"Adá" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2197.

  • Nome procedente do latín amatus, participio pasado do verbo amare ‘amar’, con posible concorrencia da forma árabe ahmad ‘loable’. A festa de santo Amado de Grenoble (s VII), celébrase o 13 de setembro e a de Amada de Asís o 20 de febreiro. A orixe do apelido pode estar nun patronímico sen sufixo ou ben nun alcume que aludiría ao sentimento de amor, simpatía que os demais lle mostraban á persoa a quen se lle aplicaba. Como apelido é bastante frecuente na nosa terra e xa aparece documentado no s XIV: “Fernando Amado” (doc ano [1321], Catálogo de los documentos medievales escritos en pergamino del archivo de la Catedral de Mondoñedo 871-1492 de E. Cal Pardo, p 278).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • De forma amarga.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mestura de cal e area que se coce ou liga para a construción.

    2. Mestura de verzas picadas e fariña ou farelo con auga quente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa petroleira norteamericana fundada en Nova York en 1969 ao se fusionar a Amerada Corporation (creada en 1920) coa Hess Oil. As súas actividades abranguen a produción e o refinado de petróleo e gas natural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político ugandés. Membro do exército colonial británico, consolidou a independencia de Uganda (1962) e foi xefe do exército de terra e de aire (1966-1970). Dirixiu o golpe de estado (1971) que depuxo o Presidente Milton Obote, a quen sucedeu como ditador para asumir cada vez máis poderes. Seguiu unha política afín a Libia e á URSS. Foi proclamado Presidente vitalicio (1976), pero a oposición e o exército de Tanzania derrocárono no 1979. Posteriormente tivo que fuxir ao estranxeiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xuntanza nocturna celebrada nun muíño con motivo dunha festa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista. Foi redactor de El emancipador Gallego (1840), publicación que defendía a liberdade de ensino. Ademais foi alcalde de Santiago de 1865 a 1867. Publicou Curso de Economía política (1840) e unha serie de artigos titulados, “Sobre foros y censos de Galicia”, publicados en El Correo de Lugo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Prolongación do costado dunha embarcación pola parte interior da mesma.

    2. Parte superior de cada lado da embarcación pola parte interior da mesma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Queima da masa de terra amontoada e seca que hai nas leiras para convertela en cinsa e fertilizante para o campo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Maior ou menor cantidade de froitos dunha especie ou conxunto de froitos que produciu a terra nun ano determinado.

    2. Crías dun animal que nacen ao mesmo tempo.

    3. Aquilo que comporta cada ano unha renda, censo, soldo, que se paga por anos.

    4. Período dun ano dun emprego.

    5. Viño dunha colleita determinada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘preñada’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Treito que se percorre camiñando.

    2. Espacio curto de tempo en que sucede ou se realiza algo.

    3. Que anda moito.

    4. Tipo de carriño con rodas empregado para aprenderlle aos meniños os seus primeiros pasos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Treito que se percorre camiñando.

    2. Espacio curto de tempo en que sucede ou se realiza algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Descarga de toda a artillería dunha banda dun navío de guerra.

    2. Represión dura e severa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador económico escocés. É autor de An Historical and Cronological Dedution on Trade and Commerce (‘Unha dedución cronolóxica e histórica do comercio’), que foi empregada dende 1762 polos economistas clásicos ingleses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político brasileiro. Logo de se trasladar a Portugal, converteuse en 1812 en secretario vitalicio da Academia das Ciencias de Lisboa. De volta ao Brasil, Pedro I nomeouno Ministro (1821-1823) e cando abdicou (1831) designouno titor de seu fillo, Pedro II.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Matogueira especialmente mesta que impide ou dificulta o paso.

    2. Terreo poboado de arbustos ou árbores novas.

    3. Persoa dada ás faladurías ou críticas pouco fundamentadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Canal das Antillas que comunica o Atlántico co mar das Antillas, situado entre as illas Anguila e San Martín ao leste e as illas Verges ao oeste.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Pertenceu ao paso entre o Modernismo e o Novecentismo. Estudiou en Barcelona e París. Expuxo en Barcelona en 1900; en Venecia, en 1903 e 1905 (ano en que foi nomeado Mestre da Bienal) e en 1907; en Bos Aires (1910) e en Roma (1911). Tomou parte na exposición do Instituto Carnegie (1924) e na Exposición Internacional de Barcelona (1929). O comezo da súa obra sitúase nunha órbita postimpresionista, pero derivou cara a un preciosismo retórico no que abundaban os temas folclóricos. A partir dos anos vinte dedicouse á paisaxe, especialmente á de Mallorca. Ao morrer, a súa casa de Pollença foi convertida en museo.

    VER O DETALLE DO TERMO