"Est" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2747.

  • MONTES

    Monte situado no SL da parroquia de Liripio (A Estrada). O seu cumio acada os 684 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro situado en Oza dos Ríos. Datado xa en 868, documéntase tamén nos Tombos de Sobrado dos Monxes aínda que sen data.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á institución ou empresa que, sen pertencer á Administración Pública, presenta fins semellantes aos do Estado e opera por delegación deste ou coopera con el.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anomalía da recepción das sensacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á parestesia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nome con que se coñece o pintor que realizou as pinturas murais das igrexas de Santo Estevo de Parga (Guitiriz) e Santo Estevo de Paderne (Castroverde). O seu estilo caracterizouse pola reiteración no tratamento das expresións e pola harmonía dos motivos decorativos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Guitiriz. Construída no s XII en estilo románico, ten nave de planta rectangular e capela maior de planta cadrada. Posteriormente engadíuselle a sancristía e outro corpo no lateral esquerdo. Realizouse en cantaría e ten cuberta de lousa a dúas augas na nave e a catro no presbiterio. No interior destacan as pinturas murais con escenas da Paixón, Anunciación e Cristo en Maxestade e unha ara con inscricións romanas. A fachada é do s XVIII e ten a porta arquitrabada, unha ventá rectangular na parte central e remata nunha espadana de dobre corpo. No ángulo co muro lateral dereito hai un reloxo de sol. No adro consérvanse varios sarcófagos antropomorfos medievais e unha pía bautismal gótica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e tenor. Como pintor destacou como paisaxista. A súa obra caracterizouse por un estilo que se move entre o realismo e o impresionismo, co predominio da representación de temas humanos en actitude de labor e as romarías ou tradicións folclóricas galegas. Sobresaen, así mesmo, as mariñas dominadas pola cor azul escura e as formas e ondulacións, como un espectáculo inspirado na natureza. Destacan Faro Vilán, A Virxen da Barca e Casos na Costa da Morte. Como tenor coñeceu varias óperas de Verdi, Pucini, Donizetti e Arrieta. Participou en recitais e obras de teatro en España e no estranxeiro. Recibiu o Premio Fontainebleau Huellas de Oro de París.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político boliviano. En 1941 fundou o Movimiento Nacional Revolucionario. Gañou as eleccións presidenciais (1951), pero a oposición dereitista fíxoo recorrer a un alzamento popular (1952) que o mantivo no poder ata 1956. Reelixido (1960), foi deposto polos militares e expulsado do país (1964). Permaneceu na oposición durante o goberno de H. Siles Zuazo ata que ocupou de novo a presidencia (1985-1989).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso. Cóengo da catedral de Girona e catedrático do seminario da mesma cidade, a súa obra caracterizouse polo conservadurismo. Escribiu El proceso del integrismo (1886), San Narciso mártir (1886) e Encomio a los mártires de la Independencia de 1808 (1887).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Estadista. Embaixador en EE UU (1945-1946), subsecretario e ministro de Asuntos Exteriores (1948-1957), foi xefe do Liberal Party (1958-1963) e primeiro ministro (1963-1967). Recibiu o Premio Nobel da Paz (1957).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enzima presente nos cítricos que cataliza a eliminación de grupos metoxi da molécula péctica. Tamén se denomina pectin-metil-esterase ou pectase.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pilastra de pouca altura, con base e cornixa, que soporta unha estatua, unha columna, un vaso ou outro motivo decorativo.

    2. Base ou fundamento sobre o que se asegura algo.

    3. Consideración ou estima elevada que se ten a alguén ao que se admira.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se despraza ou anda a pé.

    2. Que se realiza a pé.

    3. Aplícase á estatua que descansa sobre os pés.

    4. Que destaca pola súa sinxeleza ou baixa calidade e porque presenta unhas características vulgares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de deportes que teñen por base correr a pé.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Rubiás dos Mixtos (Calvos de Randín). O seu cumio acada os 1.302 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dolmen situado en Cures (Boiro). Trátase dunha pequena cista de planta rectangular constituída por seis lousas chantadas, cunhas dimensións aproximadas de 2 m de lonxitude, 90 cm de anchura e 90 cm de altura. Consérvanse restos do anel pétreo e da coiraza que a cubrirían.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pedra sobre a que Xacob soñou coa escada que chegaba ao ceo, no Antigo Testamento, e sobre a que verteu aceite ao acordar. Segundo a lenda irlandesa, Xacob levou a pedra a Exipto, onde pasou ás mans de Haythekes, quen a trouxo ao noroeste de Hispania, onde fundou un reino con capital en Brigantium. A pedra serviu de trono aos seus descendentes, sobre a que eran coroados. Simón de Brec levouna a Tara, capital dun dos cinco reinos de Irlanda, poboada por descendentes de galegos, os Scot (escoceses). Tras a unificación de Irlanda por parte de Fergus, a pedra serviu de trono, e logo pasou a Escocia, de onde foi tomada polo inglés Eduardo I do mosteiro de Scone, para asentarse en Westminster, incorporada á cadeira gótica na que se coroan os reis ingleses. Se o rei non é lexítimo, di a lenda que a pedra “berra”. Foi devolta a Escocia en 1996.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gravado rupestre situado no lugar de Fragoselo en Coruxo (Vigo). A rocha de 10,50 m por 4,70 m, presenta unha gran cantidade de combinacións circulares de diferentes tamaños, sucos, cazoletas, coviñas e pegadas zoomorfas. Destaca o gran suco que percorre a rocha en sentido norte a sur, á dereita do que aparece unha gran combinación circular de 124 cm de diámetro. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1975.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Valladolid, Castela e León, situado entre o Eresma e o Cega, ambos os dous afluentes do Douro (3.258 h [2001]). A agricultura e a explotación forestal son a base da súa economía.

    VER O DETALLE DO TERMO