"Cid" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 848.
-
VER O DETALLE DO TERMO
[afrikaans: Kaapstad; ingl: Cape Town] Capital da provincia do Cabo e capital lexislativa da República Sudafricana, á beira do Atlántico, situada no extremo setentrional da península do cabo de Boa Esperanza (854.616 h [1991]), entre o monte Table e a bahía de Table. O crecemento urbano absorbeu as áreas suburbanas circundantes ata constituír unha grande aglomeración urbana (2.350.157 h [1991]). O seu porto é o máis importante de Sudáfrica e a industria está notablemente diversificada. Fundada en 1652 polo neerlandés Jan van Riebeeck, foi obxecto de disputas de ingleses e holandeses. Desde 1795 ata 1802 estivo baixo dominio británico, feito que se fixo definitivo no 1806. O primeiro Parlamento constituíuse en 1854. O desenvolvemento económico chegou coa concesión do primeiro ferrocarril, que unía a cidade con Wellington (1857). No 1909 foi sede da Convención nacional na que se aprobou a Constitución da Confederación da África Meridional Inglesa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cidade do Vaticano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fortaleza con baluartes defensivos dentro dunha cidade, construída no interior ou nos arredores dunha praza e nun lugar estratéxico para poder dominala ou defendela, ou como último refuxio da gornición militar. A súa construción xurdiu no s XVI, como consecuencia do fortalecemento do poder real e do perfeccionamento da artillería, e no s XVII estendeuse de acordo coas teorías do enxeñeiro militar francés Vauban. Destacan as construídas en Metz, Estrasburgo, Jaca, Menorca e Pamplona.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Campamento romano situado á beira da vía 20 que enlazaba Lucus con Brigantium que parece responder a móbiles estratéxicos, como control do paso das mercadorías dende Brigantium cara ao interior. Datado a principios do s II, permaneceu ocupado ata finais do s IV e acolleu unha unidade militar auxiliar con cabalería que procedía do N de África, a Cohors I Celtiberorum. Identificada como campamento romano en 1934 por Ángel del Castillo, García Bellido retomou as escavacións en 1969, que non tiveron continuidade ata 1981, cando o arqueólogo J. M. Caamaño Gesto iniciou un novo período de traballos que proseguiron en 1983 e despois de 1989. O escavado permitiu descubrir un sistema defensivo formado por unha muralla que pechaba un recinto rectangular, coas esquinas redondeadas e as torres proxectadas cara ao interior do campamento, un foxo ao redor e, achegada ao interior da muralla, unha estancia na que apareceu unha ara dedicada a Fortuna. No alto da serra da Corda, que rodea o campamento, existen...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga igrexa parroquial situada en Vilasantar. Trátase dunha capela dependente de San Martiño de Armental. A súa decoración permite datala cara ao 1225 e construíuse nun lugar onde se conservan vestixios romanos. Consta dunha nave, cuberta cun teito de madeira, e unha ábsida rectangular con bóveda de canón apuntada, reforzada por un arco faixón de igual directriz que descansa en dous capiteis-ménsulas, un deles cunha decoración de entrelazados e bólas ornadas con leves incisións. O arco triunfal é apuntado e dobrado, a rosca menor apóiase en dúas semicolumnas de bases áticas e con capiteis decorados. O capitel esquerdo consta dunha orde de follas pegadas á cesta e rematadas en pomas, co contorno resaltado por unha liña de zigzag; na parte superior asoman outras follas que recordan as de crochet, curvadas nos extremos, e que parecen un rostro humano. No capitel meridional combínanse entrelazados adornados con liñas en zigzag, follas nervadas de perfil lobulado nos espacios intermedios,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Apelido que ten a súa orixe nun alcume procedente da voz árabe çid ‘señor’. O alcume comezou a empregarse como prenome, pois así o reflicten as documentacións medievais: “Citi Didaci” (doc ano 904 en M. Lucas Álvarez, El tumbo de San Julián de Samos (siglos VIII-XII), 1986, p 442). Posteriormente, pasaría a apelido: “Juan Cide” (doc ano 1300 en Emilio Duro Peña, El Monasterio de S. Pedro de Rocas y su colección documental, 1972, p 157). Adoita aparecer castelanizado como Cid.
-
-
Relativo ou pertencente aos cídnidos.
-
Percebella da familia dos cídnidos.
-
Familia de percebellas, de cor negra ou acastañada e, as máis das veces, metálica, coas patas espiñentas e antenas de cinco segmentos. Aliméntanse de herbáceas e son típicas de medios con solos areosos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Funda que forma parte do pértego, o pau máis curto do mallo, co que se golpean as espigas.
-
GALICIA
Artista plástico. Iniciou a súa formación na Escola de Artes e Oficios da Coruña e completouna na Escuela de Bellas Artes de Madrid. A temática de visións de interiores de edificios, cargados dun simbolismo onírico, foi unha das súas propostas nos anos noventa que plasmou na serie Museos (1998). Ilustrou El arte medieval hasta el año 1000. Desde el establecimiento de los visigodos a la conformación del románico, de Fernando de Olaguer-Feliú (1989).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Froito da cidreira, semellante ao limón, particularmente apreciado polo aceite esencial que hai na súa codia e que se emprega para a elaboración dun xarope de uso farmacéutico.
-
ariedade de cabaza de tamaño medio e pel lisa e verde con manchas amarelentas ou abrancazadas. A súa carne é xugosa e fibrosa, moi adecuada para a elaboración do cabelo de anxo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Apelido que procede dos fitotopónimos homónimos. A súa orixe está no latín vulgar *citrales ‘lugares de limoeiros’, forma derivada de citrus ‘tipo de limoeiro’. Documéntase no século XV: “Lopo Martins de Çidrãas” (doc ano 1457 en Fernando R. Tato Plaza, Libro de notas de Álvaro Pérez, notario da terra de Rianxo e Postmarcos (1457), 1999, p 1444).
-
GALICIA
Lingüista. Foi profesor da Escola Universitaria de Formación do Profesorado de Lugo (1986-1987) e, desde 1987, profesor de lingua galega na facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Entre 1991 e 1992 realizou unha estadía de investigación no departamento de Lingüística da Universidade de Lisboa. Dende 1984 colabora no estudo de lexicografía e gramática realizado polo Instituto da Lingua Galega. Participou ademais en diferentes proxectos de investigación en lingüística galega, entre os que destacan Gramática histórica da lingua galega (1992-1995), Gramática descritiva da lingua galega (1995-1998) e Sintaxe descritiva da lingua galega (a partir de 1998). Colaborador en diversas revistas e publicacións especializadas, publicou varios artigos sobre lingüística galega, especialmente no eido da sintaxe, entre os que destacan “As construcións pronominais en galego” (1991), “Modelos de lingua e variación sintáctica” (1994), “Marcaxe preposicional...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Participou nos talleres de Arte Kunster Atelier de Colonia. Na súa obra achegouse a estratexias próximas ao medio publicitario no eido técnico, mediante a produción de imaxes cunha información destinada á percepción do espectador. Realizou exposicións individuais e participou en mostras colectivas como Memoria dunha década (Bienal de Arte de Pontevedra, 1992), IV Mostra Unión Fenosa (1994), Art Multiple 98 (Düsseldorf, 1998) e Generación 2000 (2001). Ilustrou A voda do papá de Helena Villar Janeiro (1994). Foi galardoado coa bolsa de Novos Valores da XI Bienal de Pontevedra (1989), o primeiro premio do V Certame de Artes Plásticas de Lugo (1990), o premio Generación 2000. Caja Madrid (2000) e o Premio Arte Emergente-España Nuevo Milenio (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Artista plástico. Licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo (1995), ampliou estudios en Los Angeles. No eido da pintura inclínase pola linguaxe do expresionismo abstracto, do xestualismo e mesmo do minimalismo. Na década dos anos noventa interesouse polas instalacións, como un xeito de analizar o medio urbano e industrial, e polo seu contraste coa natureza e as súas formas. No “Informe sobre el estado actual del trabajo” (1997) explicou o seu interese pola paisaxe urbana. Divide o seu traballo entre o Delfina Arts Studio de Londres e o seu obradoiro de Moaña. Realizou diversas exposicións individuais e participou en mostras colectivas entre as que destaca 30 anos no 2000. Artistas galegos para un cambio de milenio (Santiago de Compostela, 1994), ARCO 95 e 96, e a VIII Fotobienal de Vigo (1998). Entre os premios que recibiu destacan o Certame Arte Xoven de Vigo (1990 e 1991), a bolsa da XII edición de Novos Valores da XII Bienal de Pontevedra (1991), a bolsa dos obradoiros...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
abelleiro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariante do nome Sidro.
-
-
Árbore de 3 a 5 m de altura con follas elípticas, agudas e máis ou menos festonadas, de flores externamente rosadas ou purpúreas, en acios, e froitos moi grandes e oblongos en hesperidio coa pel endurecida, amarela, rugosa e aromática, e de polpa amarga. Orixinaria da India, o seu cultivo é moi antigo.
-
abelleiro.
-
-
-
Apelido de orixe toponímica. O topónimo semella proceder do latín citru ‘tipo de limoeiro’ na súa forma aumentativa citrone; inda que tamén podería vir dun antropotopónimo malia non se atopar nos repertorios onomásticos o nome persoal *citrone.
-
Liñaxe que leva como armas, en campo de azul, cinco cidras de ouro.
-
-
-
Calidade de cilíndrico.
-
Diferencia entre unha peza cilíndrica elaborada e un cilindro perfecto, que se pode presentar baixo diversas formas (conicidade, ovalización, etc).
-
-
-
Relativo ou pertencente aos cimícidos.
-
Insecto da familia dos cimícidos.
-
Familia de percebellas parasitas á que pertence o xénero Cimex.
-