"Apo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 488.

  • Parte da carrocería dun automóbil, xeralmente unha lámina metálica situada na parte dianteira deste, con orificios para axudar á ventilación do motor, que pode abrirse ou levantarse para deixar ao descuberto o motor ou o mecanismo, permitindo, así, o acceso aos mesmos. A súa forma inflúe no aerodinamismo do vehículo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fibra natural que recobre as sementes do capoqueiro. Estas fibras son brancas, brillantes e moi flexibles, cunha canle interior chea de aire que as fai crebadizas e moi lixeiras. Empréganse para encher salvavidas, almofadas, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Utrecht (1340) e de Urgell (1348-1351). Ordenado cardeal en 1350 por Clemente VI, en 1356 tentou establecer a paz entre os reis Xoán II de Francia e Eduardo III de Inglaterra, e en 1367 impediulle a Urbano V restablecer a sé pontificia en Roma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Outeiro preto de Nápoles, famoso polo seu palacio, antiga residencia real, comezado en 1738 segundo os planos de G. A. Medrano. En 1739 Carlos III das Dúas Sicilias estableceu unha importante manufactura de porcelana no edificio da garda maggiore. En 1756 trasladouse ao Buen Retiro de Madrid. Reconstruída en 1771 por Fernando IV das Dúas Sicilias, foi destruída en 1806 polas tropas francesas. Desde 1957 o palacio é sede do Museo e da Gallerie Nazionali di Capodimonte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome italiano da cidade eslovena de Koper.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Gaiola de madeira ou doutros materiais onde se gardan os capóns para cebalos e que, habitualmente, se colocaba preto da lareira para que os animais tivesen unha temperatura agradable.

    2. Sitio onde se gardan e crían as galiñas e outras aves de curral.

    3. Persoa que cría e comercia capóns ou galos cebados.

    4. Comunicación que se fai escavando no foso dende a praza fortificada ata o exterior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Evolucionou desde a pintura figurativa, vinculada á Scuola Romana, ata a linguaxe de signos e símbolos. Foi membro, ademais, dun dos fundadores do grupo Origine (1950) e en 1952 integrouse no grupo espacialista de Milán. Entre as súas obras sobresaen Superficies (1952) e Rilievi (1966). Recibiu, entre outros galardóns, o Premio Graziano da Bienal de Venecia de 1954 e unha distinción na Bienal de São Paulo de 1971.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao home ou a calquera animal castrado.

    2. Galo que se castra cando é pequeno e que se ceba para despois comelo. O capón recibe un trato especial para acadar unhas determinadas condicións de engraxamento, sabor e mesmo de cor de pel. Nace no mes de abril e durante sete meses aliméntase con fariña de millo, trigo e centeo, polo que a súa pel e as patas adquiren unha peculiar tonalidade marela. Os últimos 40 días, cando pesa ao redor de tres quilos, métese nunha capoeira temperada e escura, tradicionalmente situada preto da lareira, para que gañe en graxa. Coa man obrígaselle a tragar, cada doce horas, unha pasta feita con auga fervida e millo triturado que pode levar tamén pataca cocida e, ás veces, viño branco ou leite. Nas últimas semanas, antes de sacrificalo mediante unha punción no padal, engádeselle unha copa de coñac. Unha vez escaldado, desplumado e eviscerado, preséntase para a venda coa graxa ou enxunlla fixada sobre o animal con pequenos pauciños de bidueiro e en auga coloreada con azafrán ou centeo. O capón comercialízase,...

    3. Calquera galo.

    4. Eixe do muíño que fai baixar e subir a capa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sacerdote. Doutor en Filosofía e Teoloxía pola Università de Roma, cidade a onde se trasladara como bolseiro en 1903. Posteriormente, regresou a Lugo onde exerceu a docencia no seminario ata o 1917. Destacado orador e investigador de temas históricos, publicou Origen histórico-filosófico del modernismo y su refutación (1912), La mujer gallega en alas del ideal, cantando la religión y la patria (1927), María y Galicia (1947) e Programa de sociología y economía social (1940).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gángster norteamericano. Coñecido por Scarface (‘cara cortada’) e tamén por Al Capone, dirixiu unha das máis importantes organizacións clandestinas da época dedicadas ao tráfico de bebidas alcólicas, ao xogo e á prostitución. Emigrado de Italia en 1919, instalouse en Chicago onde se asociou con John Torrio. En 1931 condenárono por fraude fiscal e estivo no cárcere ata 1939. A súa biografía inspirou numerosas películas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Árbore duns 30 m de altura e de pólas moi desenvolvidas, estendida por todas as zonas intertropicais, aínda que é orixinaria de América. Do seu froito obtense o capoc e das súas sementes extráese un aceite que ten aplicación na fabricación de xabóns e na alimentación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Quen dirixe e manda un determinado grupo de persoas.

    2. Ovella guía do rabaño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta italiano. Iniciou un tipo de sátira, na que, partindo da mitoloxía, aludía aos costumes da época. Entre as súas obras destacan: Viaggio di Parnaso (1582), Rime piacevoli (1582) e Vita de Mecenate (1604).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción militar acontecida entre outubro e novembro de 1917 na vila fronteiriza de Caporetto (actual Kobarid, Eslovenia), na chamada fronte do Isonzo, entre forzas italianas e austríacas durante a Primeira Guerra Mundial. En 1917 as tropas italianas do xeneral Cardona foron derrotadas pola ofensiva austro-alemana de Von Below.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo dos caporos.

    2. Individuo do pobo prerromano dos caporos.

    3. Pobo indíxena (populus) da Gallaecia, situado no convento xurídico lucense, que algúns historiadores latinos situaron entre os supertamaricos e os presamarcos. Outros, entre eles Ptolomeo, localizáronos entre os ártabros e os cilenos, incluíndo no seu territorio as cidades de Lucus Augusti (Lugo) e Iria Flavia. Na actualidade, considérase que o pobo debeu estenderse polo val do Sar, desde Iria Flavia ata Santiago de Compostela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cuberta pregable que teñen algúns automóbiles e carruaxes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Caer un avión chocando coa parte dianteira na terra e dando a volta verticalmente.

    2. Dar media volta de campá un vehículo automóbil quedando co teito a rentes do chan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de capotar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peza de abrigo para cubrir as costas e o peito, con forma de capa que pode ser longa e con mangas, aínda que tamén pode non ter mangas e levar unha abertura en cada lado para sacar os brazos ou cunha soa abertura no centro para meter a cabeza.

    2. Abrigo moi amplo e longo que levan os militares para gorecerse do frío e da chuvia.

    3. Túnica longa, ampla e aberta pola parte de diante que na Baixa Idade Media se puña enriba da outra roupa.

    4. Peza de abrigo feita con palla empregada para gorecerse da choiva.

      1. Peza de tea que usan os toureiros para tourear.

      2. capote de paseo

        Capote adornado con motivos luxosos que usan os toureiros para saír á praza e facer o paseo.

      1. Lance ou marea no que non se pesca nada.

      2. levar capote

        Largar e recoller as redes sen ter pescado nada.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO