"Hel" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 558.

    1. Relativo ou pertencente aos helícidos.

    2. Molusco da familia dos helícidos.

    3. Familia de moluscos gasterópodos da orde dos archeogastropodos, que presentan unha cuncha helicoide, xeralmente dextrosa; a cabeza con catro tentáculos cilíndricos, dous posteriores longos cos ollos nas súas extremidades e dous anteriores curtos; e un pé alongado e oval. Habitan en lugares húmidos, ricos en vexetación, e son prexudiciais para os cultivos. Existen numerosas especies repartidas por todo o mundo, entre as que se inclúen os caracois comúns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase aos organos ou organismos que teñen a forma dunha cuncha de caracol.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Glicósido obtido por oxidación da salicina con ácido nítrico diluído. Forma compostos coa urea, a tiourea e certos aminoácidos.

    2. Substancia obtida da mucilaxe dos caracois. Se se mestura con azucre obtense unha pasta peitoral que se emprega en medicina alternativa nas doenzas pulmonares. Tamén se lle outorgan poderes de reconstrución dos tecidos e da mucosa gástrica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de gasterópodos terrestres de cuncha reducida pertencentes á familia dos helicínidos. Engloba varias especies, entre as máis comúns, encóntranse a H. amoena, H. hojarasca e H. oweniana.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos helicínidos.

    2. Molusco da familia dos helicínidos.

    3. Familia de gasterópodos aspidobranquios que engloba especies exclusivamente terrestres que habitan en solos húmidos é ricos en vexetación. Están distribuídos por zonas tropicais e son prexudicias para algunhas colleitas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Torsión que se produce sobre algúns órganos vexetais como os talos, pecíolos ou gabiáns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘espiral’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten forma de hélice, aplícase especialmente á disposición que presentan, ás veces, as follas, certo tipo de inflorescencias e as cunchas univalvas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. helicoidal.

    2. Superficie xerada por unha recta que se move con dous movementos uniformes e simultáneos. Un é de translación apoiado continuamente, cun certo ángulo, sobre o eixe do cilindro, e outro é de rotación apoiándose continuamente sobre a curva hélice.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes da familia dos escorpénidos. Presentan cabeza de gran tamaño provista de crestas óseas ou córneas e ollos desproporcionalmente grandes. É característica a súa coloración de variantes arrubiadas. Habitan fondos rochosos de gran profundidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tuba baixa ou contrabaixa cunha tubuladura en forma de espiral axeitada para poder asentala no lombo; emprégase nas bandas de música para os desfiles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas herbáceas da familia das heliciconiaceas. Son plantas monocotiledoneas, con crecemento rizomatoso. Teñen talo de gran tamaño e poden alcanzar entre 1,5 e 2 m de altura. Presenta follas longas e dísticas e inflorescencias con fortes brácteas e con flores hermafroditas de chamativas cores. Os colibrís son os paxaros polinizadores exclusivos das Heliconias vermellas, amarelas e laranxas mentres que os das Heliconias verdes son os morcegos. Orixinarias de América tropical e das Antillas habitan rexións húmidas e chuviosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xiroavión no que a forza de sustentación é debida a un ou máis rotores, de eixes case verticais, que xiran pola acción de toda ou case que toda a potencia motriz instalada. Esencialmente, o helicóptero caracterízase pola posibilidade de efectuar o levantamento e a aterraxe verticais e o voo estacionario. Foi Leonardo da Vinci quen deseñou un vehículo con hélices helicoidais e propuxo o nome de helicóptero para designalo. O primeiro modelo foi construído en 1784, por Launoy e Bienvenu. Durante o s XIX experimentouse co principio de acción e reacción por Philips (1812), e a máquina de vapor por Ponton d’Amécourt (1861) e E. Forlanini (1877). En 1904 Charles Renard e Victor Tatin fixeron voar helicópteros movidos por motores de explosión. Renard fixo tamén importantes achegas teóricas e Louis Breguet, seguindo os estudios de Renard, formulou as teorías sobre o batemento das pas, sobre a variación cíclica do paso do rotor ou paso cíclico e a variación colectiva do paso...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aeródromo para voos non regulares de helicópteros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Elemento gasoso, incoloro, inodoro e inerte, pertencente ao grupo 0 (ou VIIIA) da táboa periódica. Foi identificado por primeira vez en 1868, no espectro solar, por Loockyer e Frankland. En 1895 Ramsay, en Gran Bretaña, e Cleve e Langlet, en Suecia, identificárono no gas que Hillebrand obtivera (1891) por acción dos ácidos sobre un mineral de uranio. A totalidade do helio empregado actualmente provén dos gases naturais, sobre todo americanos. O núcleo do helio (He++), que contén dous protóns e dous neutróns, constitúe a partícula α emitida polos corpos radioactivos, o que explica a presenza deste elemento, en moi baixa concentración, na atmosfera e nos minerais uraníferos. É inflamable e empregouse, sobre todo para inchar os dirixibles, globos sonda meteorolóxicos, etc; a súa viscosidade, case nula, e a súa feble solubilidade na auga e nos líquidos acuosos (sangue), fai que se empregue para producir as atmosferas artificiais das campás de inmersión destinadas ao traballo...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao centro do Sol.

    2. Que ten o Sol como centro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hipótese propugnada por Nikolaj Kopernik, que sitúa o Sol no centro do sistema solar e os planetas, cos seus satélites, os cometas e os asteroides xirando ao seu redor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno que se produce algunhas veces cando se pon o Sol e que consiste na aparición dunha franxa luminosa, semellante á cola dun cometa, que segue ao astro no seu movemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción de fotografías en cores naturais.

    VER O DETALLE DO TERMO