"EGU" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 415.

  • PERSOEIRO

    Intelectual ilustrado. Funcionario xudicial en Lima, en 1750 foi procesado por malversación en España e encarcerado en 1757. Fuxiu a París e ao seu regreso en 1765 comezou unha nova carreira de funcionario. Foi intendente de Andalucía e superintendente das repoboacións de Sierra Morena (1767), e organizou en Sevilla reformas urbanísticas e un novo sistema educativo. En 1776 foi acusado ante a Inquisición de herexe, ateo e materialista e, ademais, de manter correspondencia con Voltaire e Rousseau. Foi condenado a prisión e inhabilitado para ostentar cargos públicos (1778) e confiscáronselle todos os seus bens. En 1780 fuxiu a Francia, de onde volveu en 1798. Publicou Evangelio en Triunfo o Historia de un filósofo desengañado (1797).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en Bos Aires a partir do 1 de outubro de 1934. Foi o voceiro da Organización Nazonalista Repubricana de Bos Aires. De periodicidade mensual, dirixiuse cara á colectividade da capital arxentina. Dirixido a partir do número 5 por Xosé Barreiro Romero, apoiou o Partido Galeguista, fixo publicidade das súas actividades e serviu como vía para axudas económicas. Amosou a súa solidariedade coas causas catalá e vasca e a súa admiración por Irlanda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización internacional creada en Budapest o 6 de decembro de 1994, herdeira da Conferencia sobre Seguridade e Cooperación en Europa (CSCE). Nela participan 55 países de Europa, Asia e América do Norte, e ten a súa sede en Viena. Os seus obxectivos son o fomento da paz, da seguridade, da xustiza e da cooperación en Europa. A CSCE era unha organización rexional creada co obxectivo de defender a seguridade en Europa e fomentar a cooperación económica, científica, tecnolóxica, cultural e do medio natural entre os países europeos. Naceu en 1972 dunha serie de conferencias que deron lugar á Acta Final de Helsinqui sobre as relacións Leste-Oeste firmada o 1 de agosto de 1975 na Conferencia de Helsinqui. Posteriormente tiveron lugar as conferencias de Belgrado (1977-1978), de Madrid (1980-1983) e de Viena (1986-1989). As áreas de competencia da CSCE incrementáronse coa Carta de París para unha nova Europa (1990), que transformou a CSCE nunha organización consolidada no Acordo de Helsinqui (1992)....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mantemento nun organismo do equilibrio entre a auga e os solutos osmoticamente activos (como o Na+) fronte ás condicións do medio que o rodea. A osmorregulación varía segundo o individuo se encontre no medio terrestre, mariño ou de auga doce. Algúns organismos desenvolveron sistemas para manter o equilibrio osmótico absorbendo ou excretando auga ou sales minerais. Os vertebrados teñen un sistema de reabsorción de auga nos túbulos renais moi eficiente, que está coordinado por hormonas inducidas por osmorreceptores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Zona hipotalámica que se sitúa en ambos os dous lados da liña media e detrás dos núcleos supraópticos, cuxa función é regular a sensación indutora da inxestión de auga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Oratorio composto por J. S. Bach sobre un libreto de F. Henrici, en que se narra a paixón, a crucifixión e a resurrección de Xesús Cristo seguindo o Evanxeo de san Mateo. Estreada en 1729 na igrexa de Santo Tomás de Leipzig, onde Bach era organista, está considerada unha das principais obras da música relixiosa do Barroco. O oratorio, dividido en dúas partes, inclúe arias, recitativos e corais. Despois de quedar practicamente apartado dos círculos musicais, en 1829 F. Mendelssohn encargouse de dirixir unha nova versión previamente reactualizada por el mesmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Coa chegada da Segunda República organizou en Mos o partido Acción Republicana, posteriormente Izquierda Republicana. Alcalde de Mos en 1936, ao comezo da Guerra Civil foi detido e condenado a morte. Logrou saír do cárcere e fuxiu a Portugal desde onde se trasladou a Arxentina. En Bos Aires integrouse no Centro Republicano Español e foi membro do Consello de Galiza. Colaborou en diversos programas radiofónicos como Galicia Emigrante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Doutor en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela, foi catedrático na Universidad de Granada, na Escola de Artes Industriais da Coruña e da Escola de Belas Artes da Coruña. Retratou a burguesía coruñesa, cun estilo realista, minucioso e veraz. Destaca S. M. el rey Alfonso XIII e La caravana. Foi membro de número da Real Academia de Bellas Artes de Nuestra Señora del Rosario e correspondente da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando. Acadou unha mención honorífica na Exposición Nacional de Bellas Artes en 1904.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista. Foi secretario xeral do Consejo de Economía Nacional e manifestou unha posición antiliberal nas súas publicacións sobre a economía española. Escribiu El movimiento de precios en España (1943), Factores del desarrollo económico español (1957) e Renta nacional, inversión y consumo en España (1960).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político fundado en Pontevedra, en decembro de 1931, na VII Asemblea das Irmandades da Fala. Entre os seus membros destacaron Vicente Martínez Risco, Ramón Otero Pedrayo, Ramón Cabanillas Enríquez, Ramón Suárez Picallo e Afonso D. Rodríguez Castelao. Adoptou o sistema democrático e estruturábase en agrupacións de base territorial e comités directivos de forma piramidal. O seu órgano soberano era a asemblea xeral que se encargaba da adopción do programa, da liña política e das decisións importantes. Na súa primeira etapa configurouse como un partido de elite e vangardista. Defendía a autodeterminación política de Galicia e aspiraba a unha federación ibérica, europea e mundial de nacionalidades de base étnica, todo baixo unha pretensión pacifista e antiimperialista. Entre os seus obxectivos tamén se incluían a supresión das deputacións provinciais, o recoñecemento da parroquia como entidade político-administrativa, a igualdade de dereitos políticos para a muller, a reforma agraria...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político xurdido en Santiago de Compostela en 1978. Legalizado en 1979, declarouse continuador da liña programática do Partido Galeguista dos anos trinta e por iso asumiu o seu nome. Elaborou o seu propio anteproxecto de Autonomía de Galicia, participou nas eleccións de 1979, dentro da coalición Unidade Galega, e na redacción do Estatuto dos 16. Durante esta nova etapa loitou pola consecución dun Estatuto de Autonomía semellante ao de Euskadi e Catalunya e asinou o Pacto do Hostal. En 1984 o PG decidiu disolverse e integrarse en Coalición Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político creado en Pontevedra en 2004. Xurdiu no VIII Congreso de Refundación do PG. O seu secretario xeral é Manuel Soto Ferreiro e o presidente Xabier González. No eido político persegue unha reforma estrutural da situación política galega comezando cunha reforma do Estatuto de Autonomía e unha reformulación da Constitución, e propón a desaparición das deputacións provinciais en favor de poderes organizados comarcalmente. No eido económico cualifica a súa política de centro, coa prioridade de crear emprego, e no eido social unha política de progreso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización política que xurdiu dunha escisión de Coalición Galega (CG), integrada polos sectores progresistas e nacionalistas do partido, en xaneiro de 1987, co nome de Partido Nacionalista Galego. Contou cunha militancia integrada de xeito maioritario por clases medias e algúns pequenos empresarios, aos que se engadiron elementos procedentes do Partido Galeguista Nacionalista (PG(N)). Desta fusión xurdiu o Partido Nacionalista Galego-Partido Galeguista (PNG-PG). Despois da moción de censura que derrocou a Gerardo Fernández Albor, constituíuse un goberno tripartito na Xunta de Galicia (1988-1989), en que o PNG-PG acadou a vicepresidencia e a Consellería de Pesca, entre outras. Despois do fracaso nas eleccións de 1989, integrouse no BNG en 1991.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor, editor e micólogo. Coñecido como Patiño o Vello, compaxinou a actividade pictórica coa profesión de libreiro e editor en Vigo. Foi socio fundador da agrupación micolóxica A Zarrota, en Vigo, e da Federación Galega de Micoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Alacant, Comunitat Valenciana, situado nos contrafortes do sistema Prebético externo valenciano (5.945 h [2001]). A industria do moble converteuse na súa principal actividade económica. Os cultivos repártense entre o secaño e o regadío.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Pedra pequena e miúda.

      2. Conxunto desas pedras.

    1. Lugar onde hai moita pedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do estado de Pegu, Myanmar, situada xunto ao río homónimo (150.528 h [1983]). Fundada en 573 co nome de Hamsavati, foi capital do imperio homónimo e loitou con Birmania ata que a anexionou Alaungpaya, no s XVIII. No s XV achegouse ao pensamento e á cultura do budismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de Myanmar (39.404 km2; 4.607.000 h [estim 1994]). A súa capital é Pegu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MACIZO

    Macizo montañoso de Myanmar, situado entre os vales do Irauadi e o Sittang. Está formado por outeiros baixos e terciarios que teñen a máxima altitude ao N (Popa, 1.518 m). Ao NO ten depósitos de petróleo.

    VER O DETALLE DO TERMO