"ILi" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1725.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pigmento tetrapirrólico que se atopa nunha alta porcentaxe na bile, de cor amarela avermellada. Procede da degradación que o grupo hemo da hemoglobina sofre nas células do sistema reticuloendotelial do fígado, do bazo e da médula ósea. Transpórtase no sangue (bilirrubina indirecta ou libre) ata o fígado, onde se conxuga co ácido glucurónico (bilirrubina directa ou conxugada), procede da redución da biliverdina e elimínase por vía biliar. No intestino, a bilirrubina redúcese pola acción bacteriana e convértese en urobilinóxeno, que se elimina en gran parte coas materias fecais en forma de estercobilinóxeno; ou ben se reabsorbe, pasa ao sangue e fíxase no fígado, ou se elimina nos ouriños. Normalmente se atopa unha pequena cantidade de bilirrubina no sangue (bilirrubinemia), que nos casos patolóxicos determina a itericia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Presencia de bilirrubina no sangue circulante. Normalmente a bilirrubinemia total oscila entre 0,3 e 1,0 mg/100 ml. Cando a cantidade de bilirrubina sobrepasa os 2 mg/100 ml sobrevén a itericia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome xenérico co que se coñecen cada unha das substancias pirrólicas que proveñen da degradación, no intestino, da bilirrubina excretada polo fígado na bile. Os bilirrubinoides elimínanse por vía intestinal ou reabsórbense e elimínanse de novo polo fígado ou por vía urinaria. Entre os bilirrubinoides destacan a mesobilirrubina, o mesobilirrubinóxeno, o estercobilinóxeno, a mesobiliviolina e a estercobilina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Presencia de bilirrubina nos ouriños.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten dúas letras.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pigmento tetrapirrólico de cor verde que se atopa na bile, no fígado, no bazo e na médula ósea dalgúns animais xunto coa bilirrubina. Prodúcese no proceso de degradación do grupo porfirínico ou hemo da hemoglobina. É o precursor da bilirrubina e proporciona á bile vesicular a súa cor verdosa propia. A bile dos anfibios e das aves só contén biliverdina.
-
PERSOEIRO
Matemático e astrónomo. Membro da Académie des Sciences dende 1843, estudiou temas de Mecánica (cinemática e mecánica racional), Matemáticas (teoría dos números, análise, xeometría diferencial, cálculo matricial) e Astronomía.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Condición que presenta un composto, unha substancia ou un material calquera, de resultar inocuo para os organismos vivos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Porcentaxe ou fracción liberada dunha substancia administrada (droga) ou inxerida (alimento) que resulta útil ou que é bioloxicamente activa ao ingresar na circulación xeral ou ao chegar ao órgano ao que vai destinada.
-
GALICIA
Pintor. Nado nunha familia humilde, emigrou a Cuba con 16 anos onde comezou a súa formación artística. A súa primeira exposición, no Centro Gallego de La Habana, valeulle a concesión dunha bolsa de tres anos (1922-1924) para asistir á Academia de Artes de Madrid. Alí estudiou as obras do Museo del Prado. Trasladouse a París e entrou en contacto co ambiente artístico das vangardas. Desta etapa destacan Xardíns de Luxemburgo (1929) e Xardíns de París (1931). No ano 1930 acadou unha segunda bolsa da Deputación de Pontevedra que lle permitiu regresar a París e un ano despois asentouse definitivamente en Galicia. Fundou a revista Alborear (1931) xunto con Caldera Manzano. En 1932, unha nova bolsa da Deputación de Pontevedra permitiulle trasladarse a Madrid. A súa pintura evolucionou cara ao primitivismo, adquirindo importancia a temática paisaxista (Paseo da Ferradura) e mariñeira. O colorismo parisino foi abandonado para dar paso a un tratamento lírico da...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mariscal ruso coñecido como Galen. De orixe obreira, serviu no exército tsarista ata 1916. En 1917 uniuse aos bolxeviques, chegando a ser delegado do partido en Samarra. Ao mando de tropas do Exército Vermello combateu, durante a guerra civil, contra os exércitos contrarrevolucionarios de Kolčak e Wrangel. En 1921 foi nomeado ministro da Guerra da República de Siberia. Dende 1922 ata 1938 foi comandante das forzas soviéticas no Extremo Oriente e, entre 1924 e 1928, foi conselleiro militar de Sun Yat-sen e de Chiang Kai-shek. En 1935 foi ascendido a mariscal. En 1937 presidiu o consello de guerra contra Zujachevski e pouco despois, entre 1938 e 1939, desapareceu víctima dunha depuración ordenada por Stalin. Foi rehabilitado en 1956, trala chegada ao poder de Kruščov.
VER O DETALLE DO TERMO -
CABOS
Cabo situado no extremo occidental de Sicilia, Italia, onde se atopa a cidade de Marsala. Os romanos chamárono Promontorium Lilybaeum.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao bogomilismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Secta atribuída ao pope coñecido como Bogomil e difundida en Bulgaria a partir de mediados do s X. Influída por doutrinas neomaniqueas de Asia Menor, a seita propugnaba unha reforma social da Igrexa oriental e a abolición da escravitude. O centro de difusión foi a cidade de Plovdiv (ou Filopópolis, Tracia). O bogomilismo perdurou ata a conquista turca (s XV), despois de terse estendido polo Imperio Bizantino. Influíu sobre algúns movementos occidentais, como o Catarismo.
-
PERSOEIRO
Escritora coñecida como Fernán Caballero. Moitos dos seus relatos breves e novelas foron escritos bastantes anos antes da data da súa publicación, a miúdo nunha primeira versión anterior á redacción definitiva, no decurso da década de 1820. Entre a súa produción destacan as novelas La Gaviota (1849), Lágrimas (1850), Clemencia (1852), La familia Alvareda (1856) e Un verano en Bornos (1958); as compilacións de narracións breves, de tipo tradicional, Cuentos y poesías populares andaluces (1959), Cuentos, oraciones, adivinas y refranes populares e infantiles (1874) e literario, Relaciones (1857) e Cuadros de costumbres (1857), xunto cun amplísimo conxunto de cartas das que se publicaron diversos epistolarios.
VER O DETALLE DO TERMO -
SEMANARIOS
Semanario aparecido en Ourense a mediados do século XIX. O seu redactor foi Manuel Santos Placer, mentres que a súa edición corría a cargo da imprenta de Pedro Lozano.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos bombicílidos.
-
Ave da familia dos bombicílidos.
-
Familia de aves da orde dos paseriformes que comprende especies terrestres de pequenas dimensións, de plumaxe sedosa e delicada e co bico curto e forte. Son propias dos bosques setentrionais de coníferas e bidueiros. Denomínanse comunmente como gaios norteños.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos bombílidos.
-
Mosca da familia dos bombílidos.
-
Familia de moscas da suborde dos braquíceros que na fase adulta son grosas e cubertas dunha densa pilosidade semellando un pequeno abellón, polo que se coñecen como moscas abellón. As ás están coloreadas e algunhas especies, como a Bombylius major, presentan unha longa probóscide que lles serve para libar nas flores sen necesidade de pousar nelas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
aso estreito que servía para gardar os ungüentos.
-
PERSOEIRO
Duque de Sevilla. Almirante e político, neto de Carlos IV. Home de ideas liberais e afiliado á francmasonería. O 31 de decembro de 1845 publicou un manifesto onde propoñía o seu matrimonio coa Raíña Isabel II. O goberno entregoulle o mando do buque Manzanares e enviouno a Galicia, onde apoiou o levantamento progresista de 1846. Foi desterrado de España o 20 de marzo de 1846 e marchou a Francia e a Inglaterra. Á caída de Isabel II, foi partidario de Espartero. Perdeu a vida nun duelo co conde de Montpensier.
VER O DETALLE DO TERMO