"BAL" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1242.
-
PERSOEIRO
Novelista. Comezou a súa carreira literaria como escritor satírico e colaborador da revista Punch. Escribiu The small back room (A pequena habitación de atrás, 1943), sátira crítica contra o funcionariado público, e Mine own executioner (O meu propio verdugo, 1945), unha novela policiaca psicolóxica.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Abertura da altura dunha porta, ou aínda máis alta, practicada na parede dun edificio para iluminar e ventilar o interior. Posto que non ten peitoril, protéxese cunha varanda, situada a ras da parede ou na laxe saínte que moitas veces está colocada diante do balcón. Desde que comezou a ser utilizado, no Renacemento tardío, a importancia acadada polo balcón na arquitectura do Barroco, no s XVII, foi ligada á súa misión de lugar para presenciar espectáculos, especialmente as procesións, que percorrían as rúas, e tamén outras manifestacións cidadás, como as representacións teatrais. Os actuais palcos dos teatros son unha evolución destes balcóns. Estes convertéronse, por outra banda, nas partes principais das fachadas; a miúdo presentaban notables varandas de ferro forxado. Nas grandes solemnidades eran adornados con colgaduras e convertéronse nunha manifestación exterior do lucimento das habitacións das casas. A grande importancia acadada polo balcón na arquitectura burguesa non racionalista...
-
Conxunto de laxe de saínte e varanda que xeralmente se atopa na parte posterior dos balcóns.
-
-
PUNTA
Punta da península do Barbanza, na ría de Muros e Noia, no litoral da parroquia de Noal, ao O da vila e Porto do Son, no concello de Porto do Son.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Produtor cinematográfico. Contribuíu de forma decisiva á renovación do cine inglés a partir de 1926. Descubridor de Hitchcock e fundador de Bryanston Films.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Balcón moi longo de madeira, ferro ou pedra que forma parte das casas, especialmente dos pazos. SIN: corredor, galería, miradoiro, solaina.
-
PERSOEIRO
Bispo metropolitano da sé bracarense e primado de Galicia durante o reinado dos suevos Hermerico e Requila. Estivo ao mando da arquidiócese de Braga polo menos entre os anos 415 e 448, xa que no 415 o presbítero Avito envioulle dende Xerusalén parte das reliquias de santo Estevo que se acababan de descubrir e no 448 presidiu os Concilios celebrados en Braga nos anos 447 e 448. Durante este tempo procurou atraer aos suevos, gañando a súa confianza, ata o punto de que os bracarenses chegaron a considerarse máis felices baixo o dominio xermánico que co anterior romano, segundo nos relata Orosio. Non obstante , tivo serios problemas coas herexías priscilianista e orixenista, fortemente arraigadas na poboación galega, especialmente trala execución en Tréveris (Trier) de Prisciliano. Ante esta situación adoptou unha postura transixente e paternal cos seus fregueses, sendo moito máis partidario da acción pastoral que das enérxicas medidas legais que pretendía levar a cabo o Concilio de Toledo...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe orixinaria de Noia. As súas armas levan, en campo de goles, un caldeiro grande.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Porción de líquido que cabe nun balde.
-
-
de baldar.
-
Quen está imposibilitado para mover os pés ou os brazos. SIN: impedido, tolleito.
-
Que está agotado polo cansazo e non pode facer nada. SIN: cansado, rendido.
-
-
PRAIAS
Praia do litoral atlántico (Carballo), entre a praia de Razo e a praia da Pedra do Sal, nas parroquias de Razo, Lema e Rebordelos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Espacio natural costeiro localizado nas parroquias de Razo, Lema, Rebordelos e Noicela (concello de Carballo), que constitúe un conxunto de hábitats litorais e lacustres, no que destaca unha barra areosa de 5 km de longo que se estende dende a punta de Razo, na parte occidental, ata a praia da Pedra do Sal na oriental. Esta barra areosa protexe dos envites do mar a lagoa e marisma que dan nome ao espazo natural. O peculiar proceso de formación deste complexo litoral, catalogado como punto de interese xeolóxico de Galicia, a súa beleza paisaxística, cualificada como praia natural de valor singular, xunto coa flora e fauna endémica ou excepcional que se refuxia nesta paraxe (como Silene scabriflora subsp. gallaecica e Omphalodes littoralis subsp. gallaecica e a cría de píldora papuda), sitúano entre os espacios máis salientables do país. Ten consideración de Refuxio de caza e de Espacio Natural Protexido e, en 1999, foi declarado provisionalmente como Espacio Natural en Réxime de Protección...
-
-
Dosel de tea preciosa ou de mármore, madeira ou metal, sostido por columnas, suspendido ou apoiado na parede, que cobre un altar, unha imaxe, unha tumba santa ou outro obxecto relixioso. Destaca o baldaquino de bronce de San Pedro do Vaticano, en Roma, realizado por Bernini entre 1624 e 1633. En Galicia este tipo de construcións alcanzou difusión por ser o que acubillaba a tumba do Apóstolo Santiago, tanto durante a época románica (s XII), coma no período tardogótico (1482-1543), cando se imitou o que mandara facer o arcebispo Fonseca I (1476). Esta construción compostelá foi imitada en numerosos baldaquinos pétreos como o de San Salvador de Vilar de Donas. Entre 1658 e 1677 o baldaquino da Catedral de Santiago substituíuse polo actual de estilo Barroco co que se iniciou unha nova serie na que destacan o da Capela do Santo Cristo da Catedral de Ourense (1674-1704), o da Capela da Virxe dos Ollos Grandes da Catedral de Lugo (1734) e o do Mosteiro de San Martiño Pinario de Santiago de Compostela...
-
Tecido de seda, adamascado, labrado, brocado e con incrustacións de pedras preciosas, moi apreciado durante a Idade Media. Producíase en Baldac (Bagdad), cidade da que tomaba a denominación. Era moi empregado para facer doseis e cortinas.
-
-
-
Alterar ou impedir, un accidente ou unha doenza, o uso dalgún membro do corpo. SIN: eivar, toller.
-
Experimentar un enorme cansazo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde a ‘garda civil’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde a ‘garda civil’.
-
-
Recipiente de madeira ferrada, coiro, plástico ou lona, xeralmente de forma cilíndrica, empregado para sacar e transportar líquidos.
-
Calquera recipiente de certo tamaño de utilización similar ao balde.
-
Cantidade de líquido que pode conter un balde.
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Carballeda de Avia baixo a advocación de san Martiño.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga parroquia do concello de Leiro baixo a advocación de san Martiño, integrada dende a década de 1960 na de Santa María de Lamas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
De modo gratuíto, sen obter nada a cambio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
De xeito inútil, sen obter ningún proveito.