"CIO" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4772.
-
SEMANARIOS
Semanario político aparecido en Ferrol no ano 1932 no que se formulaban reivindicacións dos obreiros, propostas de folga e asuntos de interese local.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación socialista local, fundada en Xove en xaneiro de 1934. A constitución da organización socialista de Xove foi produto da iniciativa da Agrupación Socialista de Viveiro, como froito da estratexia de expansión desta polo ámbito parroquial.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que reciben as forzas expedicionarias do Exército Español con base no acuartelamento de Figueirido (Vilaboa). Destacadas dende 1994 no territorio da antiga Iugoslavia como cascos azuis para o desenvolvemento de misións de mantemento da paz, baixo o control das Nacións Unidas (UNPROFOR).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de agudizar ou agudizarse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Editorial española fundada en Madrid no ano 1923 por Manuel Aguilar Núñez. Despois da Guerra Civil Española converteuse nunha das máis importantes en lingua castelá grazas ás coleccións de clásicos universais, nas que se inclúen tanto autores españois coma estranxeiros (Crisol e Obras eternas, etc). Publicou obras de todo tipo de xéneros, como antoloxías de teatro, libros de literatura infantil, unha enciclopedia lingüística, etc. Os atlas elaborados polo seu departamento de cartografía gozan de recoñecemento internacional. Editou tamén unha serie de discos literarios na colección La Palabra. En 1986 pasou a formar parte do grupo editorial Santillana.
-
GALICIA
Militar e escritor. Despois de participar na Guerra de Marrocos foi ascendido a Xeneral. Foi axudante do Rei Afonso XII, gobernador civil en diversas provincias e membro do Consello de Filipinas. En 1896 foi nomeado pola Raíña para exercer de titor do futuro Afonso XIII xunto con José Sanchiz. Ademais do título de conde de Andino, foi designado secretario particular do Rei Afonso XIII. Entre as súas publicacións destacan varios libros de poemas editados en Madrid en 1870 e 1903, artigos na Revista de Marina e unha comedia en verso que non saíu do prelo chamada Naufragar en la orilla.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Área do Alto Pireneo dunha superficie de 10.000 ha, declarada parque nacional no ano 1955. Comprende os vales de Sant Nicolau e Peguera, nos concellos de Espot e Barruera. No parque encóntranse numerosas lagoas e vales, e o cume máis alto é o Paladés (2.982 m). No nivel subalpino domina o bosque de piñeiro negro con matogueira. Tamén hai bosque de abetos e poboacións de bidueiros. En canto á fauna, pódense atopar cabras montesas, pitas do monte, perdices albares e troitas comúns. O plano de uso e xestión do parque foi aprobado no1993.
-
-
Exposición dun medio á acción física ou química do aire. É unha práctica común nas plantas potabilizadoras de auga.
-
-
Exposición á acción química do aire.
-
Impregnación de aire.
-
Saturación dun líquido con aire.
-
-
Acción e efecto de facer penetrar nos poros do solo o aire preciso para a súa fertilidade.
-
-
CAPITAIS
Capital do departamento francés de Córsega do Sur e da rexión da illa de Córsega (58.315 h [1990]). Situada no golfo do seu nome é un importante centro comercial, turístico e administrativo ao S da illa. O seu porto é o principal da illa. Ten unha catedral do s XVI. A cidade antiga, chamada Adiacium, situada a uns 1.500 m da actual, aparece documentada dende o ano 601. A cidade actual foi construída polos xenoveses en 1492. Os franceses ocupárona do 1553 ao 1559 e fortificaron o porto. Volveu ao poder dos franceses en 1768.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cancioneiro da Ajuda.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Formación de aminoalcohois quentando mesturas dun aldehido aromático e dun aminoácido que conteña un grupo amina primario ou secundario.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación musical coruñesa fundada no 1928 por Uxío Rivas Rey. O seu primeiro director foi o mestre Delio Vázquez; constituíu a súa actividade principal a difusión da música de pulso (guitarra) e púa (laúde e bandurria). Dende 1981 o seu presidente é Antonio Gundín Fandiño; Enrique Rodríguez Iglesias xunto con Antonio Gonçalves Soares, son directores da Orquestra Titular e Orquestra Xuvenil “Antonio Gonçalves”, respectivamente; Severiano Estévez Freire é o director do Grupo de Cámara; Jesús Garabato do grupo “Siglo de Oro” e Antonio Pernas Pais do “Cuarteto Galante”, conxuntos integrados por bandurrias primeiras e segundas, laúdes, guitarras e percusión. A maioría dos seus compoñentes actuais formáronse no Conservatorio Profesional de Música da Coruña. O seu repertorio baséase na música clásica galega, española e estranxeira. Participa en festivais a nivel nacional e internacional acadando numerosos premios. Dende hai nove anos organiza o Festival Internacional de Música de Pulso e Púa...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Colección de gravados e debuxos reunidos en Viena polo duque Alberto de Saxonia-Teschen, dende o ano 1767 ata 1822. Consta de máis de 200.000 exemplares.
-
-
Proceso de tornarse branco ou manchado de pintas ou raias brancas.
-
Aparición de manchas claras nas follas por falla de clorofila.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso polo cal os feldespatos de diversas rochas se transforman en albita.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Medida equivalente a seis ferrados.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de alcalinizar ou de alcalinizarse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Na industria petroleira, condensación do isobuteno e de diversos butenos para formar trimetilbuteno e o chamado isooctano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ave fabulosa procedente da mitoloxía grega que aparece representada facendo o niño sobre as augas do mar en calma. Debía o seu nacemento á metamorfose das fillas de Alcioneo. Estaba consagrado a Tetis e considerábase o símbolo de paz. Tense identificado co picapeixe, coa gaivota, co petrel e co cisne.
-
-
A estrela máis brillante das Pléiades η de Tauro ou η Tauri. A súa magnitude é de 3’0 e o tipo espectral é B 8.
-
Unha das sete atlántidas da constelación das Pléiades, filla de Atlas e de Pleiona, violada por Neptuno. Da súa relación con Neptuno naceron tres fillos: Aretusa, Hiperenor e Hirica.
-