"Ise" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 454.

  • Degradación metabólica do glicóxeno en glicosa. Ten lugar por medio do enzima glicóxeno-fosforilase, que cataliza a hidrólise dos enlaces 1-4 do glicóxeno, o que xera como produto final moléculas de glicosa-1-fosfato. Nos animais ten lugar no fígado e nos músculos, e actívase por hormonas como o glucagón do páncreas e a adrenalina da médula adrenal, e inhíbese pola insulina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo. Coñecido como Franck, inicialmente dedicouse á literatura ata que en 1845 decidiu centrarse na fotografía. Nese ano trasladouse a Barcelona e en 1849 abriu un estudo de daguerrotipos especializado en retratos. A partir de 1854 impartiu clases de fotografía e dedicouse á venda de material fotográfico. Asociouse con Wigle en 1855 e dous anos máis tarde regresou a París, onde deu clases na Escola Politécnica. O seu estudo parisino foi un dos máis coñecidos do Segundo Imperio. Neses anos traballou o negativo de papel e, posteriormente, interesouse polo colodión e os papeis leptográficos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rocha metamórfica que procede da metamorfización ácida do granito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Botánico alemán. Foi unha das figuras máis destacadas da xeografía botánica. Bo coñecedor da flora europea e americana, tratou de establecer unha clasificación da vexetación segundo unha base climática na obra Die Vegetation der Erder (1872).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo feminino probablemente de orixe xermánica, a partir de *grisja ‘gris’ e *hildjo- ‘batalla, combate’. É o nome da protagonista dunha lenda medieval italiana, que Boccaccio incluíu no Decameron e que no s XVIII foi fonte de inspiración para diversas óperas. A súa festividade celébrase o 21 de outubro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Foro político e económico que reúne as sete principais potencias económicas do mundo (Alemaña, Canadá, EE UU, Francia, Reino Unido, Italia e Xapón). Reunidos anualmente desde 1975, incorporouse un representante da Comunidade Europea en 1979, e Rusia en 1997, dando lugar a unha nova denominación de G-8.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei dos Países Baixos e gran duque de Luxemburgo (1815-1840), fillo e sucesor de Guillerme V de Orange-Nassau. Recoñecido como rei dos Países Baixos e Bélxica polo Congreso de Viena, cedeu os seus territorios patrimoniais en Alemaña e Prusia a cambio do Ducado de Luxemburgo (1815). Potenciou o desenvolvemento agrícola e industrial dos Países Baixos, aínda que gobernou de forma absoluta. Trala revolución de 1830 perdeu Bélxica e viuse obrigado a aceptar un réxime parlamentario en Holanda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei dos Países Baixos e gran duque de Luxemburgo (1840-1849), fillo e sucesor de Guillerme I. Trala invasión francesa dos Países Baixos (1795), exiliouse xunto coa súa familia a Inglaterra, onde estudiou na Universidade de Oxford e ingresou no exército británico. Tras acceder ao trono despois da abdicación do seu pai (1840), o seu reinado caracterizouse pola concesión dunha Constitución parlamentaria e liberal (1848) en que se limitaban amplamente os poderes do monarca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei dos Países Baixos e gran duque de Luxemburgo (1849-1890), fillo e sucesor de Guillerme II. Durante o seu reinado produciuse a conversión do Ducado de Luxemburgo nun territorio neutral baixo a garantía das grandes potencias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña dos Países Baixos (1890-1948), filla e sucesora de Guillerme III. Trala súa coroación (6 de setembro 1898), produciuse a separación definitiva con Luxemburgo, que rexeitou ser gobernado por unha muller. Mantivo a neutralidade dos Países Baixos durante a Primeira Guerra Mundial e durante a ocupación nazi, na Segunda Guerra Mundial, exiliouse en Londres xunto co goberno. Regresou aos Países Baixos en 1945 e tres anos máis tarde abdicou na súa filla Xiana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe nobre francesa que ten as súas orixes na casa ducal de Lorena. Dos seus membros destacaron Claudio I de Guise (1496-1550), coñecido como Claudio de Lorena, quen recibiu de Francisco I de Francia os títulos de duque de Guise (1528) e par de Francia (1528) pola súa axuda na represión das revoltas campesiñas en Alsacia e Lorena (1525); a súa filla María de Guise (1515-1560), quen casou con Xaime V de Escocia e foi nai de María I Stuart; Francisco I de Guise (1519-1563), quen se enfrontou aos exércitos de Carlos V en Metz (1552) e se converteu en comandante xeneral do reino en 1557, e que xunto co seu irmán Carlos de Guise (1524-1574), cardeal de Lorena cunha grande influencia sobre o seu sobriño Francisco II de Francia, iniciaron unha dura represión contra os hugonotes (Masacre de Wassy, 1562) que foi o comezo das Guerras de Relixión; e Enrique I de Guise (1550-1588), instigador da matanza...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico alemán. Considerado un dos fundadores da mecánica cuántica, tivo unha grande incidencia no desenvolvemento da física atómica e nuclear. En 1927 formulou o denominado principio de incerteza. A súa obra básica sobre a teoría dos cuantos ampliouse en sucesivas edicións. Escribiu tamén valiosos ensaios sobre filosofía da ciencia. En 1932 foille outorgado o Premio Nobel de Física, pola mecánica cuántica de matrices.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica de depuración sanguínea extrarrenal que consiste en sacar o sangue do enfermo e facer que circule polo interior dunha máquina, o hemodializador, onde se separan as substancias nocivas contidas en exceso no sangue por difusión a través dunha membrana semipermeable. Unha vez que o sangue está limpo, devólvese ao paciente. Emprégase en casos de insuficiencia renal aguda ou crónica terminal e que suple as funcións de eliminación de líquido retido, excreción de solutos e regulación do equilibrio ácido-base e electrolítico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lise dos eritrocitos coa conseguinte liberación da hemoglobina que conteñen.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expulsión de sangue pola boca, procedente da larinxe, tráquea, bronquios ou pulmóns. Pódese producir por unha infección bronquial ou pulmonar, especialmente a tuberculose, por lesións no peito ou por cancro de pulmón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Destrución das células hepáticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militante anarcosindicalista. Participou na Revolución de Asturias (1934) e fuxiu a Francia. Instalouse na Coruña (1935) e colaborou na CNT local. En 1936 fuxiu ata Gijón co sindicato El Despertar Marítimo, enrolouse no Batallón 219 Galicia e militou na Agrupación Confederal Galaica. Despois da Guerra Civil Española traballou pola reorganización da CNT en Galicia. Na década de 1940 foi detido e encarcerado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Rotura das células dunha especie causada por unha citolisina pertencente a outra especie.

    2. Proceso que ten lugar nunha reacción heterolítica. É o proceso inverso ao de coordinación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Descomposición dunha substancia química pola acción da auga. O sal dun ácido débil e dunha base forte, o dunha base débil e dun ácido forte e o dun ácido e unha base débiles teñen tendencia a hidrolizarse. O grao de hidrólise é a realización entre o número de moles hidrolizados e o número total de moles de sal. No caso da reacción de hidrólise do ión acetato, CH3COO-+ H2O "FF2DFF33 30B430B730C330AF"; Lucida Sans Unicode >⇋ CH3-COOH + OH-, a constante da disociación vén dada pola ecuación

    FORMULA

    Keé a constante de disociación da auga e Kaa constante de disociación do ácido acético.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reacción química semellante á hidrolise, en que se produce a ruptura dun enlace dunha molécula por acción do hidróxeno. Os enlaces que se poden romper por hidroxenolise son: carbono-carbono, carbono-osíxeno, carbono-xofre e carbono-nitróxeno.

    VER O DETALLE DO TERMO