"Az" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2426.

  • GALICIA

    Profesora. Doutora en Filosofía e Ciencias da Educación, presidiu a Nova Escola Galega. Das súas obras destacan Institución escolar e medio ambiente (1982), Deseño curricular e investigación do medio (1990) e A educación en España durante o Sexenio Revolucionario (1868-1874), debates, aspiracións e realidades (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Subconxunto non baleiro F dun espazo vectorial E (sobre un corpo K) tal que é estable para as dúas leis de E e que, provisto destas leis inducidas, é tamén un espazo vectorial (sobre K).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sulfamida de longa duración e con pouca toxicidade, que se emprega no tratamento de diversas infeccións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sulfamida que actúa impedindo a transformación do ácido p-aminobenzoico (PABA) en ácido fólico. A súa absorción por vía oral é rápida e a súa eliminación non é total ata despois de 72 horas. A importancia do sulfametoxazol está na combinación que forma co trimetoprim, que ten actividade contra bacterias Gram-positivas e Gram-negativas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sulfamida de rápida absorción e lenta eliminación, cunha semivida de 24-60 horas. Elimínase principalmente polos ouriños, parte sen metabolizar e parte en forma de conxugados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sulfamida que se emprega pola súa actividade e escasa toxicidade. Utilízase nos mesmos casos e coas mesmas doses ca a sulfanilamida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sulfamida facilmente soluble nos líquidos orgánicos con menos perigo de formar cristais, que se emprega como antibiótico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é propenso a concibir sospeitas e a ter desconfianza.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente a Swazilandia, aos seus habitantes ou á súa lingua.

      2. Natural ou habitante de Swazilandia.

      1. Relativo ou pertencente ao pobo swazi.

      2. Individuo do pobo swazi.

      3. Pobo bantú do grupo ngundi que vive en Swazilandia, a maior parte, na República Surafricana e Moçambique. Pobo pastor e agricultor, a súa organización social é estratificada. Os clans reais constitúen a clase dirixente do reino e están distribuídos por todo o territorio.

    1. Lingua bantú do phylum níxer-congo que se fala en Swazilandia, onde é a lingua oficial, e en África meridional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado do SL de África, que constitúe un pequeno enclave entre a República Surafricana e Moçambique (17.364 km2; 1.033.000 h [estim 2001]). A capital lexislativa é Lobamba e a administrativa Mbabane.
    Xeografía
    Xeograficamente divídese de O a L en tres rexións: unha de máis de 1.000 m de altura (Highveld), de clima subtropical moderado e de alta pluviosidade, con bosque de folla perenne; outra cunha altura media de 700 m (Middleveld), zona subtropical de sabana seca; e outra dunha altura de 300 m (Lowveld), de clima seco e cálido. Os ríos principais son o Great Usut, o Ingwavuma e o Komati. A vexetación é esteparia. A agricultura é a principal actividade económica polo número de ocupados. Hai abundante gando bovino e caprino. O principal cultivo é a cana de azucre. Posúe numerosas reservas de carbón e son importantes tamén os diamantes, o ouro e o asbesto, entre outros. A electricidade escasea e a industria limítase ao tratamento dalgúns...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Viana do Bolo baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Viana do Bolo baixo a advocación de san Sebastián.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Tabazoa de Umoso (Viana do Bolo). O seu cumio acada os 1.474 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso. Licenciado en Dereito pola Universidad Pontificia de Comillas, foi capelán militar. Abade da colexiata de Santa María do Campo da Coruña, promoveu a creación do seu Museo de Arte Sacra. Presidente da Asociación de Amigos del Museo y de la Colegiata e membro da Real Academia de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario, escribiu, entre outras obras, Juan Pablo II amigo de los jóvenes (1989), Morir con dignidad (1992), Historias de A Coruña (1993), Familia y hogar (1994) e Faro de luz (1997). Recibiu a Medalla de Ouro da Coruña, a Medalla Castelao (1999) e a cruz da orde de San Raimundo de Peñafort.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada no centro histórico de Betanzos. Realizado en estilo neoclásico en 1805, destaca a fachada principal onde se atopa, sobre a porta, o escudo dos condes de Taboada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do ken de Hyōgo situada na illa de Honshū, Xapón (205.993 h [1997]). Atravesada polo río Muko, é unha cidade balneario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Tallo. Realizada en cantaría e cachotaría durante os ss XVI e XVII, orixinariamente foi un conxunto de dúas torres. Máis tarde remodelouse e ambas as dúas foron unidas cun corpo rectangular. Destaca a fachada, cun soportal apoiado sobre tres piares de cantaría sobre o que se abre unha solaina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Tamallancos (Vilamarín). Ten planta en forma de L. O patio delimitado polas coxías da vivenda está pechado por dependencias auxiliares, polo que o conxunto presenta un trazado irregular. Na fachada principal atópase a porta cun arco de medio punto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Taraio (Malpica de Bergantiños). Construíuse en cantaría de granito, con planta en forma de L pero as reformas conformaron unha planta rectangular. Na fachada conserva un escudo coas armas dos señores de Taraio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga parroquia do concello de Valdoviño baixo a advocación de san Tomé, que en 1895 se integrou na de Meirás.

    VER O DETALLE DO TERMO