"ECU" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 293.

    1. Acción e efecto de recubrir.

    2. revestimento.

    3. Familia de subconxuntos dun conxunto dado tal que a súa reunión contén o conxunto en cuestión, que ao mesmo tempo se denomina conxunto recuberto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • olver cuñar unha moeda empregando, como cospel, unha peza xa cuñada anteriormente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. olver comer ou beber da mesma comida ou bebida que se acaba de tomar.

    2. Repetir unha acción que se acaba de realizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lugar apartado e de reducidas dimensións dentro doutro maior.

    2. Sitio que serve de escondedoiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sinuosidade ou curva dun río.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • recuperable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode recuperar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de recuperar ou recuperarse.

    2. Movemento de retorno dunha aeronave en voo horizontal, despois de facer un picado.

    3. Movemento automático de retorno á posición de fogo do canón dunha arma de fogo despois de ser disparada.

    4. Conxunto de métodos e procedementos destinados a extraer información referente a un tema determinado, dos datos contidos na memoria, nos sistemas de documentación automatizada.

    5. Etapa do ciclo económico que enlaza a contracción coa expansión ou prosperidade. Despois dunha etapa caracterizada por unha diminución da velocidade de crecemento da renda e, polo tanto, de diminución do investimento, iníciase a fase de recuperación como resultado dun incremento do investimento.

    6. Operación que aproveita a calor dos fornos industriais para quentar aire, gas combustible ou auga.

      1. Aumento da lonxitude dun fío tirado dun tecido ao desenlearse dos outros.

      2. Aumento de peso dunha materia téxtil por absorción da humidade.

    7. Restablecemento da función dun órgano lesionado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen recupera.

      1. Dispositivo que permite recuperar unha cousa ou unha posición.

      2. Mecanismo que absorbe momentaneamente a forza xerada polo retroceso dunha arma de fogo e que a restitúe para que o canón, nas pezas de artillaría, ou a culata móbil, nalgunhas armas de fogo portátiles, volvan á súa posición inicial.

      3. Dispositivo que permite recuperar as augas brancas nas instalacións de fabricación de papel.

      4. Aparato ou instalación que permite a recuperación dunha parte da calor dos gases de combustión dun fogón antes de perderse na atmosfera.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. olver ter algo que se perdera ou deixara.

    2. olver usar ou pór en funcionamento algo que non se utilizaba.

    3. Traballar para compensar o tempo perdido.

    4. Aprobar unha materia que se suspendera.

    5. Efectuar a recuperación de materiais ou de enerxía, para aproveitalos despois de ser empregados.

    6. olver algo á normalidade, despois de pasar por unha situación desfavorable ou negativa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de recursivo.

    2. Principio lingüístico polo que unha unidade pode conter dentro da súa estrutura outra do mesmo tipo ou do tipo superior.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se pode repetir moitas veces mediante a aplicación da mesma regra.

    2. Aplícase ao algoritmo que serve para calcular o valor da función correspondente a un valor arbitral, non negativo, do argumento mediante a fixación previa do valor para un ou máis valor de n (comezando por cero) e a aplicación dunha regra (denominada regra de recursión).

    3. Aplícase ás funcións que se definen por recorrencia, como a función factorial.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de recorrer.

    2. Medio ao que se recorre para solucionar algo.

      1. Demanda, instancia ou reclamación feita a unha autoridade administrativa superior co obxectivo de anular ou reformar un acto dun órgano inferior, que se considera prexudicial aos propios dereitos.

      2. Medio de impugnación que se concede ás partes, en todo tipo de xuízos, para demandar a emenda dunha resolución xudicial ou dun novo exame da causa. Entre os recursos interpostos diante do mesmo órgano que ditou a resolución, denominados recursos non devolutivos, destacan os de esclarecemento, de nulidade, de reforma, de reposición, de rescisión, de responsabilidade, de súplica e de terzaría. Entre os interpostos ante un tribunal superior ou recursos devolutivos, destacan os de apelación, casación e queixa. Se a lei non esixe causas específicas para a súa admisión denomínanse recursos ordinarios, como os de apelación, queixa, súplica e reposición; os recursos extraordinarios son os que esixen motivos taxativos para a súa interposición, como o de casación, e os recursos excepcionais son os que atacan a cousa xulgada que se produce coa sentenza firme como os de revisión e a audiencia ao rebelde.

      3. recurso de alzada

        Recurso xudicial ordinario, en dereito administrativo, que se interpón ante o mesmo órgano ou o seu superior xerárquico que ditou a resolución que é obxecto de impugnación. A súa finalidade é lograr a revisión por motivos de legalidade e a de poñer fin á vía administrativa. Os motivos de impugnación pode ser calquera causa de nulidade ou anulabilidade que está recollido no ordenamento xurídico. Contra a resolución expresa do recurso unicamente se pode interpoñer o recurso extraordinario de revisión.

      4. recurso de amparo

        Recurso xudicial que se interpón cando os dereitos ou liberdades fundamentais recoñecidos polas constitucións non foron respectados polos tribunais ou polas autoridades. O dereito constitucional español recoñece o amparo ordinario e o amparo constitucional. Pode interpoñelo calquera persoa.

      5. recurso de apelación

        Recurso xudicial ordinario e devolutivo, en dereito procesual, para a impugnación de resolucións xudiciais. Preséntaa a parte que non está de acordo coa decisión dun xuíz ou tribunal e interponse ante un xuíz ou tribunal superior, para que este decida de novo sobre o asunto, confirmando a sentenza do tribunal inferior, revogándoo ou substituíndoo, en todo ou en parte.

      6. recurso de casación

        Recurso xudicial extraordinario interposto ante o Tribunal Supremo, ou en certos casos ante os tribunais superiores de xustiza das comunidades autónomas. O seu obxectivo é anular as sentenzas dos tribunais inferiores ou ordinarios no caso de que estas non se axusten á lei, infrinxindo as garantías procesuais fundamentais ou, ás veces, por erro na apreciación das probas por parte dos tribunais de instancia. Este recurso só procede, por regra xeral, contra os autos o sentenzas de carácter definitivo ditadas en última instancia, que poñan fin ao xuízo ou impidan a súa continuación. As sentenzas de casación son constitutivas de xurisprudencia pois non só teñen a finalidade de substituír unha resolución por outra senón tamén a de evitar desviacións das resolucións xudiciais respecto ao dereito.

      7. recurso contencioso-administrativo

        Reclamación que se interpón ante os órganos da xurisdición contecioso-administrativa, despois de esgotar a vía gobernativa, contra os actos e as resolucións ditados pola Administración Pública no exercicio das súas actividades, que vulneran ou lesionan un dereito.

      8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de recurvar ou recurvarse.

    2. Que está dobrado cara a atrás na parte superior.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Volver curvar(se) algo de novo.

    2. Dobrar(se) por un extremo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves, da familia dos recurvirróstridos, ao que pertence a avoceta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos recurvirróstridos.

    2. Ave da familia dos recurvirróstridos.

    3. Familia de aves, da orde dos caradriformes, co peteiro fino, alongado e recurvado, moito máis longo ca a cabeza, coas patas moi longas e tres ou catro dedos unidos entre si, algúns deles cunha membrana e revestidos por escamas. En Galicia danse as especies Himantopus himantopus e Recurvirostra avossetta.

    VER O DETALLE DO TERMO