"Alicia" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 418.
-
-
PUBLICACIÓNS
Publicación editada en Santiago de Compostela a partir do 9 de xullo de 1882. Cesou a súa edición ao redor de 1892. Subtitulouse “Revista semanal de Archivos y Bibliotecas, Historia, Arqueología, Heráldica, Literatura, Ciencias y Artes”. Dirixiuna Bernardo Barreiro de Vázquez Varela. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Manuel Mirás Álvarez. Ademais dos contidos que se mencionan no seu subtítulo, engadiu unha sección literaria na que se reproduciron cantigas, poemas e biografías.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fundación sen ánimo de lucro constituída en Santiago de Compostela e declarada de Interese Galego. Os seus obxectivos son promover, incentivar e executar as accións encamiñadas a potenciar e difundir a galeguidade en calquera parte do mundo, en especial nos lugares onde existan comunidades galegas, e realizar accións tendentes a apoiar galegos e os seus descendentes residentes fóra da Comunidade Autónoma. O seu padroado, baixo a presidencia de honra do presidente da Xunta de Galicia, está presidido polo conselleiro de Emigración e Cooperación Exterior e formada por un representante da consellería de Economía e Facenda, de Sanidade e de Asuntos Sociais e un membro da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas. Ademais forman parte do padroado as persoas e/ou entidades que acheguen unha cantidade igual ou superior a 30.000 euros. Conta tamén cunha Asemblea de Colaboradores formada por aquelas persoas e/ou entidades que acheguen unha cantidade igual ou superior aos 3.000 euros.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista mensual editada en Bos Aires a partir de xuño de 1954. Cesou a súa edición en maio de 1959 (nº 37). Dirixida por Luís Seoane, na súa elaboración participaron destacados intelectuais galegos, a maior parte deles exiliados, como D. García Sabell, Ánxel Fole, Xulio Camba, E. Blanco Amor, Florentino Cuevillas, I. Díaz Pardo e R. Otero Pedrayo, entre outros. Trátase dunha das publicacións máis relevantes da prensa galega no exterior na que se incluíron crónicas sobre Galicia, biografías, noticias e reportaxes, xunto cunha sección para textos, poemas e recensións literarias. Atendeu tamén aos autores non galegos que escribiron sobre Galicia e engadiu artigos críticos sobre a realidade teatral e cinematográfica en Arxentina. En moitos dos seus artigos defendeu a República española e o Estatuto de Autonomía de Galicia aprobado en 1936. No apartado gráfico, cómpre subliñar os debuxos de Seoane, Maside, Castelao, Cebreiro, Xohán Ledo, Leopoldo Nóvoa e Curtis, ademais das fotografías de Xosé...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico de tendencia nacionalista editado a partir de 1974. Subtitulouse “Voceiro da Unión do Povo Galego” e estaba dirixido aos emigrantes galegos no exterior. Foi o substituto de Terra e Tempo e Denuncia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Programa radiofónico que comezou a súa emisión o 10 de outubro de 1954 en LS-10-Radio Libertad, de Bos aires. Deixou de emitirse o 18 de abril de 1971. Dirixido polo propio Luís Seoane, máximo responsable da revista homónima, contaba co apoio de Xosé A. Fernández. No programa tiñan cabida as crónicas de feitos galegos en América e servía de canle de comunicación coa Península para coñecer a realidade que se estaba a desenvolver en Galicia. Para estas audicións, Seoane escribiu máis de 850 crónicas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico editado en Bos Aires a partir de 1901.
-
SEMANARIOS
Semanario aparecido en La Habana en 1904. Fundado e dirixido por Eduardo Núñez de Sarmiento, tentou converterse no voceiro das distintas colectividades galegas asentadas en todo o continente.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista da colectividade galega editada en Caracas a partir de xullo de 1967. Dirixida por Celso Emilio Ferreiro, incluíu información sobre Santiago de Compostela e outras cidades galegas, o entroido, os bailes populares e os traxes rexionais de Galicia, referencias históricas aos fundadores da capital venezolana, datos sobre emigración e o desenvolvemento da industria en Galicia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista de carácter literario editada en Ourense a partir de 1889. Fundouna e dirixiuna Xoán Neira Cancela.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista mensual aparecida en agosto de 1929 en Barcelona. Subtitulouse “Órgano del Centro Gallego de Barcelona y portavoz de la colonia gallega de Cataluña”. Trátase dunha publicación de carácter societario que, ademais de información xeral sobre a comunidade galega, reproduce poemas e contos de destacados autores galegos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista gratuíta editada na localidade chilena de Valparaíso a partir de 1930. Subtitulouse “Órgano de la Agrupación Gallega de Valparaíso”. Incluíu artigos sobre as relacións entre os países hispanoamericanos, en defensa da Universidade de Santiago de Compostela, e información de carácter societario e sobre Galicia en xeral. Ademais, acompañouse de textos literarios e algunhas cantigas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Programa radiofónico que comezou a súa emisión o 15 de marzo de 1958 en Bos Aires. Dirixida polo xornalista Andrés Rodríguez Barbeito, estaba patrocinada polo industrial Xosé Ramallo.
-
SEMANARIOS
Semanario de información xeral editado en Vigo dende 1993. Dirixida por Francisco Gómez-Soto, conta con correspondentes na maioría dos países europeos e americanos onde residen os emigrantes galegos. Inclúe ademais achegas literarias e conta coa colaboración de destacados escritores e intelectuais de Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Programa radiofónico semanal emitido por LU-4 Radio Patagonia dende Comodoro Ribadavia, en Arxentina. Dirixido e presentado por Manuel A. Rei flórez, tentaba servir como difusor da cultura galega en América. En ocasións, conectaba coa Radio Galega e ofrecía información directa de Galicia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista trimestral aparecida en París a partir de xuño de 1959. Cesou en breve tempo. Editada pola Casa de Galicia da capital francesa, trátase dunha das primeiras publicacións galegas creadas en Francia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico político editado a partir de decembro de 1974. Subtitulouse “Voceiro da organización galega do Movimento Comunista de España”. A partir de febreiro de 1976 (nº 13) modificou o seu subtítulo polo de “Voceiro do Comité Nacional do Movemento Comunista de Galicia”. Inicialmente tivo que distribuírse de forma clandestina.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación editada en Madrid a partir de xaneiro de 1932. Cesou a súa edición en abril de 1936 (nº 42). Dirixida por Xosé Manuel Poyán, incluíu inicialmente noticias e crónicas de actualidade. Dende 1933, ademais dos contidos anteriores, inseriu diversas achegas de literatura galega (contos, poemas, relatos curtos, recensións, etc), cunha especial preocupación polas formas populares, tal e como se reflectía nas seccións “Adiviñanzas” e “Sabiduría popular”.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación editada en Madrid dende abril de 1982 polo Grupo Cultural Galicia en Madrid (Grugalma). Cesou a súa edición en novembro do mesmo ano. A partir de xullo de 1983 iniciou unha segunda época, dirixida por Mourelle de Lema, presidente do grupo cultural editor. Incluíu diversas investigacións sobre a historia, a cultura e a literatura de Galicia, así como reproducións de relatos, contos e poemas, acompañados de recensións e notas bibliográficas. Na súa elaboración colaboraron os máis destacados escritores e intelectuais galegos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín informativo aparecido a partir de 1957 en Bos Aires. Trátase dunha publicación societaria editada polo Centro Galego de Mar del Plata e dirixida en diferentes épocas por Secundino Bugallo Alonso e Xoán Vázquez García. Incluíu artigos referidos á paisaxe, á arquitectura e á cultura de Galicia, biobliografías de destacados escritores galegos, poesías e textos literarios.