"Ava" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 621.

  • Xénero de fungos da familia das clavariáceas que presenta cogomelos con forma de clava de ata 20 cm de longo, de superficie engurrada e cor amarelada. En Galicia está presente a especie C. pistillaris, en bosques caducifolios, comestible e empregada como condimento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pianista norteamericano. Realizou os seus estudios na Juilliard School de Nova York e en 1954 debutou no Carnegie Hall coa orquestra filharmónica desta cidade. En 1958 gañou o Premio Čajkovskij en Moscova.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lectina illada da papilionácea da especie Canavalia ensiformis. É un polímero de 2 ou 4 unidades proteicas de 27.000 daltons cada unha. Nas células animais presenta aglutinación e unha actividade de restauración do patrón normal de crecemento nas células tumorais. Nas células vexetais promove a mitose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo sindical francés fundado en 1895 en Limoges. A súa finalidade era a defensa dos intereses dos asalariados, independentemente da súa ideoloxía. Desde 1906 predominaron as teses revolucionarias e anarcosindicalistas, coa proclamación da independencia con relación aos partidos políticos. En 1921, os anarcosindicalistas e os comunistas abandonaron a CGT e crearon a Confédération Générale du Travail Unitaire (CGTU). A crise dos anos trinta motivou a súa adhesión á Fronte Popular (1935) e a reunificación no seo da CGT (1936). En 1940 disolvérona os alemáns, pero continuou actuando dentro do movemento da Resistencia. Entre 1946 e 1947 os moderados abandonaron a Confederación e durante a IV e V República os comunistas tomaron o control.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • san (1125 -?) Monxe cisterciense, discípulo de san Bernaldo. Cando se dirixía a Terra Santa en peregrinación, naufragou nas costas do sur de Italia e quedou alí facendo vida de anacoreta. Na iconografía viste hábito cisterciense e leva como atributo unha coroa real colocada no chan (como símbolo da súa renuncia a tal dignidade).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liña defensiva construída diante das posicións dun exército invasor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • alor comercial acadado a cambio doutro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ás coordenadas que están determinadas mediante paralelas aos eixes, nun sistema de coordenadas oblicuas.

    2. Aplícase aos tensores de orde superior a 1 nos que as compoñentes se transforman, nun cambio de coordenadas, segundo a matriz inversa do cambio de base.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación turística que se lle aplica desde 1965 ao sector litoral da provincia de Girona. Esténdese desde Blanes ata Begur. O seu nome débese á orografía especialmente abrupta da zona, ocasionada pola Serralada Litoral. Son máis de 200 km de costa nos que alternan grandes acantilados con praias. Goza dunha climatoloxía privilexiada, máis cálida e menos húmida ca a do resto de Catalunya, con 22°C-24°C en agosto, e unha amplitude térmica anual moderada, pero a presenza dos ventos de Levante fan dela, especialmente no outono e no inverno, unha rexión con moito vento. Os núcleos máis desenvolvidos son Tossa, Lloret, Blanes e Begur. A pesca e, sobre todo o turismo, son a base da súa economía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de cravar.

      1. Aplícase á figura heráldica, como o colar ou as ferraduras, que ten os cravos dun esmalte diferente ao do resto da figura.

      2. Aplícase ao casco ou mobles, como a ferradura ou o colar, fornidos de cravos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fabian Avenarius Lloyd.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Introducir un cravo ou outro obxecto aguzado nun corpo ou superficie. Na tradición oral recóllense ditos como: “O que non crava non fura”.

      2. Introducir involuntariamente un obxecto aguzado nalgunha parte do corpo.

    1. Fixar algunha cousa por medio de cravos ou de obxectos similares.

    2. Presionar un corpo contra un obxecto aguzado para que quede introducido nel.

    3. Engastar pedras preciosas nalgún material.

    4. Fixar con insistencia os ollos, a mirada ou a vista en algo ou alguén.

    5. Abusar de alguén cobrándolle en exceso por un produto ou servicio.

      1. Introducirse involuntariamente un obxecto aguzado nun corpo ou nunha superficie.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do estado de Morelos, México (316.782 h [estim 1995]). É o centro dunha importante rexión agrícola. Os principais cultivos son o azucre, os plátanos, o arroz, o millo e o algodón. Tamén destaca a súa industria, sobre todo a de tabaco, cemento, papel e fariña. É un dos principais centros turísticos do país. Foi a capital dos tlahuiques, tributarios dos aztecas. Hernán Cortés conquistouna en 1521, e iniciouse a transformación urbana a partir de 1530. Do seu patrimonio cultural cómpre salientar o xacemento arqueolóxico de Ticomán (600-150 a C), o palacio de Hernán Cortés (s XVI), a catedral (1529) e a capela Abierta de Félix Candela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • olcán situado nos contrafortes dos montes Elbruz. Constitúe o cumio máis elevado de Irán, cunha altitude de 5.604 m.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico francés. En 1850 descubriu a bacteria que causa a enfermidade do carbuncho.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás davaliáceas.

    2. Fento da familia das davaliáceas.

    3. Familia de fentos á que pertence a cabriña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae por armas, en campo de sable, unha cruz de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de fentos da familia das davaliáceas ao que pertence a cabriña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor arxentino. Fundador dunha familia de poetas e cantores, a súa obra encádrase dentro da estética do rexionalismo. Da súa produción destacan: De mi vida y de mi tierra (1914), Salta (1921), El viento blanco (1922), Los casos del zorro (1925), Relatos lugareños (1930) e Cuentos y relatos del norte de Argentina (1946).

    VER O DETALLE DO TERMO