"Gonzalez" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 326.
-
PERSOEIRO
Escritor e avogado. Licenciado en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, fundou e dirixiu a revista Alba. Da súa produción destacan obras como Raíz de las horas (1951), Os namoros (1961), El ágape de Dios. Historias para un cántico (1964), Poesía gallega contemporánea (1954), Antología de la poesía gallega contemporánea (1959), Por entre el arpa y la saudade (1965) e Teatro galego (1968).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1884). Afiliado ao Partido Conservador, ocupou varios cargos como gobernador de Pontevedra e da provincia da Coruña, subsecretario de Facenda, conselleiro de Instrución Pública e deputado, representando o distrito de Cambados (1899-1907, 1918-1919) e o de Lugo (1916-1918). Foi nomeado por R. Fernández-Villaverde ministro de Facenda (1903) e ministro de Gobernación (1905), e co goberno de A. Maura ocupouse dos ministerios de Fomento (1907-1908) e Facenda (1908-1909, 1918). Colaborou en prensa e publicou estudios sobre temas literarios e económico-políticos, como Cuadro de la literatura gallega en los siglos XIII y XIV (1886), Historia crítica de la Literatura Gallega. Edad Antigua (2 volumes, 1887) e Memoria sobre el proyecto de Ley de Colonización Interior (1919). Foi membro da Real Academia de la Lengua Española, da Real Academia de Ciencias Morales y Políticas e da Real Academia de...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arquitecto. Catedrático de Urbanismo e Ordenación do Territorio na Escola Superior de Arquitectura da Coruña. Foi arquitecto municipal de urbanismo da Coruña e realizou diversos traballos con Julia Fernández Caleya Blankemeyer, como a reordenación da praza de Galicia de Santiago de Compostela. Colaborador de Obradoiro, Ciudad y territorio, estudios territoriales e o Boletín Académico da ETSA, das súas obras destacan La Enseñanza de la arquitectura en USA: posibles aplicaciones a una Escuela de Arquitectura en La Coruña (1973) e La Coruña a través de su plano (1984).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar. Formouse na Academia de Infantería de Toledo e foi destinado a Marrocos como alférez. En 1920 ingresou na Escuela de Aviación Militar, participou en campañas no N de África e foi un dos pilotos do voo Madrid-Manila (1926), polo que ascendeu a comandante. Ascendeu a xeneral de brigada (1941) e a xeneral de división (1945), e foi xefe do Estado Maior. Como ministro do Aire (1945-1957) preocupouse pola creación e modernización das infraestruturas aéreas. Foi condecorado coa Cruz Laureada de San Fernando.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Crítico literario e escritor. Doutor en Filoloxía Hispánica, foi profesor de literatura hispánica no Hunter College e na Graduate School and University Center-Cuny de Nova York, e coordinador da cátedra de Estudios Galegos deste último centro. Dirixiu o Anuario de Estudios Literarios Galegos e foi presidente da Asociación Internacional de Estudios Galegos. Colaborador en publicacións como A Trabe de Ouro, Madrygal ou Grial, publicou Álvaro Cunqueiro e Merlín e familia (1991), Álvaro Cunqueiro: os artificios da fabulación (1991), Silencio, parodia e subversión. Cinco ensaios sobre narrativa galega contemporánea (1991), Literatura e sociedade en Galicia 1975-1990 (1994), Fantasía e desintegración na narrativa de Álvaro Cunqueiro (1996), A narrativa galega actual (1975-1984): unha historia social (1996) e Dicionario enciclopédico de Eladio Rodríguez: a canonización lexicográfica da literatura galega...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e escritor. Doutorouse en Teoloxía en Roma e estudiou xornalismo na Columbia University de Nova York. En 1918 exerceu como redactor en El Debate e posteriormente traballou en Ya, España Pesquera e El Ideal Gallego, ademais doutras publicacións españolas e estranxeiras. A partir de 1921 foi correspondente da axencia News Service. Despois de fundar con Angel Herrera Oria en 1926 a escola de xornalismo El Debate, foi asesor do Sindicato Nacional de Pesca. Durante a Guerra Civil española foi cronista de guerra co grao de tenente provisional. Publicou La Escuela de Periodismo. Programas y métodos (1930), Qué debe España a los religiosos? (1932), Mares y peces (1952) e a tradución Mi conversión al catolicismo (1940), do cardeal Newman. En setembro de 1949 foi nomeado fillo predilecto da vila de Cangas e déuselle o seu nome a unha rúa.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Filántropo. Fillo dun artesán portugués, formouse como piloto e ingresou na mariña mercante. Posteriormente traballou co armador Xoán Menéndez e acadou para A Coruña a representación dos vapores de Antonio López e da Compañía Transatlántica Española. Xunto coa súa dona, Modesta Goicouría, reuniu unha gran fortuna que empregou na construción de grandes edificios. Realizou a reconstrución da igrexa de Santo Andrés, convertida en capela castrense, e construíu o Instituto de Segunda Ensinanza, as Escolas da Guarda, xunto á praza de Pontevedra, e o mercado da praza de Lugo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Licenciado en Filosofía e Letras e Enxeñeiro Técnico Industrial, militou no PSOE desde 1960. Foi deputado na lexislatura Constituínte, e da I á VI lexislaturas. En 1982 ocupou a vicepresidencia do goberno español, cargo do que dimitiu en 1991.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Nobre de orixe galega, conde de Tui. Tras derrotar os exércitos de Almanzor xunto ao río Esla (981), liderou as tropas cristiás que defenderon León do cerco musulmán (984-985).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista. Licenciado en Ciencias da Información e doutorado en Administración e Xestión da Empresa Informativa pola Universidad Complutense de Madrid, foi profesor da Universidade de Vigo, presidente de Merkley Publicidad, director da Escuela Superior de Turismo Welton, xefe de prensa de Golf Domaio, director da revista económica Foro CFV e director creativo de Proceltha. No mundo periodístico foi redactor xefe de Radio Noroeste e de Radio Popular de Madrid, director da Guía del Ocio, correspondente do diario As en Pontevedra, redactor xefe de Faro de Vigo e director de Faro del Lunes. No medio televisivo dirixiu os programas Venres Show e Mesa Reservada na TVG. Escribiu La pequeña publicidad (1997), La agencia de publicidad como gabinete de prensa y RRPP (1998) e El humor en la publicidad de televisión: lenguajes y mensajes (1999); e os poemarios Llegarte (1983) e Los lentos verbos...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e escritor. Licenciado en Ciencias da Información pola Universidad Complutense de Madrid, foi director de Radio Popular de Ourense e das revistas Sábado Gráfico e El cocodrilo Leopoldo. Colaborou en diversos medios de comunicación, como Cadena SER e COPE, ou Faro de Vigo, La Voz de Galicia, La Región-Internacional e O Correo Galego. Publicou El enigma de un hombre (1989), E logo Lugo, qué? (1993), Otra historia gallega envuelta en humo (1993), Con el viejo Bene en la isla (1995), As lerias do Leiras (1996), El caballero de Galicia (1996), De outros galegos (1998) e Pedro Murias, algo más que un indiano (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor e mestre. Catedrático de Retórica e Poética no colexio de segundo ensino da Coruña e director da Escola Normal de Santiago, exerceu desde 1851 como inspector de ensino primario. Fundador e director da revista Galicia (1860-1865), xunto co seu irmán Francisco, publicou nela o primeiro Dicionario gallego-castellano (1863), redactado por Francisco X. Rodríguez e ordenado polo propio Antonio de la Iglesia. Tamén colaborou con contos e poemas en numerosos periódicos e revistas da época. Integrante da segunda xeración provincialista, ademais de impulsar a celebración dos Xogos Florais da Coruña (1861), compuxo numerosas poesías que se incluíron no Álbum de la Caridad e publicou El idioma gallego. Su antigüedad y su vida (1886), a primeira escolma da literatura galega aparecida no Rexurdimento e coa que o autor tentaba amosar a importancia do galego como lingua.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Mestre e poeta. Influenciado pola obra de Rosalía, Curros e Pondal, formou parte da segunda xeración provincialista de poetas. Exerceu como mestre na Escola Práctica anexa á Normal da Coruña e, desde 1865, na Escola Normal de mestras. Fundador e director de El Diario de Galicia (1856), o 1 de outubro de 1860 fundou, en colaboración co seu irmán Antonio, a revista Galicia. Ademais, colaborou cos seus artigos e composicións poéticas en numerosas publicacións da época. Creador da sociedade Folk-lore Gallego, fundou en 1891 a Asociación Regionalista da Coruña. Da súa obra cómpre destacar o poema Galicia (1861), co que conseguiu o primeiro premio dos Xogos Florais da Coruña; o primeiro drama escrito en galego, titulado A fonte do xuramento (1882); e unha recompilación póstuma de poesías Do mar e da terra (1930), realizada por Gumersindo Placer.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. Doutor en Ciencias da Información pola Universidad de Navarra, é profesor de xornalismo na Universidad Complutense de Madrid. Colaborador de numerosas revistas e xornais, publicou Historia de una empresa periodística (1980), La televisión dominada (1990) e Una semana sin televisión (1994).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Franciscano. Doutorouse en Teoloxía (1808) en Salamanca. Catedrático en Santiago de Compostela, foi nomeado arquiveiro extraordinario do Arquivo e Biblioteca da Universidade (1812).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Músico e director de orquestra. Estudiou Contrapunto, Harmonía e Composición en Madrid e fixo cursos especiais en Austria con Herbert von Karajan. É catedrático dos conservatorios superiores de Sevilla e Madrid e kapellmeister polo Mozarteum de Salzburgo. Gravou varios discos de música clásica e dirixiu distintas orquestras en actuacións por todo o mundo. Entre os premios que posúe destaca a Cruz de Alfonso X el Sabio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz. Titulada en Arte Dramático polo Instituto del Teatro y de las Artes Escénicas de Asturias, comezou a súa actividade en colectivos teatrais como Orballo Teatro ou nos talleres do propio Instituto de Teatro, con profesores como Etelvino Vázquez ou Jaroslaw Bielski. Amais dos espectáculos que realizou coa compañía Nove Dous, tamén participou en Xelmírez ou a groria de Compostela (1999), do Centro Dramático Galego, e Ultimamente non durmo nada (1999), de Teatro da Lúa.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Bispo de Burgo de Osma (1909-1916) e Tui (1916-1923), e arcebispo de Santiago de Compostela (1924-1925). Doutor en Teoloxía, foi membro da Xunta Rexionalista de Tui e participou nos Xogos Florais celebrados en 1891. Posuía unha boa formación clásica e interese pola investigación histórica e a paleografía. Foi un dos fundadores da Real Academia Galega. Escribiu Calabazas e El nombre de Jesús. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas de 1973.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. Doutor en Filosofía e catedrático de escultura, foi o primeiro decano da facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo. A súa obra ten matices surrealistas, entendida cunha vangarda con reminiscencias barrocas. Escribiu ensaios de arte cunha concepción filosófica, entre outros, Teoría bruta de la forma frágil: escritos adverbiales de arte, estética y enseñanza (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico. Foi xefe do servizo de cardioloxía, endocrinoloxía e nutrición da Casa Salud Valdecilla e director da Escuela de Enfermería de Valdecilla (Santander) durante 25 anos. Foi un dos fundadores da Sociedad Española de Cardiología. Publicou Trastornos vasculares periféricos (1950) e Cardiopatías congénitas (1950).
VER O DETALLE DO TERMO