"CIA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3047.

  • GALICIA

    Técnico de remo. Participou no campionato de España (1960) e nos Xogos Olímpicos de Roma (1960). Foi xefe do equipo de remo en 1992 e vicepresidente da Federación Española de Remo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Infección por meningococos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sindicalista e militar. Foi xefe militar da CNT e durante a Guerra Civil Española foi nomeado xefe da XIV división que loitou en Brihuega, e despois, do IV Corpo. Acadou o grao de tenente coronel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • mercadoría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Levante-El Mercantil Valenciano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REINOS

    Reino inglés fundado por Penda de Mercia (632-654). Estendíase por Midlands e ao L, desde o Fens ata o Umber. Na loita contra os outros reinos da heptarquía anglosaxoa, impuxo a súa preponderancia a partir do s VIII. Chegou ao seu apoxeo co Rei Offa de Mercia   (757-796). Despois da morte deste, caeu en beneficio de Wessex.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma de goberno en que ten preponderancia a clase media.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conferencia internacional que se celebrou o 1 de marzo de 1955 en que participaron os ministros dos sete países pertencentes á Comunidade Europea do Carbón e do Aceiro (CECA). Estableceron as bases para o Tratado de Roma (1957).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fumigante que se utiliza, mesturado co dicloropropeno, para a desinfección dos terreos de cultivo en horticultura intensiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación de orixe aprobada pola Orde do 17 de outubro de 2000 da Consellaría de Pesca, Marisqueo e Acuicultura e ratificado o seu regulamento pola Orde de 2 de agosto de 2001 do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación. Agrupa os produtores de mexillón de Galicia das rías de Ares-Betanzos, Muros-Noia, Arousa, Pontevedra e Vigo. Os mexillóns que se atopen baixo o control deste consello deben cumprir uns requisitos ecolóxicos, como a non manipulación do medio, e sanitarios, pero sen utilizar medicamentos, así como ser comercializados sen conservantes e en envases 100% reciclables.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gravador. Foi proxectista de selos na Fábrica Nacional de Moneda y Timbre e ilustrou libros como El ingenioso hidalgo don Quijote de la Mancha. Publicou Breve historia del aguatinta: de Goya a Picasso (1972) e Técnicas e historia del Grabado Original (1974). Foi membro da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Premio que se creou en 1982 en Pontevedra, organizado por Francisco Fernández de Ana Magán, coa finalidade de potenciar os novos investigadores de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro militar. Proxectou o edificio que ía ser destinado a Arquivo do Reino de Galicia, en Betanzos, nunha liña cargada de sobriedade, rectangularidade e racionalidade. En 1769 o arcebispo Rajoy encomendoulle o proxecto de varias obras no cuartel de Santiago de Compostela, convertido daquela nun hospicio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino que ten a súa orixe no grego ά, a través do latín Miltiades, quizais relacionado co adxectivo miltos ‘rubio’, ‘vermello’, polo que designa á ‘familia de pelo rubio ou vermello’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (? - Roma 314) Papa (311-314). Obtivo de Marco Aurelio Valerio Maxencio a devolución dos templos e demais bens da Igrexa confiscados en 303 e foi testemuña da vitoria de Constantino I sobre Maxencio na Batalla de Ponte Milvio (312). En 313 convocou o Concilio de Letrán contra os donatistas. A súa festividade celébrase o 10 de decembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Arte ou actividade da guerra.

      2. Profesión ou ocupación dos soldados.

      3. Prestación persoal que os soldados dan ao exército. OBS: Tamén se emprega a forma apocopada mili para designar a mesma prestación.

      4. Tropa de guerra, especialmente aquela que ten un grao de militarización inferior ao do exército. Eran grupos locais formados por civís instruídos ocasionalmente, que só se mobilizaban en caso de guerra. A partir do s XVII desenvolvéronse como forzas auxiliares, reservas ou formacións defensivas, complementarias dos exércitos, que entón xa eran permanentes e asalariados en toda Europa. O feito de que as milicias cidadás de París, creadas en 1789, tivesen un papel relevante na Revolución Francesa produciu un fenómeno mimético nas revolucións liberais. En España, a Milicia Nacional foi creada polas Cortes de Cádiz en abril de 1814, mediante Real Decreto, que foi anulado por Fernando VII o 4 de maio de 1814. Restableceuse durante o Trienio Constitucional (1820-1823) e tivo un papel destacado. Coa restauración absolutista disolveuse e ao comezar as Guerras Carlistas renaceu como milicia urbana. Despois da guerra transformouse en forza ao servizo dos progresistas, polo que o moderado Luis González...

      1. Conxunto de persoas que loitan ou están dispostas a loitar por un ideal.

      2. milicias populares

        Forzas compostas por elementos civís armados durante a Guerra Civil Española (1936-1939) que xeralmente dispoñían de asesores militares e que foron organizadas por grupos políticos de esquerdas e polas organizacións sindicais. Os primeiros meses tiveron un papel importante porque permitiron facer fronte á rebelión militar.

      3. milicias provinciais

        Reserva militar que organizou a Real Ordenanza do 31 de xaneiro de 1734 de Filipe V. Formábana 31 rexementos, 42 en 1766, formados por oficiais profesionais, armados polo Estado. En 1835 a milicia provincial foi asimilada pola infantaría.

    1. Conxunto de anxos.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente á milicia.

      2. Membro dunha milicia.

      1. Soldado voluntario do goberno republicano durante a Guerra Civil Española (1936-1939).

      2. Membro dun exército revolucionario, diferente do exército regular do país.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que apareceu en Madrid a partir do 1 de agosto de 1936 e que cesou ao ano seguinte (nº9). Subtitulouse “Órgano del Cuarto Batallón de la Primera Brigada Mixta de Líster” e editouse para aglutinar politicamente o Batallón de Milicias Gallegas. O promotor e principal executor foi Santiago Álvarez. De contido bélico e político, incluíu prosa e poesía de colaboradores como Ramón Cabanillas e Rafael Dieste. Foi un dos tres xornais galegos publicados na zona republicana durante a Guerra Civil Española, xunto con Nova Galicia e Nueva Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO