"Anu" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1145.

  • PERSOEIRO

    Licenciado en Filosofía pola Universidade Pontificia de Comillas, en Filosofía e Letras pola Universidad Complutense de Madrid, en Teoloxía pola Universidade de Innsbruk (Austria) e doutor en Filosofía polas universidades de Múnic e Complutense de Madrid. Foi profesor de metáfisica-teodicea na Universidad Pontificia de Comillas de Madrid e de antropoloxía filosófica na Universidad Complutense de Madrid. Colaborador en distintas publicacións (Encrucillada, Grial, Pensamiento, etc), sacou do prelo: El humanismo premarxista de Ludwig Feuerbach (1975), Feuerbach y Kant: dos actitudes antropológicas (1980), A rapa das bestas de Sabucedo: historia e antropoloxía dunha tradición (1992), La vigencia del amor: afectividad, hominización y religiosidad (1994), Xosé Manuel Cabada Vázquez. Obra completa. Poemas e outros escritos (2001), entre outras obras, e participou en volumes colectivos como La vivencia previa del...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico psiquiatra. Estudiou medicina en Santiago de Compostela, onde se licenciou en 1942. Discípulo de Pérez Villamil, foi profesor de medicina legal e de psiquiatría na facultade de Medicina de Santiago de Compostela. No ano 1953 doutorouse na Universidad de Madrid coa tese La Psiquiatría en la medicina popular gallega. En 1959 obtivo a praza de director-médico do Sanatorio Psiquiátrico de Toén, facendo deste centro a escola oficiosa da maioría dos especialistas de Galicia. Enlazou coas correntes da nova psiquiatría que difundiu por Galicia como continuador da obra de Pérez Villamil e converteuse na principal referencia da psiquiatría moderna en Galicia. En 1970 abandonou a docencia universitaria. Entre as súas múltiples iniciativas destacou, a principios dos anos setenta, o seu documento de reforma de hospitais psiquiátricos de Galicia, un primeiro plan para transformar os dispositivos psiquiátricos das deputacións galegas. O seu prestixio internacional levouno a visitar as...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. A súa obra reflicte unha gran preocupación polos temas sociais, á vez que se apoia nunha linguaxe moi elaborada. Publicou as novelas Dos días de setiembre (1962), Ágata ojo de gato (1974), Toda la noche oyeron pasar pájaros (Premio Ateneo de Sevilla, 1981) e En la casa del padre (1988), entre outras; e poemarios como Las adivinaciones (1952), Memorias de poco tiempo (1954), Las horas muertas (1959), Vivir para contarlo (1969), Descrédito del héroe (1977), Selección natural (1983) e Laberinto de fortuna (1984), entre outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Estudiou por libre na Academia de Bellas Artes de San Fernando, en Madrid, e posteriormente no taller de Pancho Cossío. En 1952 trasladouse ao Brasil onde foi axudante de Locateli na Academia Nacional de São Paulo e perfeccionou a súa pintura. Realizou exposicións en varios países sudamericanos como Brasil ou Arxentina. En 1969 participou por primeira vez na Bienal de Pontevedra coa obra Pescadores, expuxo nas seguintes convocatorias e en 1975 recibiu a medalla de bronce por Mariscando. Ten obras no Museo Municipal Quiñones de León de Vigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta prerromántico. A súa primeira poesía publicada foi “Oda a Doña María Josefa Amalia, reyna de España” (1828). Influído por Horacio e Alfieri, escribiu Preludios de mi lira (1833). Publicou ademais o poema Cántico nupcial (1833).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Enxeñeiro agrónomo pola Universidad Politécnica de Madrid, en 1978 fundou a empresa Digrama SL e en 1991 Valdamor SA, na que desempeñou o cargo de secretario e conselleiro-delegado; en 1981 foi nomeado director-xerente da Cooperativa do Ribeiro. Foi conselleiro do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (1989) e presidente da Confederación de Empresarios Ourensáns (1993). Foi elixido deputado por Ourense na candidatura do Partido Popular nas eleccións de 1993, cargo que abandonou para presentarse á alcaldía de Ourense, obxectivo acadado en 1995.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Ingresou en 1758 no convento de San Francisco, en Santiago de Compostela. Continuou coas obras da súa igrexa aplicando no segundo corpo da fachada as modificacións neoclásicas impostas en 1778 pola Real Academia de San Fernando. Realizou a cúpula do cruceiro en 1782, así como a torre das campás en 1787. Atribúeselle o desaparecido retablo de santo Antón, no antigo templo deste convento. En 1783 deseñou o novo trazado da rúa de Santa Clara de Santiago de Compostela e en 1790 a condución de augas da cidade, no tramo comprendido entre as rúas Espírito Santo e San Caetano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bailarín e coreógrafo. Mestre de danza en diversas agrupacións da Coruña, obtivo o I premio individual de baile na romaría de Santa Margarida (A Coruña, 1943), feito que lle abriu as portas do grupo Cántigas da Terra do que foi primeiro bailarín ata 1960. Posteriormente foi bailarín e coreógrafo da Sociedad Cultural Artística Lembranza do Arte e en 1966, da man de Antón Naveira Goday, mestre de baile e coreógrafo da Agrupación Folclórica Aturuxo. Paralelamente, realizou un gran labor de investigación do folclore que orixinou a incorporación ao repertorio de Aturuxo de varias pezas como a Muiñeira de Lañas ou o Fandango muradán, hoxe tradicionais na música galega. O seu libro Debullando folclore, é unha escolma de contos, refráns e bailes populares. Foi autor das estampas costumistas: Suite Gallega, estreada en varias cidades de Europa e América, Romaría galega e Noite de meigallo e esconxuro (baseada nas supersticións da noite de San...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de crustáceos da subclase dos copépodos. En moitas localidades mariñas constitúen os organismos máis abundantes do zooplancton e son probablemente os animais máis abundantes do mundo. Trátase, en consecuencia, do elemento maioritario na dieta de peixes que teñen importancia económica e ecolóxica, tales como a sardiña ou o bacallau e, xunto cos eufásidos, son o alimento principal das baleas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Realizador cinematográfico. Desenvolveu o seu labor profesional como cámara e editor da produtora Iris-Ferrol, e exerceu como profesor de imaxe en diversos obradoiros para rapaces. Entre as súas obras destacan: A Sociedade de Instrución e Recreo de Fene; Fenestra; Evocando a Celso Emilio; 25 de xullo, día da patria galega; A arte románica en Galicia e A arte barroca galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Licenciado en Belas Artes en 1985, realizou a súa primeira exposición en Madrid en 1989. As súas obras amosan unha particular visión da natureza galega. Participou en numerosas mostras colectivas como Alternativas 80. Artistas galegos en Madrid (1985), na Bienal de Albacete (1986 e 1988), na Bienal de Pontevedra (1987) e en Galicia somos Nós (Bos Aires, 1989). En 1991 recibiu o segundo premio do certame de pintura Santa Lucía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Manuel Pérez Camba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Licenciado en Ciencias da Información, comezou colaborando en 1980 no xornal El Correo Gallego e, en 1985, pasou a La Voz de Galicia. Traballou tamén na revista Ría de Arousa, un proxecto editorial que non tivo continuidade. No ano 1985 gañou o Premio Galicia de Xornalismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritora. Publicou a peza teatral Safira (1842) e as novelas El ramillete (1842), Inés (1846) e Horas de convalecencia (1852), mestura de poesía e novela curta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten algunha semellanza na forma coa campá.

    2. Aplícase á linguaxe afectada e pomposa e á persoa que a usa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Herba do xénero Campanula, de follas enteiras e dispostas de forma alterna, flores de cinco pétalos soldados formando un pequeno funil de cor azul ou púrpura, ovario ínfero e froito en cápsula. En Galicia están presentes as especies: C. arvatica, endemismo da Cordilleira Cantábrica que se atopa en puntos calcarios das serras orientais galegas, en fendas de rochedos; C. cantabrica, nas montañas orientais galegas; C. erinus, sobre rochas e valados; C. herminii, endemismo ibérico presente en prados húmidos de montañas do oriente galego; C. lusitanica, en ambientes sombrizos, e C. rapunculus, bienal e con raíces carnosas e comestibles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbáceas da familia das campanuláceas ao que pertencen as campánulas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á familia das campanuláceas.

    2. Herba ou arbusto da familia das campanuláceas.

    3. Familia de herbáceas ou arbustos da orde das campanulais, constituída por unhas 1.200 especies, propias das rexións temperadas do hemisferio norte, especialmente de Europa e do N de África, con algúns representantes no hemisferio sur. Pertencen a esta familia as borlas azuis, as campaíñas e as escurripas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás campanulais.

    2. Planta da orde das campanulais.

    3. Orde de plantas da subclase das astéridas ao que pertencen as familias das campanuláceas e das lobeliáceas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de cnidarios, da orde dos tecados, que viven en colonias ramificadas. Caracterízanse por presentar os pólipos en forma de campá e vivir, ata os 60 m de profundidade, sobre cunchas nas costas atlánticas e mediterráneas.

    VER O DETALLE DO TERMO