"Arce" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 252.

  • Feira de carácter internacional que se celebra anualmente desde 1981 en Barcelona para promover o coñecemento do cómic e que serve como foro para debater a súa situación. Conta coa participación de destacados ilustradores de todo o mundo e desenvolve un Taller de Còmic e unha Comiteca, dirixida aos máis pequenos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz. Coñecida como Dorotea Bárcena, en 1970 creou o grupo teatral Esperpento Teatro Joven, co que organizou unhas xornadas en Vigo, logo trasladouse a Madrid, onde fundou a compañía La Picota e participou no desenvolvemento do Teatro Independiente Español. En 1978 fundou en Santiago de Compostela, xunto a Xulio Lago, Teatro da Mari-Gaila. En 1985, fundou a Compañía de Teatro Dorotea Bárcena, que cambiou logo o seu nome polo de Teatro do Atlántico, onde representou Xoana, de M. Lourenzo. En 1988 escribiu e dirixiu para o Centro Dramático Galego a adaptación dramática de Follas Novas. Nese mesmo ano ocupou durante un breve espazo de tempo a dirección do CDG. Posteriormente fundou Teatro da Lúa. Co Centro Dramático Nacional participou en Martes de Carnaval (1995) e novamente co CDG en Xelmírez ou a groria de Compostela (1999). Autora de varias obras de teatro, da súa produción destaca O Agnus Dei dunha nai (1980). Tamén publicou, na...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Pamplona (905-925), fundador da dinastía Ximena, fillo do magnate vascón García Ximénez e de Dadilda de Pallars. Convertido en líder de todos os vascóns orientais, conseguiu eliminar a dinastía Énnega e ampliou as fronteiras do reino desde Aragón ata   Monjardín (905). Aliado co Rei Ordoño II, derrotou as tropas cordobesas de ‘Abd al-Ra ḥ mān III e ocupou Arnedo e Calahorra (918). Derrotado polos sarracenos en Valdejunquera (920), retomou a conquista de La Rioja, ocupou Nájera e recuperou o castelo de Viguera (923).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Pamplona e conde de Aragón (Sancho I; 970-994), fillo e sucesor de García III de Pamplona e da condesa Andregoto de Aragón. Herdou Pamplona do seu pai e Aragón da súa nai, mentres que o seu medio irmán, Ramiro, recibiu o territorio de Viguera co título de rei, aínda que tivo que recoñecer a súa superior autoridade. Aliado cos casteláns e leones contra os sarracenos, saíu derrotado en San Esteban de Gormaz (975). Fixo construír os mosteiros de San Andrés de Cirueña (972) e de San Millán de Suso. Sucedeuno o seu fillo García III.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arcebispado de Santiago de Compostela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor, fotógrafo e dramaturgo. Coñecido como Kukas, fixo a súa primeira exposición en 1967 e promoveu a creación do grupo FOGA. Deseñador de libros e carteis, alternou a fotografía artística coa dirección escénica de pezas teatrais, centrándose nas representacións da compañía de títeres para adultos que fundou, Os Monicreques de Kukas (1979). Publicou Monicreques (1987), Don Gaiferos (1993) e Unha noite no Pórtico do Paraíso; A culpa foi de Mozart; A rúa das balconadas (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do departamento de Val-d’Oise, Francia (57.871 h [1999]). Suburbio do N de París, no L do bosque de Montmorency, ten industrias farmacéuticas e de plásticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apéndice carnoso no pescozo da cabra e outros animais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Laxe baixo a advocación de san Amedio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Traballou como xornalista en El Sol ata 1929. Exiliado (1938-1974), a súa obra analiza a realidade desde un punto de vista revolucionario. Das súas obras destacan Imán (1930), Madrid-Moscú (1934), Cartas de Moscú sobre el amor (1934), Mister Witt en el cantón (Premio Nacional de Literatura,1935), Crónica del alba (1942, Premio de Novela Ciutat de Barcelona 1967), Los cinco libros de Ariadna (1957), Réquiem por un campesino español (1960, publicada en 1953 co título de Mosén Millán), El bandido adolescente (1965), En la vida de Ignacio Morel (Premio Planeta 1969) e Adela y yo (1978).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo dependente do ministerio de Agricultura, creado en 1953 co nome de Servicio Nacional de Concentración Parcelaria. Mantivo este nome ata 1963. Os seus obxectivos pretenden superar o fraccionamento do campo español. En 1971 integrouse no Instituto de Reforma y Desarrollo Agrícola (IRYDA), substituído en 1996 pola Secretaría General de Desarrollo Rural y Conservación de la Natureza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor e xornalista. Instalado en Vigo, compaxinou o seu labor como xornalista en La Concordia cos seus traballos como actor, a dirección da peza satírica La Ráfaga e a colaboración co cineasta Xosé Gil. Posteriormente foi redactor xefe de La Zarpa en Ourense, redactor dos diarios Galicia e El Pueblo Gallego, e colaborador de Faro de Vigo e Vida Gallega. En 1929 participou na creación da produtora Vicus Films, para a que dirixiu a longametraxe de ficción La tragedia de Xirobio (1930). Vinculouse ao mundo teatral, primeiro na Agrupación Martín Códax de Vigo, logo no Teatro Nacional de la Falange, e, por último, na compañía de Celia Gámez. A partir de 1941 foi redactor de Vértice, en Donostia, de Voluntad, en Gijón, e do diario Córdoba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cultura neolítica (6000-4000 a C) desenvolvida no SL de Europa e nos Balcáns, denominada así pola localidade serbia de Starčevo, ao L de Belgrado. Caracterízase por unha cerámica tosca, por pezas finas monocromas ou polícromas e por unhas figuras femininas corpulentas pero moi estilizadas. Vincúlase coa cultura de Sesklo, en Grecia, e coa de Hacilar, en Asia Menor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor belga. Admirador de Apollinaire, tanto a súa poesía, con obras como Vie poésie (1961), como a súa prosa, con títulos como Échec du Temps (1945), caracterízanse por evidentes audacias formais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apelido de orixe toponímica. Este nome de lugar xa se documenta na Idade Media como valle carceris ‘val encaixado’. O apelido documéntase desde o s XIV: Garcia Rodrigues de Valcarcere (s XIV, Galdo, páx. 254), Joseph Balcarce (ano 1752, Catastro da Coruña, páx. 58), Manuel Balcarcel (ano 1752, Catastro de Santiago, páx. 127), Cathalina Valcarcel (ano 1752, Catastro da Coruña, páx. 121). Presenta as variantes Balcarce e Valcárcel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e xornalista. Colaborador en diversas publicacións periódicas, como Diario de Pontevedra, Galicia Recreativa e El Ideal Gallego, escribiu a novela María, o libro de poemas Flores de espino (1900), o estudo La redención de foros (1907), e os dramas Luchar con el corazón (1884), El gran proyecto (1888), Pontevedra en el siglo XX (1891), Siluetas (1893), Palique (1901), Una noche en el infierno (1906) e Soledad (1908).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Valcarce.

    2. Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de ouro, cinco paus de sinople, recurtados e o pé fixado, como estacas. Outro trae, en campo de goles, cinco paus de ouro, saíntes do bordo superior do escudo e fixados, tocando o bordo inferior da punta. Outro, en campo de ouro, catro paus, dous de goles e dous de sinople, alternando, saíntes do bordo superior do escudo, e fixados tocando o bordo inferior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista. Doutor en Dereito Mercantil, Economía e Estatística, foi secretario do Consello Superior das cámaras de comercio. Foi candidato a Cortes polas Irmandades da Fala (1918). Publicou Poesías (1917), O municipio galego (1917) e Cámaras de comercio, industria y navegación (1962).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador. Doutor en Historia Contemporánea, especializouse na historia política dos anos 1900-1936 e no galeguismo, ademais de temas relacionados cos medios de comunicación galegos e coa obra dos escritores ourensáns. Foi presidente fundador do Clube Cultural Alexandre Bóveda de Ourense. Das súas obras destacan, ademais da súa colaboración en diversos xornais galegos, A prensa en Ourense e a súa provincia. Catalogación e estudo (1987), Ramón Otero Pedrayo, vida, obra e pensamento (1988) con X. R. Quintana, A cidade da xeración Nós (1996); a edición crítica de O libro dos amigos (1997) de R. Otero Pedrayo, Eladio Rodríguez González. Vida e obra (2001) e Xaquín Lorenzo. Vida e obra (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Licenciado en Belas Artes nas especialidades de restauración e pintura (1981), ampliou os seus estudos no campo do deseño gráfico e do deseño de interiores e decoración. Realizou paisaxes, retratos e bodegóns, de carácter realista, e gravados.

    VER O DETALLE DO TERMO