"Ea" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3634.

  • Calidade de leal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que corresponde á forma feminina dun antigo Leobaldo, derivada do xermánico liut ‘pobo’ e bald ‘valente, ousado’. É un dos nomes antigos que perviven na Galicia rural e que modernamente se reintroduciu na forma Leopoldo e Leopoldina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario de tendencia católica e antiliberal editado en Santiago de Compostela a partir do 7 de maio de 1934. Cesou a súa edición ao redor de agosto do mesmo ano. Subtitulouse “Revista de la Juventud Tradicionalista de Santiago” e imprimiuse nos obradoiros tipográficos de La Comercial. Nos seus artigos manifestouse contrario aos principios democráticos e liberais da República.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada en Pontevedra a partir do 10 de xaneiro de 1895. Cesou a súa edición no mesmo ano. Subtitulouse “Diario tradicionalista de Pontevedra. Órgano del Partido Carlista de la Provincia” e imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Xosé Eiras García. En 1947 apareceu outra publicación co mesmo título de periodicidade bimestral, que manifestaba a mesma liña ideolóxica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de tendencia conservadora editada na Guarda a partir de 1923. Cesou arredor de xullo do mesmo ano. Subtitulouse “Semanario Guardés” e imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Vicente V. Táboas. Ademais dos artigos críticos contra Manuel Portela Valladares, incluíu diversos textos literarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico inglés. Obtivo os Oscar ao mellor filme e á mellor dirección en 1957 e 1962, por The Bridge on the River Kwai e Lawrence of Arabia. Outros dos seus filmes son Brief Encouter, premiado no Festival de Cannes en 1946, Oliver Twist (1947), Doctor Zhivago (1965), Ryan’s Daugther (1980) e A Passage to India (1984).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante gráfica do antropónimo masculino Leandro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que deriva do latín Leander ou Leandrus, adaptación do grego Ëέáíäñïò ‘home do pobo’, composto de ëáόò ou ëçόò ‘multitude’, ‘exército’, ‘pobo’ e ἀ í ή ñ, ES-TRAD;mso-fareast-language:ἀ íäñόò ‘home’, ‘varón’. Presenta a variante Leandre. Levou este nome un santo do s VI, que se celebra o 27 de febreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mozo de Abidos, namorado de Hero, unha bela sacerdotisa de Afrodita. Como Hero vivía na ribeira oposta do Helesponto, en fronte de Abidos, o mozo atravesaba a nado polas noites para estar con ela, guiado por unha lámpada que acendía Hero no alto da torre da súa casa. Pero unha noite de tempestade apagouse a luz e Leandro non puido alcanzar a costa e morreu afogado. Ao día seguinte a corrente deitou o cadáver o pé da torre de Hero, que se suicidou tirándose dela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Leandro Lamas Hermida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arcebispo de Sevilla. Era o máis vello dos seus irmáns, santo Isidoro, san Fulxencio e santa Florentina. Nomeado arcebispo de Sevilla, converteu ao catolicismo a Hermenexildo, fillo do Rei Leovixildo e gobernador da Bética. Exiliouse a Constantinopla onde se enfrontou aos arianos. Á súa volta conseguiu que o Rei Recaredo abxurase do arianismo no III Concilio de Toledo (589) e acadou a unidade relixiosa do Reino Visigodo. Na iconografía viste ornamentos pontificais, co báculo e a mitra, e leva como atributos a pluma e o libro, por ser doutor da Igrexa, e un triángulo, pola súa defensa da Trindade. O Misal Romano de Galicia aínda mantén a antiga data do 13 de novembro, aínda que a reforma do calendario de 1969 trasladou a súa festividade ao 27 de febreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Complicar unha cousa ou un asunto.

    2. Pasar unha ligadura ao redor dunha cousa para asegurala.

      1. Envolver un paquete ou outra cousa sobre si mesma para asegurala.

      2. Envolver o tabaco para facer un cigarro.

    3. Complicarse unha cousa ou un asunto.

    4. Ter unha agarrada entre persoas ou animais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Máquina que produce antiprotóns e que se atopa no CERN de Xenebra. É a única fonte de protóns de baixa enerxía do mundo e produce antiprotóns cunha enerxía de 21 MeV.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Psicólogo e filósofo estadounidense. Exerceu como profesor na Harvard University, de onde foi expulsado en 1963. Defensor do uso do LSD, o movemento hippy tívoo como un dos seus principais referentes. Nos seus libros expuxo as súas ideas de rebelión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma de arrendamento de bens de equipamento a empresas industriais que realizan certas empresas financeiras, especializadas neste tipo de operacións, mediante o pagamento dunhas cotas determinadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de algas pardas, da familia das corinofláceas, que se caracteriza por presentar talos pseudoparenquimáticos. En Galicia está presente a especie L. difformis que é unha masa globosa de cor parda e consistencia xelatinosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Publicou a antoloxía Poètes d’aujourd’hui (1900), Le théâtre de Maurice Boissard (1927), Passe-temps (1929), a novela Le petit ami (1903) e o Journal littéraire (1945-1961).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Crítico literario inglés. Propugnou a dimensión moral na obra literaria. Fundador da revista Scrutiny (1932-1953), a súa obra máis significativa é The Great Tradition (1948), onde traza unha liña da novelística inglesa que vai de Jane Austen a D. H. Lawrence, sen aceptar nesta liña a Ch. Dickens, J. Joyce ou V. Woolf.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de liques, da familia das lecideácecas, que forma cotras sobre cortizas e, principalmente, sobre rochas silíceas, con apotecios carbonosos, planos ou hemisféricos, sen marxe hialina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás lecideáceas.

    2. Lique da familia das lecideáceas.

    3. Familia de liques, da orde das lecanorais, que comprende liques crustáceos con apotecios sen marxe hialina.

    VER O DETALLE DO TERMO