"ILE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 483.
-
-
Adorno en forma de liña recta que se coloca nos bordos de algo.
-
-
Rebanda de carne fina e sen óso.
-
Anaco de peixe plano e delgado ao que se lle quitou a espiña central.
-
-
Espiral helicoide saínte dun parafuso ou dunha rosca.
-
Moldura corrida e estreita, de sección cadrada, que separa dúas molduras de maior tamaño.
-
-
Liña impresa que serve, entre outros usos, para separar títulos ou columnas de texto ou subliñar palabras.
-
Lámina de latón ou de aliaxe tipográfica, da mesma alzada do tipo, empregada para imprimir as raias chamadas filetes.
-
-
Peza diminuída, nas representacións heráldicas, equivalente a unha lista reducida á metade da súa anchura.
-
-
-
Cortar algo en filetes.
-
Decorar con filetes.
-
Facer a rosca dun parafuso.
-
-
-
Motivo decorativo, de xeso, madeira ou pedra, policromado, que serve para encadrar o escudo ou outro motivo que decora as claves nunha bóveda de crucería.
-
Motivo decorativo que se superpón ás claves dunha bóveda en forma de disco, escudo ou figura ornamentado por festóns ou cintas.
-
-
PERSOEIRO
Erudito e poeta grego. Escribiu obras de erudición en prosa, elexías amorosas e epigramas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ás liñas evolutivas ou aos filos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Colección de pezas musicais ou literarias selectas.
-
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Jaén, Andalucía, situado ao NL de Alcalá la Real, aos pés da serra de Alta Coloma (1.891 h [1996]). Do seu patrimonio cultural destacan a igrexa de Santa Lucía e a casa dos Mudarra.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo e sociólogo. Formado en dereito, medicina e filosofía, foi profesor de dereito internacional na École des Sciences Politiques. Entre as súas obras destaca Les sophistes allemands et les nihilistes russes (Os sofistas alemáns e os nihilistas rusos, 1887).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ao fusil.
-
-
Soldado de infantería armado con fusil.
-
fusileiro de montaña
Soldado de tropa lixeira armado con fusil. Apareceu en Francia en 1689 e Filipe V formou un rexemento con estas tropas en España en 1735.
-
-
-
-
Corpo de fusileiros.
-
Conxunto de tiros que se disparan dunha soa vez.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista gratuíta editada na localidade chilena de Valparaíso a partir de 1930. Subtitulouse “Órgano de la Agrupación Gallega de Valparaíso”. Incluíu artigos sobre as relacións entre os países hispanoamericanos, en defensa da Universidade de Santiago de Compostela, e información de carácter societario e sobre Galicia en xeral. Ademais, acompañouse de textos literarios e algunhas cantigas.
-
-
Atrio ou pórtico dunha igrexa que está ocupado por sepulcros de personaxes relevantes. Recibe tamén o nome de porta galilea por ser o remate da procesión de Pascua e simbolizar o regreso de Cristo a Galilea despois da súa morte ou porque era o lugar onde se entoaba, o día da Ascensión, o responsorio Veri Galilaei.
-
Peza cuberta, fóra do templo e sen capela, destinada a cemiterio.
-
Tempo que media, na Igrexa grega, dende a Pascua de Resurrección ata a Ascensión.
-
-
REXIÓNS
Rexión que abarca, desde 1967, a parte setentrional do altiplano interior de Palestina, no Estado de Israel. Ao N está limitada polos últimos contrafortes meridionais do Líbano e do Antilíbano. A chaira de Esdreló limítaa polo S. O río Xordán e o lago de Xenesaret, no mar de Galilea, limitan esta rexión polo L e ao O localízanse as chairas de Zabuló. A súa economía baséase na agricultura, favorecida polas chuvias, e na pesca, que se realiza no lago de Xenesaret. Conquistada por Tiglath-Pileser III no 732 a C incorporouse ao Imperio asirio e sufriu o traslado de moitos habitantes. O rei asmoneo Alexandre Xaneo (103-76 a C) integrouna nos seus dominios. Posteriormente, formou parte da tetrarquía gobernada por Herodes Antipas e no 34 incorporouse á provincia romana de Xudea. Foi o centro da predicación de Xesús. En 1947 integrouse no sector xudeu de Palestina e posteriormente no Estado de Israel.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente a Galileo ou ás súas teorías.
-
PERSOEIRO
Arquitecto e matemático. As súas obras están marcadas polo Barroco tardío, case entrado no neoclasicismo; destacan a fachada de San Giovanni in Laterano, onde tamén realizou a capela Corsini, e a fachada de San Giovanni dei Fiorentini.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Astrónomo, matemático e físico italiano. Estudiou medicina na Universidade de Pisa, pero en 1589 abandonou os estudios médicos e aceptou unha praza de profesor de matemáticas na mesma universidade. As súas ideas, (como a de que todos os corpos, sexa cal sexa o seu peso, caen á mesma velocidade) contrarias á física aristotélica, e os seus experimentos sobre mecánica ocasionáronlle problemas cos seus compatriotas. Refuxiouse en Venecia, e entre 1592 e 1610 deu clases de matemáticas na Universidade de Padua. Tivo noticia do invento do telescopio e el mesmo construíu un e comezou a observación do espacio. Descubriu os cráteres da Lúa, que a Vía Láctea é un conxunto de estrelas, os catro maiores satélites de Xúpiter e tamén observou as manchas solares. Expuxo estes descubrimentos en Sidereus Nuntius (1610), entre outras obras. Todos estes descubrimentos convenceron a Galileo das teorías de Copérnico, que afirmaban que a Terra é un planeta que xira ao redor do Sol. A defensa do sistema...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Galileo Galilei.
-
-
Relativo ou pertencente a Galilea ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Galilea.
-
Nome co que se chamaba de forma despectiva a Xesús de Nazaret.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín editado a partir de marzo de 1988 en Vigo pola Asociación de Amigos de la Astronomía Galileo Galilei. Contou coa colaboración da concellería de Xuventude do concello vigués. Coordinada por J. M. Chacón Benítez, incluíu artigos de carácter técnico, información sobre estrelas e constelacións, referencias a científicos destacados e novas breves.