Costa Brava

Costa Brava

Denominación turística que se lle aplica desde 1965 ao sector litoral da provincia de Girona. Esténdese desde Blanes ata Begur. O seu nome débese á orografía especialmente abrupta da zona, ocasionada pola Serralada Litoral. Son máis de 200 km de costa nos que alternan grandes acantilados con praias. Goza dunha climatoloxía privilexiada, máis cálida e menos húmida ca a do resto de Catalunya, con 22°C-24°C en agosto, e unha amplitude térmica anual moderada, pero a presenza dos ventos de Levante fan dela, especialmente no outono e no inverno, unha rexión con moito vento. Os núcleos máis desenvolvidos son Tossa, Lloret, Blanes e Begur. A pesca e, sobre todo o turismo, son a base da súa economía.