"Aïr" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 288.

  • PERSOEIRO

    Compositor. Formouse en Xapón e en Praga con Čerepnin. Foi presidente da sección xaponesa da Sociedade Internacional de Música Contemporánea (1956-1960). Nas súas composicións, das que destacan Canto de amor (1954), para soprano; U-mai (1959) e Bugaku (1962), para orquestra; e Rapsodia sobre un tema gagaku (1983), para orquestra de cámara, conxugou a tradición xaponesa coa técnica serial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Castro Caldelas baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado entre as parroquias de Armariz (Xunqueira de Ambía) e Cantoña (Baños de Molgas). O seu cumio acada os 683 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia das Chás (Oímbra). O seu cumio acada os 653 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa de construcións aeronáuticas estadounidense fundada en 1939 en Saint Louis (Missouri) por J. S. McDonnell Jr. Durante a Segunda Guerra Mundial comezou o deseño e a construción de aeronaves de creación propia e posteriormente colaborou coa NASA nos proxectos Xémini e Mercurio. En 1967 absorbeu a Douglas Aircraft Company e formaron a McDonnell-Douglas Aircraft Corporation.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista estadounidense. Autor da primeira análise sobre o ciclo económico, baseada na recollida dun gran número de datos, propugnou a aplicación do método estatístico na análise dos fenómenos económicos. Escribiu Business Cycles (1927) e Measuring of Business Cycles (1946).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na serra de Meira, entre as parroquias de Meira, no concello homónimo, e San Xurxo de Piquín (Ribeira de Piquín). O seu cumio acada os 863 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido de masas francés fundado o 26 de novembro de 1944, formado por organizacións de tradición socialdemócrata e vinculado ao mundo católico. Obtivo un grande éxito electoral en 1945 e suspendeu oficialmente as súas actividades en 1968.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Gondulfes (Castrelo do Val). O seu cumio acada os 997 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo inaugurado en 2001 con sede en Bos Aires. Proxectado desde 1998 pola fundación Eduardo F. Constantini, concibiuse como unha institución privada sen ánimo de lucro, co obxectivo de coleccionar, preservar, estudar e difundir a arte latinoamericana desde comezos do s XX ata a actualidade. A Colección Constantini esta formada por máis de duascentas obras dos principais artistas latinoamericanos modernos e contemporáneos. Ademais da exposición permanente, organiza exposicións temporais, así como ciclos de cine, obradoiros, debates ou encontros con escritores e artistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade monetaria principal de Nixeria (N). Foi creada en 1973, ao establecerse o sistema monetario de base decimal, en substitución da libra nixeriana (£ N).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital de Kenya e da provincia homónima, situada nun altiplano, a 1.660 m de altitude, ao pé das montañas de Aberdare (2.143.254 h [1999]). Fundouse en 1900 como campamento de base para a construción da liña ferroviaria que unía Uganda con Mombassa, cun aumento demográfico moi importante, pois pasou de 118.976 h en 1948 a superar o medio millón de habitantes en 1970. É un importante centro comercial e administrativo e un núcleo industrial de África oriental. Ten industria metalúrxica, alimentaria, téxtil e de tabaco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Kenya (684 km2; 2.143.254 h [1999]). A capital é Nairobi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Paleontólogo estadounidense. Realizou unha clasificación dos réptiles fósiles e traballos sobre paleontoloxía dos mamíferos, e destacou polos seus estudos xerais sobre a evolución. Das súas obras destaca The Ages of Mammals (1910).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte que está situado no límite das parroquias de Moialde, Soutochao e Berrande (Vilardevós). O seu cumio acada os 903 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estar quieta ou case parada unha embarcación coas vergas convenientemente orientadas para impedir que o vento inche as velas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Manobra que se realiza para deter unha embarcación, con todo o trapo arriba, que consiste en situar algunhas velas á contra, de forma que anulen a acción das demais e regular as escotas e a cana de tal maneira que o buque se manteña practicamente inmóbil. OBS: Emprégase frecuentemente na locución ao pairo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía estadounidense de aviación fundada en 1927 para dar servizo á liña Florida-Cuba, a primeira internacional de EE UU. A partir de 1945 iniciou a diversificación das súas actividades, dedicándose á hostalaría e aos programas espaciais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gran chaira de Europa Central que non supera a cota dos 200 m, situada entre os Alpes Orientais e os Alpes Dináricos ao O e ao S, e os Cárpatos ao N e ao L. Engloba dúas unidades morfolóxicas fundamentais; a conca de Transilvania, en Romanía, formada por extensións chairas ou suavemente onduladas, e o gran Alföld húngaro, prolongado ao S polas rexións do Banato (Serbia e Montenegro e Romanía) e a Vojvodina (Serbia e Montenegro). A agricultura de cereais e a gandaría constitúen as actividades económicas principais.

    VER O DETALLE DO TERMO