"RC" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2791.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lique fruticuloso, que está recuberto de pruína abrancazada, con apotecios laterais, negros e sobresaíntes. Vive sobre rochas nas costas mediterráneas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista que se publicou no Carballiño a partir do 17 de maio de 1980. Saíron só tres números, o último deles o Día das Letras Galegas de 1982. Subtitulada “Revista comarcal do Carballiño”, foi unha iniciativa da Agrupación Cultural Avatar. De distribución gratuíta, incluíu información cultural e comarcal. Cun carácter nacionalista e reivindicativo, promoveu campañas a prol da normalización lingüística, a defensa do patrimonio da comarca e a popularización da literatura galega.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Jaén, Andalucía, situado ao pé da serra de Calderón e ao N da do Segura, preto do Parque Natural de Cazorla (2.177 h [2001]). A explotación forestal é a fonte principal de riqueza do termo, que se combina con outras actividades do sector primario.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Bebida refrescante que se fai con chufas e améndoas, peladas e machucadas, azucre e auga.
-
-
Fábrica de orchata ou lugar onde se fai orchata.
-
Casa onde venden orchata e bebidas análogas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
orchataría.
-
PERSOEIRO
Filólogo. Doutor en Teoloxía, estudou hebreo, grego, arameo, sirio e árabe. Foi catedrático de Hebreo na Universitat de València (1788-1789) e, posteriormente, nos Estudios Reales de Madrid. Ideou a teoría fonética do triángulo vocálico ou orcheliano segundo a que a vibración do aire se efectúa na gorxa, no padal e nos beizos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas herbáceas, da familia das orquidáceas, que presentan dous tubérculos globosos na base, follas oblongas ou lineais e flores de cor amarela ou rosada dispostas en acios. O tamaño é variable, poden oscilar entre os 30 e 80 cm de altura, florecen entre os meses de abril e xullo e atópanse en prados. En Galicia están presentes as especies O. morio, O. coriophora, O. purpurea (en zonas próximas a León) e O. mascula (na zona L).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Substancia cristalina en forma de pos, que se extrae de diversos liques e que se emprega como colorante e como antiséptico de uso externo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Substancia cristalina incolora e de sabor doce, que funde a 107°C.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de mamíferos cetáceos, da familia dos delfínidos, ao que pertencen a candorca (O. orca), único representante deste xénero.
-
-
Demo da morte e dos infernos, segundo a mitoloxía clásica, que se identifica con Plutón. OBS: Nesta acepción emprégase en maiúscula.
-
Lugar onde, segundo a mitoloxía clásica, andaban as ánimas despois da morte. Identificado co inferno, tamén personifica a morte.
-
Monstro xigante e perverso que, segundo as lendas populares europeas, devoraba homes e nenos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga cidade grega de Beocia, preto de Orkhomeno. Habitada en tempos prehistóricos, na época micénica adquiriu un gran desenvolvemento. A partir dos ss VIII-VII a C, pasou a ocupar o segundo lugar na Liga Beocia, despois de Tebas, ante a que sucumbiu en 368 a C. Na época romana, Sulla derrotou as forzas de Mitridates VI (68 a C).
-
GALICIA
Comarca situada no centro-N da Comunidade Autónoma de Galicia e no centro da provincia da Coruña. Limita ao N coas comarcas de Bergantiños (concello da Laracha), A Coruña (concellos de Culleredo, Carral e Abegondo) e Betanzos (concellos de Cesuras e Curtis), ao L coas de Betanzos (concello de Vilasantar) e Arzúa (concello de Boimorto), ao S coas de Arzúa (concellos de Boimorto, Arzúa e O Pino) e Santiago (concello de Santiago de Compostela) e ao O coas de Santiago (concello de Val do Dubra), Xallas (concello de Santa Comba) e Bergantiños (concellos de Coristanco e Carballo). Abrangue unha superficie de 754,7 km2en que acolle unha poboación de 37.752 h (2001), distribuída entre os concellos de Cerceda (110,9 km2; 5.390 h), Frades (81,7 km2; 3.006 h), Mesía (106,8 km2; 3.296 h), Ordes (157,3 km2; 11.963 h), Oroso (72,1 km2; 5.530 h), Tordoia (124,5 km2; 4.847 h) e Trazo (101,4 km2; 3.720 h). Trátase dunha...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e xurista, fillo de Ecequiel Ordóñez González. Pertenceu ao Partido Conservador, foi ministro de Graza e Xustiza (1921-1922) e de Mariña (1922). Foi deputado polo distrito de Tui durante dez lexislaturas (1903-1923).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e diplomático. Foi director de Relacións Internacionais do Banco de España (1970-1974) e ministro de Asuntos Exteriores (1976-1980), nos gobernos de Adolfo Suárez. Foi secretario xeral do Consello de Europa (1984-1989) e comisario europeo de Relacións Institucionais, Cultura e sector Audiovisual (1995-1999). Escribiu España ante la revisión del concepto clásico de aguas jurisdicionales (1960). Recibiu a Gran Cruz de la Orden Civil de Alfonso X el Sabio (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Organización internacional con sede en Xenebra creada polas negociacións da rolda Uruguay (1986-1994) o 1 de xaneiro de 1995 como sucesora do GATT. O seu obxetivo é prestar axuda aos produtores de bens e servizos, aos exportadores e aos importadores promover as súas actividades e supervisar as políticas comerciais nacionais.
-
GALICIA
Escritora. Coñecida como Maruxa Orxales, foi colaboradora de publicacións como La Estafeta Literaria ou Galicia en Madrid. Introducida no mundo literario por R. Otero Pedrayo, deu recitais poéticos por diversos lugares de España, algúns deles acompañada por Celso E. Ferreiro. A súa obra poética, marcada pola fantasía, a sinxeleza e, sobre todo, a sinceridade, está adornada de ricas metáforas. Da súa produción destacan Te he perdido. Para tí mis palabras (1971), Viviendo en amor (1974), Caminos (1975), Elesmiel (1989), Se apagará esta luz? (1992), Hombres para el milagro (1999) e Vientos de amor (2004). Tamén son importantes os libros de sonetos Iris de paz en mi brumoso cielo e A fonte secreta. Recibiu a Vieira de Ouro (2000) e o Premio de Poesía Rincón Azul.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Filólogo. Realizou estudos universitarios en Cuba e EE UU e doutorouse (1974) en Filosofía na Florida Atlantic University. Especialista e investigador de literatura medieval española e galego-portuguesa, e en lingüística, publicou distintos traballos sobre estes temas (“El romero engañado: una aproximación sintáctica”, “Flutuaciones de los verbos gallegos en “-ar” al comienzo de los lexemas”, “Las formas del verbo galaico-portugués seer según los textos; s. XII y XIII”, “En torno a una polémica: la normalización del gallego” e “Algunas consideraciones sobre las desinencias -an, -ano, -ao, en gallego actual”, entre outros). É membro da The Honor Society of Phi Kappa e da American Association of Teachers of Spanish and Portuguese.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Realizador cinematográfico. En México foi actor, director, produtor, guionista e compositor de bandas sonoras. A súa carreira comezou coa produción Sagrario (1933), onde tamén participou como actor para posteriormente centrarse na dirección en filmes como Madre querida (1935), Siboney (1938), Una mujer de oriente (1946), Secretaria peligrosa (1955), La maldición de mi raza (1964), Historia de un gángster (1968) e El tren de la muerte (1979).
VER O DETALLE DO TERMO