"RM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2589.
-
-
Relativo ou pertencente aos salmoniformes.
-
Peixe da orde dos salmoniformes.
-
Orde de peixes, da clase dos osteíctios, á que pertencen as familias dos salmónidos e dos esócidos.
-
-
PERSOEIRO
Economista e avogado. Catedrático de economía política nas universidades de Santiago de Compostela e Madrid, contribuíu a introducir en España a escola histórica de economía, tanto a vella escola (Wilhelm Roscher) coma a nova (Gustav von Schmoller). Preconizou o intervencionismo do estado, de acordo co socialismo de cátedra. Destaca o seu Tratado elemental de estadística (1982) e El bimetalismo internacional (1884). Foi membro da Real Academia de Ciencias Morales y Políticas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor, irmán de Manuel Salvador Carmona. Colaborou na decoración dos palacios reais de La Granja de San Ildefonso e de Madrid. Da súa produción destaca a Virgen de las Angustias da catedral de Salamanca.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Gravador, irmán de Luis Salvador Carmona. Introduciu o estilo francés en Madrid. Dos seus gravados, dentro da tendencia rococó, destacan os realizados segundo debuxos do pintor Charles de la Traverse.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Organización internacional fundada en Londres en 1878 por William Booth. Baseada nos principios cristiáns e xeraquizada militarmente, as súas actividades orientábanse cara á rehabilitación espiritual e física dos desvalidos. Ten máis de 20.000 centros en todo o mundo.
-
PERSOEIRO
Revolucionario. Participou na Revolución de Setembro de 1868 e na revolta federal e fuxiu a Francia. En 1871 volveu a Cádiz, onde foi alcalde e dirixiu a Insurrección Cantonalista (1873). Encarceado, fuxiu do penal de Vélez de La Gomera en 1873 e non volveu a España ata 1886.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Soria, Castela e León, regado polo río Duero (3.301 h [2001]). A economía baséase na agricultura e na gandaría. No s X foi escenario de varias batallas contra os musulmáns. Conserva as murallas e a ponte sobre o Duero.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actor e director cinematográfico. Comezou no cine afeccionado e en 16 mm a finais da década de 1970, e exerceu a crítica cinematográfica en diversas publicacións e emisoras de radio, como no suplemento “La Esfera” do xornal El Mundo e mais na revista Archipiélago. Así mesmo, foi redactor xefe de La Tarde de Madrid. A súa primeira incursión cinematográfica tivo lugar en 1978 coa curtametraxe La maté porque era mía, á que seguiron outras como La hija del anarquista (1980) ou Canción de cuna (1990). Participou na longametraxe Luz negra (1992), un traballo que tivo boa acollida en festivais como os de Alcalá de Henares e Gijón de 1993. Posteriormente a súa actividade abrangueu outras facetas da industria, como o guión de Retrato de mujer con hombre al fondo (1996) e de diversas reportaxes do programa de TVE Quién sabe dónde?, e en 1997 dirixiu o seu segundo filme, Nena, unha adaptación do relato Y así pasó el amor, de I. Turgueniev, e producida pola empresa coruñesa Xamalú Filme, estreouse...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor panameño. Coñecido como Tristán Solarte. Exerceu o xornalismo de opinión en La Prensa, polo que foi perseguido durante a ditadura. Da súa obra destacan as novelas El guitarrista (1951) e El ahogado (1957), e o poemario Vienen de lejos (2001), cos que conseguiu o Premio Nacional de Literatura Ricardo Miró. No campo do ensaio político publicou Noriega y la decapitación de Hugo Spadafora (2002). É membro da Academia de la Lengua panameña.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiadora. Doutora en Historia (1991) pola Universidade de Santiago Compostela. Publicou La educación ambiental en la E.X.B. e E.E.M.M. (1988), El Bajo Miño en el siglo XV: el espazo y los hombres (1991), Río Tinto, 1888: La cuestión de humos (1993) e El Bajo Miño en el siglo XV. El espazo y los hombres (1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Autor teatral. Escribiu, coa colaboración de U. Charlón Arias, diversas pezas teatrais populares e costumistas inspiradas na ideoloxía das Irmandades da Fala. Da súa produción destaca Mal de moitos (1921), en que critican aos galegos que deixan de empregar a súa lingua; Trato a cegas (1921), de carácter picaresco; Axúdate (1922) e O menciñeiro (1922); estas dúas últimas foron moi representadas pola Escola Dramática Galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico. Catedrático de Histoloxía e Embrioloxía da facultade de Medicina da Universidad de la Laguna, investigou sobre neuropatoloxía, neurihistoloxía ou citoloxía en condicións normais ou patolóxicas. Dirixiu a sección de histoloxía da revista Morfología Normal y Patológica da Universidad de la Laguna e publicou numerosos traballos como Histología de la piel y sus anexos (1976), Neurohistoloxía (1976) ou Anatomía patológica (1977).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Lugar e capital do concello de Santa Comba situado na parroquia homónima.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forza de policía e tribunal existente en Castela (1476-1498). Froito da transformación das irmandades das cidades castelás nunha institución centralizada, creada polos Reis Católicos nas cortes de Madrigal (1476), encargouse de vixiar os camiños e o campo.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Salamanca, Castela e León, situado ao SL da cidade de Salamanca e delimitado polo río Tormes (12.090 h [2001]). A base da súa economía é a agricultura.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor. Foi mestre de capela da catedral de Lugo en 1731. Escribiu Carta de grazas a D. Roque de Lázaro y Santistevan (1719) e Respuesta dada al Defensorio Músico de Luis Cirilo González (1730).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten sementes carnosas.
-
-
Relativo ou pertencente aos sármatas.
-
Individuo do pobo sármata.
-
Pobo iránico que procedía de Caucasia e da actual Ucraína e que se estableceu entre o Vístula e o Volga. Coñecidos por Herodoto e Ptolomeo, na época postalexandrina anularon aos escitas (200 a C). Ocuparon as terras do alto e medio Danubio e foron dominados polos godos (ss III-IV). Divídense xeograficamente en tribos de diversas características étnicas: estonianos, eslavos e xermánicos. Xunto cos godos e os hunos, baixo Radagais, entraron en Italia (405).
-
-
-
Relativo ou pertencente á provincia sarmática.
-
Provincia da rexión bioxeográfica eurosiberiana, que ocupa gran parte de Rusia, ata os Urais.
-