A fachada é renacentista e presenta dous corpos. No primeiro está a porta principal, formada por tres arquivoltas semicirculares apoiadas en pilastras pegadas ao muro, mentres que o superior ten un frontón triangular cun...
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Cáceres, Extremadura, situado na comarca de Las Hurdes, preto do pantano Gabriel y Galán (1.638 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Sober. Realizada no s XII en cantaría, ten planta de cruz latina e ábsida rectangular, cuberta cunha bóveda de medio canón. Na porta principal destaca o arco de medio punto formado por dúas arquivoltas e rodeado por unha moldura axadrezada e, sobre ela, un rosetón.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Fotógrafo e músico. Participou en actividades do colectivo Novos Fotógrafos Coruñeses e especializouse en fotografía publicitaria. Realizou campañas para as principais marcas da moda e publicou os seus traballos en Vogue, Elle ou Marie Claire. Como músico colaborou con varias agrupacións como Generación 49 (1968), Sopa de Sobre (1972), NHU (1974) ou DOA (1978). Expuxo as súas fotografías en Santander, Vigo, Madrid, Zúric ou México, e participou nas obras Catro renovadores da arte galega (1993) ou Galicia en Fotos (1992, 1994 e 2000). No apartado cinematográfico, traballou na promoción dos filmes Divinas palabras (1989), Continental (1989), Fisterra (1998), La Rosa de Piedra (1999) e Se quién eres (2000). Recibiu o Premio LUX á mellor publicación de moda en España.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Artista plástico e crítico da arte portugués. Iniciou a súa formación na Escola de Arquitectura de Lisboa. A súa vocación artística levouno a achegarse ás propostas plásticas do minimal e a arte conceptual a través das instalacións ou a utilización de materiais de refugallo. Colaborou nos xornais Diário Popular, Diário de Notícias e Expresso e publicou os ensaios O lugar da Arte (1988) e Menos Arte (1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor, fillo de Xoán Manuel Pintos Villar. Deixou dous poemas de carácter costumista na Coleución de poesías gallegas dalgúns autores, de Farruco Portela Pérez, “O gato e a criada. Fábula”, en que se conta un episodio familiar con finalidade irónica; e “Un drama da aldea. (Dedicado aos habitantes da luna)”, en que se narra a relación dunha moza e un sacerdote.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Compositor e director de orquestra, fillo de Xoán Manuel Pintos Villar. Dirixiu o orfeón Los Amigos, de Pontevedra, co que conseguiu os primeiros premios dos certames musicais celebrados en Santiago de Compostela e Vigo. Foi académico correspondente da Real Academia Galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Músico e actor. Colaborador de El Correo Gallego e membro do grupo folk Galerna, interpretou diversos papeis coas compañías O Moucho Clerc, en Un códice clandextino e A caza do Snark; e co Centro Dramático Galego, en A Lagarada. Ademais, elaborou a música das montaxes As asamblearias, para Ditea Teatro; e A elas e Cunqueiro, para Uvegá Teatro.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Filósofo e teólogo. Doutor en Filosofía e Letras e licenciado en Teoloxía Católica, é profesor na Universidade de Santiago de Compostela. A súa liña de investigación baséase nos imaxinarios sociais e na teoría construtivista de Niklas Luhmann baixo dúas liñas de aplicación empírica resumidas no traballo, no emprego e na formación e o novo sector de produción de realidade: os medios masivos. Colaborou en publicacións especializadas e escribiu El compromiso de la acción (1967), El ateísmo del último Sartre (1968) e Las fronteras de los saberes (1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista e poeta. Pertencente ao grupo dos Precursores e incluído na primeira xeración provincialista, foi unha das figuras máis destacadas da literatura galega na súa época. Na Coruña iniciou os estudos de humanidades no convento dos Dominicanos e, posteriormente, aprendeu filosofía, solfexo e violín en Santiago de Compostela (1825). Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1829-1835), impartiu clases de institucións canónicas durante un ano. A partir de 1837 exerceu como avogado na Coruña, ata que en 1840 pasou a ocupar o posto de xuíz de primeira instancia en Cambados. Despois de cesar no posto (1844), foi avogado e fiscal en Pontevedra, ata que en 1862 ocupou a praza de rexistrador da propiedade en Vigo. Durante todos estes anos, sobre todo durante a súa estadía en Pontevedra, colaborou en diversos medios de comunicación, como os xornais El País e La Perseverancia, e no suplemento Álbum de El Miño, ademais de incluír algunhas poesías...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Realizador, guionista e produtor cinematográfico. Despois da súa formación como enxeñeiro electrónico no Instituto de Estudios Electrónicos de Madrid, realizou pequenos traballos en súper 8 a partir de textos propios, como Aconteceu en Galicia e Amanece en Vigo; ou alleos, como O derradeiro Fiana. De aí pasou á realización de curtametraxes en 35 mm, como Homo Hominis. Opus I (1982), coa que obtivo unha mención especial no Festival Internacional de Cine de Bilbao. A produción de curtametraxes conduciuno á fundación da produtora Pilar Sueiro Films, máis tarde Atlántico Films (1985). Despois da triloxía Augurio, Virginal e Vestida de fiesta, dirixiu a súa primeira longametraxe, La gran comedia (1986). Posteriormente rodou O xogo das mensaxes invisibles (1991, Premio á mellor película no Festival Internacional de Cinema de Figueira da Foz 1992), La leyenda de la doncella (1994, Premio Colón de Plata no...
VER O DETALLE DO TERMO