"INE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1570.
-
-
Relativo ou pertencente a Caminha ou aos seus habitantes.
-
Habitante ou natural de Caminha.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Campiñense.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Industria prehistórica que toma o seu nome do xacemento francés de Campigny, no val do Bresle (Normandía). Iniciouse durante o Neolítico e perdurou ata finais do Bronce. Os elementos característicos son os utensilios de sílex, tallados dunha forma especial, sobre todo o pico e o tranchet. Localizouse en diversas rexións de Europa occidental.
-
GALICIA
Escritor. Interveu na fundación das Irmandades da Fala e estivo vinculado á causa republicana. Publicou Contos (1927).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Conxunto de cans.
-
Grupo de delincuentes.
-
Grupo de mozos ou rapaces pequenos.
-
Ruído provocado polos berros ou as voces dun grupo de xente.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Festival cinematográfico internacional que se celebra anualmente na cidade francesa de Cannes dende 1939, organizado por Philippe Erlanguer e Favre Bret. A cerimonia inaugural celebrouse no Grand Hotel de Cannes. A Segunda Guerra Mundial interrompeuno ata o 20 de setembro de 1946, data a partir da que se celebrou regularmente. Entre os filmes seleccionados para o programa de apertura destacan La symphonie pastorale (A sinfonía pastoral), de Jean Delannoy, La bataille du rail (A batalla do ferrocarril), de René Clément, e The lost weekend (A última fin de semana), de Billy Wilder. Ao longo dos anos premiáronse coa Palma de Ouro numerosas longametraxes, entre elas: Viridiana (1961), de Luis Buñuel; Il Gattopardo (1963), de L. Visconti; M.A.S.H. (1970), de Robert Alman; Taxi Driver (1976), de Martin Scorsese e The Mision (A Misión, 1986), de R. Joffé. Amais foron galardoados pola súa interpretación actores como: Anthony...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Muller que tiña por oficio servir bebidas aos soldados, mesmo durante as accións de guerra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que ten ou atende unha cantina.
-
GALICIA
Poeta. Publicou: Parrafeos de amor (1981), Feixe de gramos verdes e cousas do pobo (1981), Poemas (1982) e Idilios do Feal de Ansemil (1983).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Dialecto catalán falado no Capcir, nos Pireneos orientais (Francia). Mantén moitas afinidades léxicas coas falas occitanas veciñas (tampar ‘pechar’) e morfolóxicas (miu, miva ‘meu’, ‘miña’). Tamén destaca a conservación do artigo (lo, los ‘o’, ‘os’) e con respecto á fonética, a vocalización do -l- intervocálico + consoante (autre ‘outro’) e os cambios de QUA-, GUA- a ca-, ga- (gardar ‘gardar’) e do -s- sonoro procedente do -d- e -c- intervocálicos diante das vocais palatais e ou i (tesa ‘facho’, rasú ‘razón’). Ademais presenta algún fenómeno de seu, como o cambio de Ū a oe (oell, ‘ollo’), que se recolle nas zonas de transición.
-
PERSOEIRO
Político e xornalista. Retirouse da carreira militar en 1854 para dedicarse a diversas actividades públicas. Militou na Unión Liberal e fundou os xornais El Correo e La Península. Foi elixido deputado en 1858 e, contrario á política de Isabel II, exiliouse en 1866. Regresou despois da Revolución de 1868 e foi novamente deputado e subsecretario do ministerio de Facenda. Publicou Hacienda de la nación (1872).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor latino. Foi o autor de De nuptiis Mercurii et Philologiae (Sobre as nupcias de Mercurio e Filoloxía), obra enciclopédica onde expón a materia das sete artes liberais; expoñente das diversas correntes culturais do helenismo, tivo gran difusión como libro de texto durante a Idade Media.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Soldado armado cunha carabina.
-
Garda destinado á represión do contrabando e á vixilancia das costas, fronteiras e aduanas. O corpo de carabineiros de costas e fronteiras creouse en 1829 e ampliouse pronto cos membros do chamado resgardo civil, destinados a aduanas. Reorganizouse nos anos 1837 e 1842 co nome de corpo de carabineiros reais. Pola súa duplicidade de funcións coa Garda Civil e pola súa actuación durante a Guerra Civil (1936-1939), suprimiuse como corpo en 1940 e pasou a constituír unha sección da Garda Civil.
-
Garda da organización militar destinada á protección da seguridade pública. Creouna en Italia Víctor Manuel I en 1814, e está formada por tropas de infantería e de cabalería.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
camariña.
-
-
Relativo ou pertencente ao Carballiño ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante do Carballiño.
-
-
PERSOEIRO
Ximnasta. Fillo de Jesús Carballo García, iniciouse no deporte da ximnasia aos 5 anos de idade. Nos Campionatos do Mundo celebrados en San Juan de Puerto Rico en 1996 proclamouse vencedor na disciplina da barra fixa, título que revalidou en Tianjin 1999. Obtivo a medalla de prata nos Campionatos do Mundo de Lausanne 1997 e foi Campión de Europa en San Petersburgo 1998. Participou nos Xogos Olímpicos de Atlanta 1996, onde acadou o sétimo posto en barra fixa, e na Universiada de Palma de Mallorca 1999, onde tamén obtivo posto de finalista. En xuño de 1997 gañou a medalla de ouro no concurso completo dos Xogos do Mediterráneo, celebrados en Bari. No plano técnico, incorporou ao repertorio ximnástico tres elementos que levan o seu nome (Carballo): un para barra fixa e dous para barras paralelas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de herbáceas da familia das brasicáceas ao que pertencen as cardaminas.
-
-
Tipo de uva tinta, produtora de viños robustos pero non bastos, que se complementa moi ben coa garnacha, e que se emprega principalmente en Catalunya e La Rioja, onde recibe o nome de mazuela.
-
iño con Denominación de Orixe elaborado na comarca do Campo de Cariñena (Zaragoza) a partir das variedades garnacha (55% da uva) e tempranillo (15%) para os tintos, e viura e macabeo (20%) para os brancos. Prodúcense viños tintos, rosados, claretes e brancos secos, tintos e brancos doces e tamén viños rancios, obtidos a partir de viños de 14 graos avellentados en carballo durante o tempo mínimo dun ano. Tamén se producen viños de licor de uva moscatel.
-
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Zaragoza, Aragón, cabeceira da comarca do Campo de Cariñena (2.852 h [1996]). Está situado no centro dunha chaira que se prolonga ata a ribeira do río Jalón. A súa economía baséase no sector agropecuario, especialmente no cultivo da vide, que abastece unha importante produción vinícola.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘caro’.