"Asti" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 460.

  • Nome latino scholastĭcus ‘que segue as normas da escola, escolar’, derivado do grego scholē (σχολ ή ) ‘vagar, estudio, escola’. A santa que levaba este nome era a irmá de san Bieito (s VI) e fundou o primeiro mosteiro de monxas bieitas, preto de Montecassino. Na iconografía viste hábito negro con toucas brancas; e leva como atributos xerais, un báculo abacial e un libro da Regra; e como atributos persoais, unha pomba branca sobre un libro (símbolo da súa alma). A súa festividade celébrase o 10 de febreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixiosa. Irmá de san Bieito, fundou e dirixiu un mosteiro feminino en Piumarola, preto do que o seu irmán fundara para homes en Montecassino. A súa festividade celébrase o 10 de febreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. escolástica.

    2. Calidade de escolástico.

    3. Exclusivismo e hermetismo dunha escola, doutrina ou tecnicismo científico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á escolástica.

    2. Que ou quen é seguidor ou membro da escolástica.

    3. Que ou quen é formalista e conservador.

    4. Que ten un estilo arcaico e moi formal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político. Vicerrei de Nova Granada (1740-1748), defendeu Cartagena de Indias do asedio da armada británica (1741), feito que lle valeu o título de marqués da Real Defensa. Tralo seu regreso a España, foi capitán xeneral de Andalucía (1750), director de infantería (1750-1753) e secretario de guerra (1754-1759).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de espástico ou espasmódico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao espasmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao azar.

    2. Proceso que estudia a evolución dun sistema, económico, biolóxico, técnico, cibernético ou doutro tipo, en que a lei de probabilidade é en función do tempo. En rigor, un proceso estocástico é unha familia de variables aleatorias {X t }, en que t varía nun conxunto chamado paramétrico, que pode ser o conxunto dos números naturais no caso de procesos discretos ou un intervalo da recta real no caso de procesos continuos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DINASTIAS

    Dinastía Stuart.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Signo solar que adopta unha forma circular con numerosos raios sinuosos ou en forma de Z. Deu orixe á cruz gammada ou esvástica empregada polo nazis alemáns como símbolo do seu partido ou emblema do III Reich, e que quedaría vinculada ás correntes de extrema dereita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Epifanía de Siria 536 - Antioquía?) Historiador e político grego. Cuestor en Antioquía do emperador bizantino Tiberio II, escribiu unha Historia Eclesiástica, que permite o estudo dos ss VI e VII, e que continúa as historias de Sócrates, Sozómenes e Teodoreto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é resultado da fantasía.

    2. Que destaca polas súas boas calidades.

    3. Aplícase á arte e ao xénero literario ou cinematográfico caracterizado pola súa temática irreal, nacida da fantasía, pola aparición de elementos e personaxes imaxinarios ou extranaturais, ou pola incorporación de técnicas que crean unha atmosfera de irrealidade. Os seus recursos son o desafío das leis da física, a desaparición dos límites entre a vida animal e a humana, e o tratamento dos temas como a morte, as metamorfoses ou os mitos. A arte fantástica manifestouse en diversas épocas: nas representacións do demo da Idade Media, na pintura alemá e flamenga do Renacemento, no manierismo barroco, no romanticismo, no modernismo, no expresionismo e no surrealismo. Na literatura de todas as épocas hai elementos fantásticos, non obstante o cultivo da literatura fantástica propiamente dita deuse a partir do romanticismo. O cine, dende os primeiros tempos, empregou temas literarios, elementos e personaxes fantásticos. Temas moi tratados dende Méliès foron o demo, os vampiros, as pantasmas e os...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sensación de desagrado ou noxo que produce algún alimento ou comida.

    2. Sensación de descontento ou cansazo producida por algunha circunstancia molesta ou pouco interesante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á árbore que ten as pólas en forma de fastixio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Punto culminante de algo que remata en punta.

    2. Frontón ou remate triangular dunha fachada ou pórtico.

    3. Disposición das pólas dunha árbore que se elevan dende un punto común á mesma altura e soben pegadas ao tronco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arte de reproducir obxectos en cortiza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador. Doutor en Historia da Arte, foi catedrático na Escola Universitaria de Maxisterio da Universidade de Santiago de Compostela e dende 2000 profesor de arte na facultade de Xeografía e Historia. As súas investigacións céntranse no estudo da pintura galega dos ss XVIII e XIX e da arquitectura galega contemporánea. Pertenceu ao equipo de investigación “A actividade artística dos mosteiros beneditinos galegos” (2000-2002) e dende 1977 ao Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento. Foi membro da comisión asesora do Parlamento de Galicia para a adquisición de obras de arte (1994-1996) e do consello de redación da revista Adaxe. Colaborou en Arte galega. Estado da cuestion (1990), Gallaecia Fulget: (1495-1995): cinco séculos de historia universitaria (1995), Artistas galegos pintores (ata o romanticismo) (1999) e San Miguel dos Agros (2001). Escribiu Un Siglo de pintura gallega: 1750-1850 (1991) e, con X. M. López Vázquez, Gregorio...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Realizou, entre outras obras, o retablo da capela de Nosa Señora do Camiño (Ribadeo, 1699).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Filamentos que saen dos cabos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Propiedade que teñen algunhas substancias transparentes e isótropas de se converter en birrefrinxentes pola influencia dunha deformación elástica. Pódese observar mediante polarizadores. Descuberta por D. Brewster en 1816, aprovéitase para estudar as tensións mecánicas sufridas por pezas, a partir da análise da fotoelasticidade de modelos feitos en materiais transparentes. Tamén se coñece como birrefrinxencia mecánica.

    VER O DETALLE DO TERMO