"Das" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 542.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mosteiro de Cascas.
-
PERSOEIRO
Político hindú. Foi membro do Gandhi’s Non-Cooperation Movement (1920-1921) e participou no concello de Bombai (1927-1929). Permaneceu á fronte da secretaría xeral do Congreso Nacional Indio (1931-1934) e foi membro da asemblea constituínte da India (1946-1947 e 1948-1950). Gobernou o estado de Bīhar (1947-1948), foi ministro de Agricultura e Alimentación (1948-1950), gobernador do estado de Assam (1950-1956) e deputado no Parlamento indio (1959-1976).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conflito dinástico que enfrontou as dúas ramas da casa Plantagenet, Lancaster e York pola sucesión ao trono de Inglaterra, entre 1455 e 1485. A primeira das ramas adoptou como emblema unha rosa vermella e a segunda unha rosa branca. Ricardo, duque de York, intentou usurparlle o poder ao Rei Enrique VI, da casa de Lancaster, pero foi vencido en Wakefield (1460), onde morreu. O seu fillo Eduardo conseguiu unha vitoria decisiva en Towton (1461), trala que se fixo coroar rei co nome de Eduardo IV de York (1461-1483). Á morte de Eduardo abriuse un período de rexencia que ocupou o seu irmán Ricardo, quen acabou por usurpar o trono, e foi coroado co nome de Ricardo III (1483). Enrique Tudor, herdeiro dos Lancaster, apoiado polos lexitimistas e por Francia, desembarcou en Gales e derrotou a Ricardo III en Bosworth (22.7.1485). Así, Enrique VII proclamouse rei e comezou a nova dinastía dos Tudor que se consolidou tralo seu casamento con Isabel de York (filla de Eduardo IV).
-
REINOS
Reino formado pola unión dos reinos de Nápoles e Sicilia. Esta unión produciuse en 1442 baixo o reinado de Afonso V de Aragón e disgregouse á súa morte (1458). Tralo Congreso de Viena (1815), volveuse unir baixo o reinado de Fernando I das Dúas Sicilias, da casa de Borbón, e perdurou ata a incorporación ao Reino de Italia en 1860.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Combate entre a escuadra española, dirixida por Antonio de Oquendo, e a holandesa de Tromp, na costa do condado de Kent, o 21 de outubro de 1639. A derrota española supuxo o peche das comunicacións marítimas cos Países Baixos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Combates entre as tropas española e holandesa en 1600, e española e anglofrancesa en 1658, coa derrota dos españois en ambos casos. No primeiro, Mauricio de Nassau venceu o arquiduque Alberto; no segundo, Turena venceu en Dunkerque a Xoán de Austria e a Condé, e invadiu os Países Baixos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Santiago de Loroño (Zas). Pertenceu aos Bermúdez Araujo e Rodríguez de Leis. Ten planta rectangular cun corpo de maior altura, a torre, cuberta a catro augas, e cun menor con cuberta a dúas augas. Pegada á torre sitúase a capela de planta rectangular. Na parte posterior conserva a solaina á que se accede por unha escaleira situada no centro do corpo. Posúe hórreo e pombal.
-
MONTES
Monte da serra do Barbanza que serve de límite ás parroquias (e concellos) de Baroña (Porto do Son) e Cures (Boiro). O seu cumio acada os 628 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Eira.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Ourense. Foi propiedade de Luís de Villamartín e Sarmiento, segundo a inscrición conservada nunha fonte de 1761 que presenta unha imaxe de san Luís. Na súa orixe, tivo planta rectangular e dous pisos, pero a torre que se engadiu á fachada converteuna nun L. Os torreóns tiñan cuberta cupular e remates piramidais. A torre conserva elementos tomados do pazo de Billerma. A fachada principal ten unha solaina á que se accede por un lateral desde o patio. Está amurallado, e no exterior a portada ten arco de medio punto con pedra de armas que alude aos Villamarín e Salgado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo castelo situado nas Encrobas (Cerceda). Pertenceu á Igrexa de Santiago e no s XV o arcebispo López de Mendoza cedeullo a Xoán Becerra do Val de Veiga, quen o doou a Fernán Pérez de Andrade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Levantamento campesiño que tivo lugar entre 1974 e 1977 nas Encrobas (Cerceda), como consecuencia das expropiacións para a explotación das minas de lignitos da parroquia. En 1974, FENOSA constituíu Lignitos de Meirama SA (LIMEISA) e conseguiu do goberno a autorización para a expropiación forzosa das terras agrícolas. Un ano máis tarde, o goberno e FENOSA asinaron a acta pola que esta se comprometía a explotar a mina para alimentar a central térmica de Meirama. Os veciños, liderados polo sacerdote Ramón Valcarce, manifestáronse en agosto de 1976 ante o Goberno Civil da Coruña e en febreiro de 1977 opuxéronse á ocupación das terras, mentres non se lles prometese o traslado da poboación. As cargas da Garda Civil provocaron varios feridos, aínda que levaron a FENOSA á procura dun acordo cos propietarios.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Cerceda. Construída no s XII en estilo románico, reformouna en 1720 un mestre de Santiago de Compostela. Consta dunha soa nave e ábsida rectangular que, orixinariamente, estaba cuberta por unha bóveda de canón apuntada. O arco triunfal é apuntado e apóiase en semicolumnas pegadas. Cóbrese a dúas augas. Da primitiva construción consérvanse as seteiras que se abren nos muros, os contrafortes prismáticos do exterior da ábsida e o rosetón da fachada principal. Nesta destaca tamén a espadana dun só corpo e dous vans, e a cruz que a coroa. A porta norte está formada por un arco semicircular co lintel decorado con catro bastóns e unha cruz.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Enzimas da clase das hidrolases que catalizan a escisión de unións peptídicas en posicións internas da cadea polipeptídica que constitúe a proteína.
-
PERSOEIRO
Rei de Castela e León (1369-1379), conde de Trastámara, fillo ilexítimo de Afonso XI e de Leonor de Guzmán, primeiro monarca da casa de Trastámara. Encabezou unha rebelión nobiliaria contra o seu irmán Pedro I (1352) e, apoiado economicamente por Aragón, Francia e o papa, contratou as Compañías Brancas de Bertrand du Guesclin. Penetrou en Castela e proclamouse rei en Calahorra (1366), pero Pedro I conseguiu a axuda dos ingleses e a loita dinástica converteuse nun episodio da Guerra dos Cen Anos. Derrotou a Pedro I en Montiel (1369), mais a loita contra os seus partidarios prolongouse en Galicia ata 1387, polos apoios locais, entre outros, do arcebispo Xoán García Manrique e de Pedro Fernández de Castro, e os estranxeiros de Fernando I de Portugal e o duque de Lancaster. As recompensas que outorgou aos seus partidarios permitiron o enriquecimiento de, entre outras familias, os Mendoza, Velasco e Manrique, e o ascenso social do grupo dos cabaleiros, representados en Galicia por Fernán Pérez...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
enteroquinase.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dando voltas polo chan.
-
PERSOEIRO
Xeneral e maxistrado grego. Educouse na escola pitagórica. No 379 participou na expulsión dos espartanos da cidadela de Tebas xunto con Pelópidas e derrotaron os espartanos en Leutra (371), mediante o emprego da orde de batalla oblicua. Consolidou a hexemonía de Tebas sobre Esparta na Beocia e invadiu o Peloponeso, onde liberou Mesenia, Arcadia e Argos do dominio espartano. Organizou unha liga de cidades dependentes de Tebas, coas que controlou a Grecia Central. Deixou o mando das accións militares durante algún tempo polas acusacións dos seus inimigos, pero retomou a dirección do exército e marchou ao Peloponeso e destruíu Laconia. Estableceu unha alianza co rei de Persia e creou unha poderosa flota, coa que sublevou as cidades da Segunda Liga Ateniense contra Atenas. Derrotou os atenienses e os espartanos en Mantinea.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo feminino procedente do latín eremīta ‘ermitán’, ‘santuario’, termo, á súa vez, derivado do latín tardío eremus ‘deserto’, que ten a súa orixe no grego ἕ ρημος ‘solitario, deserto’. É o nome dunha advocación mariana. O santuario da Nosa Señora das Ermidas está situado no concello do Bolo, na diocese de Astorga. O seu nome débese a que durante a Idade Media varios ermitáns habitaron en covas e ermidas construídas por eles mesmos nestas montañas. Outro santuario dedicado á Virxe das Ermidas ou Virxe da Fonte Santa localízase no monte das Ermidas (A Lama), na serra do Suído. A súa festividade celébrase o 8 de setembro, agás na Lama, concello do que é patroa, onde se celebra o 5 de agosto.
-