"Alle" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 636.

  • Boletín editado anualmente pola Casa de Galicia de Nova York. O primeiro número apareceu en decembro de 1946 baixo a dirección de Víctor Fernández. Tivo varias denominacións ao longo da súa traxectoria; así, en 1946, chamouse Unidad Gallega: Casa de Galicia; en 1956, Casa de Galicia: Unidad Gallega; e en 1959, Casa Galicia: Unity Gallega of U.S. Aínda que informaba principalmente de actividades desenvolvidas pola sociedade, na súa primeira edición afirmaban ser republicanos e galeguistas, feito que reflicten os   artigos sobre Galicia e os poemas e os contos en galego. Nun comezo dividíase nas seccións: “De intereses”, “De restaurant y bar”, “De propaganda”, “De fiestas”, “De damas”, “De instrución y cultura” e “De protección y auxilio”. En 1954 incluía unha “Sección artística”, ao ano seguinte, “Ayuda mutua” e en 1965, no seu 25 aniversario, incorporaba tres seccións denominadas “Nuestra Historia”, “Segunda sección” e “Actividades Sociales”. Inclúe anuncios comerciais e fotos de sociedade...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Terreo con pedra miúda e area grosa.

    2. Cúmulo de cascallo.

    3. Depósito de cantos orixinado pola acción erosiva das augas torrenciais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acumulación de cascallo.

    2. Terreo de cultivo onde hai moitas pedras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten moito cascallo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya, situado na comarca do Vallès (15.845 h [1996]). A agricultura está en regresión e a gandería destaca pola produción de gando porcino e avícola. A súa principal actividade económica é a industria téxtil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político brasileiro, do estado de Ceará. Foi mariscal e xefe do Estado Maior. Despois do golpe militar que derrocou a João Goulart en marzo de 1964, foi elixido presidente da República, cargo que ocupou ata que en 1967 foi substituído por Costa e Silva. Durante o seu mandato levou a cabo unha forte represión contra a oposición e aprobou unha nova Constitución.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Fundou a Falange Española na cidade de Lugo. Colaborou activamente nos primeiros días da sublevación militar de 1936 e loitou na serra de Guadarrama, onde morreu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que saíu por primeira vez en Montevideo en decembro de 1930. Posteriormente, denominouse Revista del Centro Gallego, Galicia e Centro Gallego de Montevideo. Nesta primeira etapa editou 166 números e tres edicións extraordinarias. Malia que orixinalmente a revista se redactaba en castelán, recolleu nas súas páxinas textos en galego. Nun principio, Constantino Sánchez Mosquera dirixiu a publicación ata que xa nos últimos tres números foi relevado polo xornalista e poeta Xulio Sigüenza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primeiro centro galego creado en América que se fundou o 27 de abril de 1879, presidido polo xornalista Manuel Vázquez Castro, os seus estatutos foron redactados por César Cisneros Luces, propietario do xornal El Gallego e presidente da directiva provincial. Tiña como obxectivo agrupar os galegos residentes en Bos Aires e mellorar as súas condicións de vida; entre os seus propósitos iniciais estaba a creación dunha caixa de aforros, bibliotecas e escolas, e a potenciación do desenvolvemento de actividades culturais. Desaparecido en 1892, volveu reabrirse o 2 de maio de 1907 coa presidencia de Antonio Varela Gómez. Converteuse no centro de referencia para outras institucións e asociacións nacidas en América, como A Terra (1917), a Irmandade Nazionalista Galega (1923), a Sociedade Nazionalista Galega Pondal (1925), a Institución Cultura Galega (1930) e a Organización Nacionalista Republicana Galega (ORGA). Despois da Guerra Civil converteuse nun lugar de refuxio dos políticos e intelectuais...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Foi fundado en novembro de 1879 por un grupo de galegos interesados en unir os orixinarios de Galicia en Cuba co nome de Centro Gallego. Sociedad de Instrución y Recreo. Durante os primeiros vinte anos de existencia puxo en marcha varias seccións: a de instrución, que incluía unha escola, na que ademais da formación xeral había cursos de idiomas para os socios e unha pequena biblioteca cos primeiros libros en galego do Centro; a de recreo, que organizaba bailes e veladas literarias; as de lírica e filharmonía; e a de saúde, que daba servicios sanitarios aos socios. A independencia de Cuba provocou unha serie de melloras, como a compra dos terreos nos que se construíu o novo Palacio Social (1915) e a creación, en 1906, a instancias do Centro, da Caja de Ahorros y Banco Gallego. Nestes anos tamén se levou a cabo unha importante reforma dos estatutos da institución, coa creación de novas seccións e a reforma doutras xa existentes. A sección de sanidade creou o seu propio hospital na quinta,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico informativo mensual que publicou o Centro Gallego de Toronto dende xaneiro de 1975. O director, Manuel Janeiro, tiña como colaboradores a Xavier Fernández, Estrella Janeiro e Roberto X. Fernández. Aínda que nun principio só recollía información relativa á institución, co tempo foi incorporando novos temas. Así, inseriu nas súas páxinas novas de Galicia, España ou América Latina artigos de economía, cultura, política, sociedade e deporte; seccións de ocio e anécdotas; e fotos de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Edición especial desta publicación dedicada á colonia galega da cidade de Madrid que só sacou un número, o do 21 de febreiro de 1901. Colaboraron nela diversos escritores que achegaron artigos e poemas en castelán, como Rosalía de Castro, Manuel Murguía, Alfredo Vicenti, Emilia Pardo Bazán, Concepción Arenal, o Marqués de Figueroa, Manuel Portela Valladares, Javier Valcarce Ocampo ou Enrique Labarta Pose. Os autores que publicaron textos poéticos en galego foron Xosé Pérez Ballesteros, Xesús Muruais e Filomena Dato.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Arranxador e compoñedor de diferentes obxectos, especialmente potas e coitelos, que adoita ser ambulante. Emprega unha ferramenta, chamada parafusa, coa que pon remendos e fai buratos, e case sempre vai acompañado dun pregón e dun aturuxo significativo que convida a saír ao seu paso.

      2. Persoa que fai e arranxa fechaduras ou outros obxectos de ferro.

    1. Persoa que anda sucia.

    2. Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz que designa a quen goberna tarteiras e pratos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Local no que se venden ou arranxan pechaduras ou outros obxectos de ferro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase a aquilo que se fai demasiado rápido e sen coidado.

    2. Quen fai mal ou ás presas as cousas.

    3. Quen é moi descoidado co seu aspecto ou moi desordenado.

    4. Quen non di a verdade ou enreda todo.

    5. Quen non é responsable co seu traballo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Competición deportiva estruturada nunha serie de eliminatorias sucesivas que disputan dous rivais de cada vez, e que conclúe cando se proclama vencedor o gañador da derradeira confrontación. Este termo emprégase especialmente en deportes como o tenis, o golf ou a vela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corveta británica de 2.306 toneladas que realizou a primeira grande expedición científica arredor do mundo para a exploración física e biolóxica dos océanos, a “Challanger Deep Sea Exploring Expedition”. Dirixida por sir Charles Wyville Thomson entre o 7 de decembro de 1872 e o 26 de maio de 1876, acadou os 127.600 km (68.890 millas náuticas). Os científicos aceptaban a teoría azoica de E. Forbes, que afirmaba a ausencia de vida no mar a partir dos 500 m de profundidade. Non obstante , en 1859 descubriuse que un cable telegráfico procedente dos fondos do Mediterráneo (2.160 m) levaba animais fixados nel. Iso motivou a exploración dos fondos abisais, co impulso de Wyville Thomson (1830-1882). A Royal Society recomendou ao Goberno británico a organización dunha expedición oceanográfica para estudar polo miúdo a masa oceánica como unidade, co obxectivo de superar os estudios tradicionais sobre a superficie dos mares e atender o crecente interese pola vida nos fondos mariños. A corveta percorreu...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lanzadeira espacial norteamericana que efectuou o seu primeiro voo o 4 de abril de 1983. No seu décimo lanzamento, o 28 de xaneiro de 1986, estoupou pouco despois de despegar dende o Kennedy Space Center. No accidente morreron todos os seus tripulantes. O Challenger foi substituído seis anos máis tarde polo Endeavour.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao animal que leva chocallo.

    2. Que ou quen leva chocallos no entroido como elemento do disfrace.

    3. Que ou quen fai ou di chocalladas.

    4. Que ou quen ten por costume contar todo o que oe sen lle importar as consecuencias.

    5. Que ou quen anda mal vestido e sucio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeógrafo alemán. Introdutor das técnicas cuantitativas, incorporou á xeografía as investigacións do economista von Thünen. Formulou a teoría dos lugares centrais, elaborada a partir dos seus estudios de doutoramento sobre a distribución das cidades meridionais de Alemaña e plasmada na súa obra Die Zentralen Orte in Süddeutschland (Os lugares centrais na Alemaña do Sur, 1933). Despois do seu doutoramento, incorporouse á administración pública e nomeárono presidente dos servicios de ordenación territorial da Alemaña do III Reich. Ao rematar a Segunda Guerra Mundial separárono da función pública ata que o rehabilitaron na década dos sesenta do s XX. Nos seus últimos anos de vida dirixiu o departamento federal de planificación turística da Alemaña Occidental.

    VER O DETALLE DO TERMO