Besteiros

Besteiros

Antiga parroquia do concello do Saviñao baixo a advocación de san Pedro. Durante o Antigo Réxime pertenceu á xurisdición de Diomondi, convertida en concello en 1813. En 1835 incorporouse ao concello de Moreda. Xa en 1840 integrouse no concello do Saviñao, denominado Piñeirón nun primeiro momento (entre outubro e novembro). Con posterioridade a 1887 uniuse á parroquia de Diomondi.