"CISC" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 605.
-
PERSOEIRO
Conquistador. Participou na conquista da costa centroamericana do Pacífico xunto con Pedrarias Dávila e liderou desde 1523 unha expedición que conquistou ata as terras do lago Nicaragua, onde fundou as cidades de Granada (1523) e León (1524).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador e avogado. Delegado do Patrimonio Madrid-Castela A Mancha de Renfe, escribiu, entre outras obras, El liberalismo y la iglesia española: historia de una persecución (1989) e Antonio Capmany (1742-1813). Pensamiento, obra histórica, política y jurídica (1993). Foi distinguido co Premio Francisco Elías Tejada da Real Academia de Ciencias Morales y Políticas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político, duque de Alburquerque. Participou nas guerras contra Francia e nas guerras de Flandres. Capitán xeneral de Catalunya, Flandres e das galeras reais, participou no sitio de Barcelona e venceu os franceses en Cambrils (1650). Vicerrei de Nueva España (1653-1660), durante o seu goberno fundou a vila de Alburquerque e os ingleses apoderáronse de Xamaica. Membro do Consello de Estado, exerceu como vicerrei en Sicilia entre (1667-1670).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Obtivo o título de bacharel elemental no instituto de ensino medio de Lugo e logo continuou os seus estudios no colexio dos Escolapios de Monforte na sección de letras do bacharelato universitario, que revalidou na Universidade de Santiago de Compostela. En 1930 comezou a carreira de dereito en Madrid, que continuou en Santiago, cidade á que se trasladou en 1931 e na que tamén estudiou filosofía e letras. Protagonizou un intenso activismo cultural na época republicana e relacionouse, entre outros, con Luís Tobío Fernández, Riccardo Carballo Calero, Antonio Fraguas, Paulino Pedret e Ánxel Casal. Colaborador no Seminario de Estudos Galegos, no Comité de Cooperación Intelectual e nos labores da FUE, foi delegado escolar nas facultades de Dereito e de Filosofía e Letras e representante da Federación de estudiantes na xunta de goberno da Universidade. Dirixiu a revista Universitarios e desempeñou a secretaría de Alento. Acadou a licenciatura en Dereito e exerceu como profesor...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Artista plástico. Coñecido como Ferreira, formouse na Escola de Artes e Oficios da Coruña e despois de xeito autodidacta. Os seus estudios de psicoloxía levárono a indagar sobre o impacto da cor no home e no medio ambiente. Realizou exposicións individuais nas principais cidades galegas e participou en diversas colectivas. Recibiu, entre outros galardóns, o terceiro premio nacional do XVII Certamen de Artes Plásticas do ministerio de Traballo e Asuntos Sociais.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mestre e político. Coñecido co alcume de Pedrosa, residiu en Ferrol onde, en 1890, fundou e dirixiu El Obrero, primeiro semanario socialista de Galicia, ao que substituíron La Voz del Obrero (1894), El Bien del Obrero (publicación que contou na súa xénese coa participación persoal de Pablo Iglesias durante a súa estadía en Ferrol en decembro de 1899) e La Antorcha Social (1902). En febreiro de 1891 fundou e presidiu en Ferrol a primeira agrupación socialista galega, integrada inicialmente por 40 persoas, das que 38 eran traballadores manuais e dúas mestres. Convertido en líder do socialismo ferrolán (na prensa da época fálase del como sucesor de Pablo Iglesias, con quen participou en numerosos mitins, tanto en Ferrol como na Coruña e Santiago de Compostela), acudiu como delegado, en representación das agrupacións de Ferrol e da Coruña, ao Congreso do Partido Socialista celebrado en València en 1892. Representou a candidatura socialista nas eleccións...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. De formación autodidacta, a súa obra caracterízase polos trazos enérxicos, as figuras esquemáticas e o traballo de tintas de cores sobre papel. Traballa con grandes formatos. Das súas exposicións destaca a realizada na Casa da Parra en 1992. Participou, entre outras mostras, na XXI Bienal de Pontevedra, na II Mostra Unión Fenosa (1991) e na Trienal Latina (1992).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Coñecido como Francisco Miguel e de formación autodidacta, participou nos parladoiros da librería da súa propiedade e do café La Peña. Viviu en París, onde ampliou a súa formación artística, e trasladouse a México, onde traballou con David Alfaro Siqueiros e colaborou, entre outras revistas literarias, en Contemporáneos. A súa pintura é de carácter surrealista, e cultivou as naturezas mariñas. Morreu asasinado.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación, formou parte do grupo de teatro Histrión 70 (1973-1974) e, con Manuel Guede Oliva, fundou os grupos de teatro Rúa Viva (1978) e Caritel e abriron a sala de teatro estable Caritel (1981). Con Eva Veiga, levou o recital poético Reconstrución por diversos lugares de Galicia e colaborou en distintos xornais e publicacións especializadas. Da súa produción destacan as novelas O Bosque das antas (Premio Xerais 1988), Tempo de crepúsculo (1993), novela traducida ao sistema braille, Sombras no labirinto (1997), Suso Espada: O misterio do Grial (2002); os poemarios A fonte abagañada (Premio Cidade de Ourense de Poesía 1981), Pabellón habitado (1987), Ara Solis (1996), texto bilingüe en galego e en francés, e Días de cera (1999); os relatos Historias roubadas (1998), Lendas de onte, soños de mañá (2001), No corazón da fraga (2001); as...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Esquiador. Foi o primeiro deportista español en proclamarse campión olímpico, ao gañar a medalla de ouro do slálom nos Xogos Olímpicos de Sapporo 1972.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. En 1976 creou unha plataforma política de carácter socialdemócrata, que abandonou en 1977 para incorporarse á UCD, partido polo que foi elixido deputado por Madrid. Como ministro de Facenda (1977-1979), promoveu a reforma fiscal e, desde a carteira de Xustiza (1980-1981), a aprobación da Lei do Divorcio. En 1981 abandonou a UCD e fundou o Partido de Acción Democrática, que se integrou no PSOE a comezos de 1983. Foi ministro de Asuntos Exteriores (1985-1992).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Filólogo. Graduouse en Filoloxía Románica na Universidade de Santiago de Compostela coa memoria de licenciatura Aprosimación á vida e á fala mariñeiras de Cariño (1974) e doutorouse (1979) coa tese O verbo. Contribución á dialectoloxía galega, a primeira que se presentaba en lingua galega na facultade de filoloxía compostelá. Catedrático de Filoloxía Románica (1992), deu conferencias sobre o galego moderno na University of California Santa Barbara, no University Center de New York e nas Universidades de Heidelberg, Trier e Berlín. Investigador do Instituto da Lingua Galega (ILG) desde 1973, forma parte desde 1974 do proxecto do Atlas Lingüístico Galego e é responsable do Arquivo do Galego Oral do ILG. Participou na recollida do material dos puntos do dominio galego do Atlas Linguarum Europae e do Atlas Lingüístico de España y Portugal, e pertence ao comité galego do Atlas Linguistique Roman. Como membro do ILG participou na redacción das Bases prá unificación das normas lingüísticas do...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Mestre de obras, pai de Clemente A. Fernández Sarela. Documentado dende 1721 e activo en Santiago de Compostela, traballou con Fernando de Casas na capela do Pilar da catedral (1721). Entre outras obras, realizou traballos de taxación das pontes próximas a Santiago; fixo reparacións e recoñecementos en diversos edificios como os cuarteis, a Casa Consistorial e o colexio de Fonseca (1733); e inspeccionou as obras do convento das mercedarias (1738) e a capela da Corticela (1739). Atribúeselle o plano da capela maior dos Anxos (1748).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Estudiou pintura na Escuela de Bellas Artes de San Fernando de Madrid (1943). Na Coruña foi profesor na Escola de Náutica e Máquinas (1948), no Instituto Masculino (1950), na Escola de Comercio e na Escola de Artes e Oficios Artísticos (1957), da que foi director. Membro da Real Academia de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario (1969), foi dende 1980 vogal do padroado do Museo de Belas Artes da Coruña. Presidiu a Asociación de Artistas da Coruña (1952-1953). Realizou numerosas exposicións individuais na Coruña.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sacerdote franciscano. Formado no colexio de Misiones de Santiago de Compostela, foi mestre de novicios e de coristas, reitor e vicario do colexio e definidor da Provincia. Foi o primeiro director da revista El Eco Franciscano, fundada en Santiago de Compostela en 1884, e colaborador do xornal madrileño El Siglo Futuro. Das súas obras destacan La reforma ao sea nueva organización (1891), Un Concilio celebrado en Lugo el año 569: Estudio histórico (1893), Catálogo de las Sagradas Reliquias existentes en el Colegio de los PP Franciscanos de Santiago (1902) e Apuntes históricos relativos al Colegio de PP Misioneros Franciscanos de Santiago desde 1856 a 1896 (1916).
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo escolástico italiano. Comentarista de Aristóteles, foi coñecido por ser o restaurador da tradición tomista coa súa obra Comentario á Summa contra xentiles de Tomé de Aquino.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador. Membro da Real Académia da História e profesor na Universidade de Coimbra. Das súas obras destacan Memoria sepulchral, epitaphio saudoso, esculpido pello sentimento sobre a sepultura da sempre augusta... D. Maria Sophia Isabel de Neuburg, rainha de Portugal (1699) e Noticias chronologicas da Universidade de Coimbra (1728).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político. Licenciado en Dereito e Graduado Social. Foi alcalde do concello do Carballiño. Membro do Consello Nacional do BNG e responsable da Comisión de Emigración, foi elixido deputado por Ourense nas eleccións autonómicas de 2001.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Mestre de cantería. Foi autor, entre outros, dos cruceiros da praza de Forcarei e das igrexas de San Xoán de Cerdedo e San Tomé de Quireza. Traballou nos castelos da Palma e de San Martiño de Ferrol.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político hondureño. Foi presidente da República entre 1841 e 1844 e ministro da Guerra en 1845. Elixido novamente presidente en 1847, renunciou ao cargo. Durante o seu mandato reorganizou o exército e lexislou en materia facendística.
VER O DETALLE DO TERMO