"Est" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2747.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Cospeito baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación bilingüe subtitulada “Real Villa de Mugardos”, que apareceu en novembro-decembro de 1990 nesta vila de Ferrolterra. Tratábase dunha revista informativa e de opinión dirixida por Argemiro Varela Filgueiras. As seccións que contiña o Sumario eran “Editorial”, “Actividade Local”, “Opinión”, “Historia da vila”, “As nosas imaxes” e “Cultura” onde presenta apartados diferentes como “Libro”, “A biblioteca” e “Discos”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río afluente do Landro pola dereita. Nace a 780 m de altitude, na aba setentrional da serra do Xistral, no lugar da Pasada de Lamoso, na parroquia de Miñotos (concello de Ourol). Atravesa esta parroquia seguindo o seu curso unha dirección SL-NO, ata a súa desembocadura preto do lugar da Caseira, logo dun percorrido duns 8 km.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Abertura, xeralmente en forma de cruz grega, que se construía nos recintos fortificados para facilitar a acción aos besteiros defensores e mantelos a cuberto dos proxectís inimigos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Soldado armado cunha bésta. Os exércitos dispoñían regularmente de unidades de besteiros a pé que constituían a forza principal da infantería. Tamén os había a cabalo, auxiliares dos cabaleiros e na armada. A aparición das armas de fogo foi determinante para a súa desaparición no s XVII.

    2. O que se dedicaba a fabricar béstas ou a vendelas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido que ten a súa orixe nun alcume de tipo profesional. O oficio de besteiro, xa desaparecido, foi moi común na Idade Media. Nesta época, un besteiro podía ser un soldado que ía armado cunha bésta, termo procedente do latín ballista ‘máquina de guerra para lanzar proxectís’ ou ben ‘empregado de palacio que coidaba as escopetas e outras armas dos reis e das persoas reais e que os acompañaba cando ían de caza’. Parece pouco probable que se poida relacionar co substantivo común besta ‘egua, cabalería en xeral’. Nalgún caso, este apelido podería proceder dun topónimo, xa que na nosa comunidade existen os lugares de Besteiro e Besteiros, que fan referencia á existencia neses lugares, no momento en que recibiron o seu nome, de individuos con esta profesión. Na época medieval tamén se atesta a forma feminina deste apelido aplicada a mulleres; nestes casos a muller recibiría o alcume do marido. Este apelido pode aparecer grafado cun v- non etimolóxico:...

    2. Liñaxe de orixe portuguesa procedente de Bouzas, preto de Melgazoque, que leva como armas: en campo de azul, unha torre sobre rochas da súa cor e tres bestas (ou cabalerías de carga), unha en cada flanco da torre e a terceira enriba desta. Outra variante trae: en campo de azul, unha torre de prata sobre rochas ao natural, que saen da punta do escudo, superada dun lobo parado de prata e arrimada doutros dous lobos, tamén parados, do mesmo metal, un a cada lado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e sindicalista. Despois de estudar na Institución Libre de Enseñanza, cursou estudios de Filosofía e Letras na Universidade de Madrid. Catedrático de instituto, foi bolsado pola Junta de Ampliación de Estudios e viaxou a Alemaña onde estudiou nas universidades de Berlín, Leipzig e Múnic. Foi catedrático de Lóxica na Universidade de Madrid (1912-1936). A súa andaina política iniciouse na Unión Republicana para pasar despois ao Partido Radical e ingresar en 1912 no Partido Socialista Obrero Español (PSOE) e na Unión General de Trabajadores (UGT). Ocupou a presidencia do Comité executivo do PSOE (1925-1931) e da UGT (1925-1932). Foi condenado en 1917 por pertencer ao comité de folga e, estando en prisión, foi elixido deputado socialista en 1918. Foi presidente das cortes constituíntes da II República (1931). Formou parte en 1939 do Consello Nacional de Defensa encargado da negociación da paz. Foi detido e condenado a trinta anos de prisión por un consello de guerra o 8 de xuño de1939...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga parroquia do concello do Saviñao baixo a advocación de san Pedro. Durante o Antigo Réxime pertenceu á xurisdición de Diomondi, convertida en concello en 1813. En 1835 incorporouse ao concello de Moreda. Xa en 1840 integrouse no concello do Saviñao, denominado Piñeirón nun primeiro momento (entre outubro e novembro). Con posterioridade a 1887 uniuse á parroquia de Diomondi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que se encarga, nos curros, de agarrar cunha corda as bestas e marcalas. Ás veces, o bestelleiro máis importante ou coñecido é o encargado de organizar a propia rapa das bestas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de forzas armadas con béstas.

    2. Contribución que se esixía antigamente para manter as compañías de besteiros.

    3. Arte da caza maior.

    4. Lugar no que se fabricaban béstas ou onde se exercitaban os besteiros para manexalas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político romano. Tribuno da plebe (121 a C) e cónsul (111 a C). Dirixiu a expedición contra Iugurta, Rei de Numidia, pero acabou pactando con el polo que foi condenado ao desterro (110 a C).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é propio da besta ou que asimila o home á besta.

    2. Que se realiza irracionalmente ou que implica violencia e crueldade.

    3. Que se caracteriza pola súa gran calidade, pola intensidade ou polo seu gran tamaño.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de bestial.

    2. Acción bestial ou brutal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relación sexual dun ser humano cunha besta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nos circos romanos, home que combatía contra as bestas salvaxes. Os bestiarios eran prisioneiros de guerra, condenados polos tribunais ou homes que o facían por oficio cobrando un salario.

      1. Na Idade Media, tratado didáctico e moral onde se describían os animais, reais ou fantásticos, catalogados segundo as súas propiedades naturais e os seus valores simbólicos, e onde se expuña a correspondente moralización dos seus costumes. Constituían pequenas enciclopedias de historia natural e alegorías dos vicios, das virtudes e da conduta humana. Recollían o costume antigo de interpretar o mundo natural como manifestación exterior dunha realidade superior e distinta, de xeito que o mundo real sería un simple epifenómeno daquela, un mundo de apariencias que esconde o sentido (ratio) da vida, propio da cultura teolóxica imperante na Idade Media que se caracterizaba pola dialéctica entre o sentido literal (littera) e a alegoría (sententia). A obra clásica que habería servir de módelo para os enciclopedistas medievais foi Naturalis Historia de Plinio o Vello, vasto compendio do saber natural, ao que seguiron as Etymologiae (ss VI-VII) de Isidoro de Sevilla. A tradición dos bestiarios provén...

      2. Xénero poético aparecido modernamente, cun senso diferente do medieval, consistente na tipificación de persoeiros humanos a través da descrición de animais, con intención satírica ou descritiva. Cómpre destacar Le Bestiaire (O bestiario, 1911) de Guillaume Apollinaire.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de bestas de carga.

    2. Imposto sobre a posesión ou tránsito de bestas, ou ben como unha institución xeral dun reino ou ben como un dereito señorial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ara pequena e flexible.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Golpe dado cunha bestrega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor ruso. Publicou o almanaque Pol’arnaja zvezda (A estrela polar, 1823-1825), onde recolle novelas e comentarios críticos románticos. Escribiu tamén Olga (1821) e Mulla Nur. Algunhas das súas obras foron traducidas ao alemán, ao sueco e ao polaco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Estadista e diplomático. Realizou misións diplomáticas en Londres, Copenhaguen e Hamburgo, enviado pola Emperatriz Ana. Foi partidario da alianza con Austria e Inglaterra contra Prusia; fomentou tamén a política agresiva contra Turquía. Escribiu a obra Os consolos do cristián.

    VER O DETALLE DO TERMO