"Ea" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3634.

  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico francés. Realizou La vitoire en chantant (1976), que obtivo o Oscar ao mellor filme estranxeiro. Comezou unha insólita traxectoria internacional con La guerre du feu (1981), Le nom de la rose (1986) -adaptación da novela de Umberto Eco-, L´ours (1988), L´amant (1991) a partir da novela homónima de Marguerite Duras, e Wings of Courage (1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor, director e dramaturgo francés. Foi secretario do actor e director Louis Jovet. Iniciou a súa carreira con L’Hermine (O armiño, 1932). A súa obra manifesta unha concepción pesimista da condición humana a través dos xéneros do melodrama e da comedia, de tradición burguesa. Agrupou as súas pezas segundo a temática en: negras, Antígone (Antígona, 1943); rosas, Le bal des voleurs (O baile dos ladróns, 1938); brillantes, La répétition ou l´amour puni (O ensaio ou o amor castigado, 1950); agres, L´orchestre (A orquestra, 1962) e de época, La foire d´empoigne (1962), entre outras. Outras dúas pezas que versionan temas clásicos son Eurídice (1942) e Medea (1953); entre as súas últimas obras, cómpre citar Le nombril (1981) e Number One. No cine destacou con Le voyageur sans bagages (O viaxeiro sen equipaxe, 1944) e Deux son de violettes (1951). A peza Antígona foi representada en...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Corgo baixo a advocación de santa Catarina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Lalín baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • O máis meridional dos océanos que rodea a Antártida. Está formado pola reunión da parte sur dos océanos Atlántico, Índico e Pacífico. Como non ten límites ben definidos, estes establecéronse a partir das temperaturas das augas superficiais. Convencionalmente dividiuse en dúas partes: a primeira, a máis próxima ao polo, de salinidade débil e temperatura próxima aos 0°C, esténdese desde a costa ata a liña de converxencia antártica (de 50° a 60° de latitude sur); a segunda área comprende entre a liña de converxencia antártica e a de converxencia subtropical (de 35° a 40° de latitude sur) e ten unha temperatura entre 5° e 10°C. As augas están cubertas por plataformas de xeo, preto da costa antártica. Augas adentro, o xeo tamén é abundante e ás veces forma icebergs de gran volume. O fondo está constituído por fosas de gran profundidade, como a de Bellinghausen (5.398 m) limitada pola dorsal da illa de Pascua. Outra gran fosa é a que se estende ao S do océano Pacífico entre as illas Hawaii e...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Esposa de Proitos, Rei de Argos. Estaba namorada de Belerofontes e, cando este a rexeitou, acusouno ante o seu home de intentar seducila.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acordo asinado o 17 de agosto de 1077 entre Diego Páez, bispo de Compostela, e Faxildo, abade do mosteiro de Antealtares. A Concordia de Antealtares constitúe un documento de especial riqueza informativa: por unha banda é o máis antigo documento coñecido sobre o martirio do Apóstolo Santiago. Contén información sobre a traslatio do seu corpo desde o porto de Ioppe, a descuberta do sepulcro polo anacoreta Paio e a construción da primitiva Igrexa de Santiago polo Rei Afonso II. Pola outra banda, ofrece valiosos datos sobre a construción románica da catedral e sobre a primitiva disposición do Mosteiro de Antealtares, así como da situación e número de construcións da Compostela do momento. Por último, a Concordia fixa por escrito os novos termos para delimitar a superficie territorial do Mosteiro de Antealtares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pacto asinado no mosteiro de San Paio de Antealtares o 7 de xuño de 1458 entre varios nobres da Terra de Santiago (Moscoso, Soutomaior e Montaos) e os concellos de Santiago, Muros e Noia. Deu lugar á constitución dunha Irmandade para loitar contra os abusos cometidos por outros nobres, principalmente polo arcebispo de Compostela, Rodrigo de Luna. O documento reflicte a inexistencia da xustiza real, feito que era aproveitado por determinados señores, fundamentalmente o arcebispo e os seus servidores, para roubar e destruír os bens dos congregados en Antealtares. No Manifesto estableceuse a responsabilidade dos señores sobre os roubos cometidos polos seus serventes, ao tempo que se tomaban medidas para garantir a seguridade nos camiños. Ademais, convidábase a outras vilas a sumarse á Irmandade, ofrecemento que foi aceptado por Pontevedra. A conflitiva situación que provocou a Irmandade obrigou a Rodrigo de Luna a fuxir de Compostela, resultando inútiles os diversos intentos conciliadores...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mosteiro da cidade de Santiago, situado nas proximidades da catedral compostelá. Foi fundado nunha data próxima ao descubrimento do sepulcro do Apóstolo, no ano 814 aproximadamente. Neste tempo, Afonso II mandou construír unha igrexa na honra de Santiago, outra na de san Xoán Bautista, e unha terceira con tres altares dedicados a san Salvador, san Pedro e san Xoán Apóstolo. Detrás deles, na parte leste da igrexa, situouse un espazo reservado para doce monxes que tiñan a obriga de ocuparse do culto a Santiago. A denominación do mosteiro fai referencia á súa orixinaria localización respecto a estes antigos altares. A advocación a san Paio despraza a orixinal dedicada a san Pedro, trala construción por parte do bispo Diego Páez dun altar dedicado ao neno mártir Paio en 1077. Os seus dominios patrimoniais, aínda que en permanente litixio coa súa poderosa veciña, a catedral compostelá, espallábanse por numerosos puntos da xeografía galega. Unha primeira serie de posesións localizábase nos arredores...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación informal coa que se designa a un grupo de Homo erectus europeos, de cronoloxía anterior á do Home de Neandertal, do que se teñen atopado restos procedentes dos xacementos arqueolóxicos de Aragó, Atapuerca, Azych, Petralona e Vertesszöllös, entre outros. Na actualidade a comunidade científica manexa varias hipóteses para explicar a súa posición filoxenética.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de bolboretas asiáticas da familia dos satúrnidos que presentan un ocelo en cada á. Son produtoras de seda que se emprega na fabricación do tecido chamado tusor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liga Anti-Lei do Cereal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se opón ao uso da enerxía ou das armas nucleares.

    2. Todo aquilo que se relaciona coa defensa ou protección contra os efectos das radiacións nucleares. Comprende dende a construción de refuxios antiatómicos ata a protección do corpo con vestidos e máscaras especiais. Despois dunha explosión nuclear pódese detectar a presenza de actividade residual e proceder á súa descontaminación. As doses de radioactividade recibida están controladas por contadores Geiger.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reactividade de signo negativo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo aparecido nos anos cincuenta do s XX para referirse ás pezas teatrais que romperon cos principios básicos do teatro clásico tradicional; isto é, coas regras das tres unidades (acción, lugar e tempo), cos conceptos de ilusión e imitatio, coa acción lóxica dos acontecementos, cos valores heroicos ou mesmo coa coherencia dos personaxes. Naceu coa obra de Eugène Ionesco La Cantatrice chauve (A cantante calva, 1950) que o propio autor cualificou de “antiobra” e pasou a designar todas as obras da época como En attendant Godot, (Agardando por Godot, 1953). En galego temos a obra Cochos (1992) de Roberto Vidal Bolaño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía de teatro independente creada en 1974 en Compostela por Roberto Vidal Bolaño e Laura Ponte. O seu propio nome dá proba do que son os seus espectáculos: en todos eles déixase sentir o peso da farsa, da festa comunitaria e da tradición dramatúrxica popular. Despois de presentarse cun espectáculo baseado no texto Amor e crimes de Juan el Pantera (1975) de Eduardo Blanco Amor e cunha segunda proposta, a partir da peza de Euloxio R. Ruibal As falcatrúas do Marqués Patacón (1976), a compañía centrou a súa actividade na posta en escena de espectáculos baseados nas propostas textuais do seu director, Roberto Vidal Bolaño. Así, cómpre mencionar Laudamuco señor de ningures (1978), con dirección de Eduardo Alonso e Xarará, Peituda, Paniogas, Tarelo, o Rapaz e o Cachamón ou como trocar en rato pequecho o meirande xigantón (1979), Ruada das papas e o unto (1981), Touporroutou da lúa e do sol (1982) e Romance dos figos de ouro...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeográfo e cartógrafo francés. Primeiro xeógrafo real (1719), do seu traballo destaca o conxunto de mapas que elaborou para a Description géographique de la Chine (Descrición Xeográfica da China, 1735) do xesuíta J. B. du Halde. Publicou os seus mapas máis importantes nun Atlas Géneral (1737-1780).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga cidade de Siria, sobre o río Orontes, fundación dos selxúcidas. No 188 a C tivo lugar nela o asinamento da paz entre Antíoco III e o exército romano, o seu vencedor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de aparear ou aparearse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Unir formando parella un macho e unha femia para que copulen.

    2. Xuntarse dous animais de distinto sexo para reproducirse.

    VER O DETALLE DO TERMO