"CEI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 262.

  • Persoa que fai pozos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción sobre o río Tambre situada entre as parroquias de Agrón (Ames) e Logrosa (Negreira). Construída no s XIX, trátase dunha ponte de cantaría de tres vans rebaixados. Localízase na estrada de Santiago a Negreira, preto da vella ponte Maceira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Ribas de Sil, no concello homónimo. O seu cumio acada os 560 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen ten preguiza.

    2. Que dá preguiza.

    3. Mamífero da orde dos xenartros, cunha lonxitude desproporcionada das extremidades en relación ao corpo, cabeza de moi pequeno tamaño e un dobre pelame de cor gris, con algas unicelulares incrustadas que lle dan unha cor verdosa para camuflarse. Son animais solitarios que pasan case todo o día durmindo, con movementos moi lentos e que se desprazan colgados polas ramas das árbores. Pertencen aos xéneros Bradypus, con tres dedos nos pés e nas mans, e a cola curta, e Choloepus, con tres dedos nos pés e dous nas mans e sen cola. Os dedos son sindáctilos, con unllas longas e curvadas que empregan para pendurarse das ramas.

    4. Derradeiros reis da dinastía merovinxia que a partir de Teodorico III de Borgoña-Neustria-Austrasia, abandonaron o exercicio do poder en mans dos mordomos de palacio. Os outros reis foron Clodoveo III, Khildeberto III de Neustria-Borgoña, Dagoberto III, Khilperico II, Teodorico IV e Khilderico III, quen foi destronado por Pipino I o Breve en 751.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor e director teatral. Formado no Teatro Experimental Independiente (1970) en Madrid, exerceu como profesor de interpretación e creou o Pequeño Teatro de Magallanes (1971). Realizou diversos traballos no cine e na televisión con coñecidos realizadores, como Mario Camus e Luis Buñuel. En Vilagarcía de Arousa creou a compañía de teatro Ítaca (1979), en que participou como director e escenógrafo de As laranxas máis laranxas de todas as laranxas (1980), de C. Casares; Historia do Zoo (1981), de E. Albee; Amantes (Vencedores e Vencidos) (1982), de B. Friel, e Eclipse total (1984), de Ch. Hampton.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río que nace na parroquia de Lousame e rega as de Tállara (Lousame) e Barro. Desemboca na ría de Muros e Noia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nota ou indicación coa relación dos ingredientes e o xeito de preparar algo, especialmente un alimento.

    2. Procedemento axeitado para facer algo.

    3. Prescrición que fai o médico respecto dos medicamentos que ten de tomar un enfermo e a súa forma de administración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que pode ser receitado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prescribir o médico ao paciente o medicamento que debe tomar, con indicación da dose e do seu uso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Libro ou colección de receitas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Último imperio alemán (1933-1945), que se identifica co nazismo. A designación de Hitler como chanceler o 30 de xaneiro de 1933 significou a transformación do estado de acordo coas doutrinas do nazismo; entre outras, a fin do parlamentarismo, a suspensión de garantías, a atribución ao poder executivo de facultades ilimitadas e a conversión do Partido Nazi en partido único. O novo estado estivo dotado dun poderoso exército e lanzouse á conquista de materias primas e de mercados, o que levou ao estoupido da Segunda Guerra Mundial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Período da historia de Francia que vai desde o 4 de setembro de 1870 ao 10 de xullo de 1940. A consecuencia da derrota francesa na Guerra Franco-prusiana (1870-1871) e da axitación popular que culminou na Comuna de París (1871), caeu o Imperio, e foi promulgada a Constitución de 1875, que precedeu o triunfo electoral dos republicanos. Superada a crise do programa de Georges-Ernest Boulanger e do caso Dreyfus, os radicais accederon ao goberno. Durante este período a expansión colonial recibiu un forte pulo, e Francia participou na Primeira Guerra Mundial (1914-1918). Rematada esta, gobernou a dereita nacionalista e conservadora, pero a crise de 1929 provocou unha radicalización do país, que permitiu o triunfo da Fronte Popular de Léon Blum en 1936. Fracasado este ao non poder superar a crise, foi substituído por unha coalición de radicais e moderados. A política de claudicación adoptada ante o expansionismo de Adolft Hitler (1938) non puido evitar a Segunda Guerra Mundial (1939-1945), que...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do litoral atlántico, situada entre as de Tiñosa e Candieira, na parroquia de Landoi (Cariño).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Colección de romances.

    2. Conxunto de romances da literatura castelá e que constitúe propiamente un xénero exclusivo desta literatura. Provenientes da fragmentación da canción de xesta, os primeiros romances naceron a finais do s XIV, coa decadencia da épica, transmitidos tamén de forma oral. Os máis antigos chámanse vellos ou tradicionais, e os compostos a partir de mediados do s XVI, novos ou artísticos. Ademais da idade heroica castelá, o romanceiro nútrese tamén da épica francesa e, en menor proporción, do ciclo bretón. Nun primeiro momento foron impresos en pregos soltos e recolléronse por primeira vez no Cancionero de romances de Anveres, que está datado contra 1547. Non houbo outras compilacións ata chegar á gran colección do Romancero General (1600).
      A tradición antiga
      Das cinzas dos vellos cantares de xesta naceu, na Castela do s XIV, o romanceiro, xénero poético que chegou, a través do canto con ou sen acompañamento musical, a Catalunya e a Portugal a finais da...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLOTES

    Illote do Mar Cantábrico, situado fronte á parroquia de Cervo, no concello homónimo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor, deseñador e poeta surrealista portugués. Relacionado co grupo Os Surrealistas, participou nas exposicións que este movemento realizou en 1949 e 1950. Caracterízase pola influencia da poética de Bretón ou Dalí (obxectos dotados de cualidades animadas) ademais do primitivismo africano (a imaxinaría africana da morte).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que destaca ou ocupa un lugar privilexiado pola súa calidade ou superioridade.

    VER O DETALLE DO TERMO