besteiro

besteiro

(< bésta)

  1. s m

    Soldado armado cunha bésta. Os exércitos dispoñían regularmente de unidades de besteiros a pé que constituían a forza principal da infantería. Tamén os había a cabalo, auxiliares dos cabaleiros e na armada. A aparición das armas de fogo foi determinante para a súa desaparición no s XVII.

  2. s m

    O que se dedicaba a fabricar béstas ou a vendelas.