"Jos" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1142.
-
PERSOEIRO
Militar. Capitán do rexemento de infantería de León e de Lugo, foi xefe da escolta que acompañou a Juan Díaz Porlier durante a súa estancia en Pastoriza e Arteixo. Participou no alzamento que dirixiu Porlier na Coruña en 1815, polo que foi apresado e acusado de cómplice de sedición. Fuxiu do cárcere en xullo de 1817.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. Coñecido como Pepe Castaño, presentou varios programas en TVE. Colaborador habitual da revista Hola e locutor de radio da Cadena Ser no programa Carrusel Deportivo, publicou o libro Andadura. Entre os premios recibidos figuran o Premio Ondas, en 1975, o Premio Guacaipuro polo programa 300 millones de TVE, e o nomeamento como Fillo Adoptivo da vila de Padrón.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Crítico literario e ensaísta. Director literario de Edicions 62, foi o primeiro presidente da Associació d’Escriptors en Llengua Catalana (1978-1983) e colaborou en diversas revistas como Ínsula, Índice ou Serra d’Or. Da súa produción destacan as obras: Notas sobre literatura contemporánea (1955), La hora del lector (1957), Poesia, realisme, història (1965), Josep Pla o la raó narrativa (1978), La cultura e les cultures (1985) e Els escenaris de la memòria (1988). Recibiu a Creu de Sant Jordi en 1983.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico e político portugués, sobriño de Camilo Castelo Branco. Deputado polo partido rexenerador, exerceu os cargos de ministro dos Assuntos Estrangeiros, embaixador en China e gobernador civil de Lisboa. Colaborou tamén en diversos xornais.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Profesor. Doutor en Dereito (1905) e en Filosofía e Letras (1915) pola Universidad de Madrid e catedrático de Dereito Romano en Sevilla, Valladolid e Madrid ata o seu exilio en 1936. Alumno de Francisco Giner de los Ríos, estivo vinculado á ILE dende 1898, institución na que sistematizou a súa estrutura pedagóxica. Dende o ministerio de Instrución Pública interveu na creación da Junta para Ampliación de Estudios y Investigaciones Científicas (JAE), na que ocupou o cargo de secretario xeral (1907-1934), e o Centro de Estudios Históricos (1910). Foi un dos impulsores do Instituto-Escuela de Segunda Enseñanza de Madrid (1918) onde se experimentaron novos métodos de traballo e innovacións didácticas e organizativas no ensino secundario. Colaborou no Boletín de la Institución Libre de Enseñanza con diversos artigos, relacionados sobre todo coa temática educativa no estranxeiro (1904-1926). Consideraba que o ensino debía abranguer todas as materias de forma cíclica e gradual, polo que...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Biólogo. Licenciado en Farmacia, doutor en Bioloxía e profesor titular na Universidade de Santiago de Compostela. As súas principais obras son Pulmonados desnudos de Galicia (1981), Caracoles terrestres de Galicia (1983) e Babosas de la Península Ibérica y Baleares (1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Enfrontamento armado que tivo lugar o 1 de xaneiro de 1860 no transcurso da Guerra de África entre forzas do corpo expedicionario español, comandadas por Prim e por Zabala, e o exército marroquí, no val chamado de Los Castillejos, preto de Ceuta. Gracias á vitoria acadada, concedéuselle o título de marqués de Los Castillejos ao xeneral Prim.
-
PERSOEIRO
Pintor. Estableceuse en Roma en 1751 e foi discípulo de Corrado Giaquinto ata 1753. Regresou a España e traballou con Mengs (1758-1764) e na fábrica de tapices de Santa Bárbara dende 1770. A súa arte intimista céntrase nos pequenos grupos dunha certa posición social, como se reflicte en Niños jugando al boliche e La bollera de la puerta de san Vicente. Realizou obras relixiosas en igrexas de Madrid, como os frescos de San Ginés. En 1785 foi nomeado membro de mérito da Real Academia de San Fernando e en 1788 vicedirector. O seu irmán Fernando del Castillo (Madrid 1740 - 1777) foi pintor na Real Fábrica de Porcelanas del Buen Retiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor. Formouse na Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo de Santiago de Compostela. Entre os monumentos públicos que realizou na Coruña destacan os dedicados a Wenceslao Fernández Florez, Casares Quiroga, María Pita e aos Surfistas. Entre os premios que recibiu cómpre destacar o primeiro premio de escultura Cidade da Coruña (1980) e o premio Tomás Francisco Prieto (1985).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político. Alcalde do concello de Ponteareas (1968-2000) ata que unha sentenza de inhabilitación o obrigou a abandonar o cargo. Foi deputado por Pontevedra (1989-1993) e senador (1993-1996) polo Partido Popular, partido do que foi expulsado en xaneiro de 1999 despois dunha longa serie de conflitos xudiciais.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista, escritor e crítico de arte. Licenciado en Filosofía e Letras e en Xornalismo, foi redactor e crítico de arte nos xornais El Alcázar e Informaciones, e na revista Arte y Letras. Entre as súas obras destacan as monografías Goya (1962), Victoria de la Fuente (1962), Luis Seoane (1963) e Alfonso Costa: conversación sobre vocación, pintura y manierismo (1986), e os estudios El arte abstracto (1962), Anuario del arte español (1973), O libro das galerías galegas (1975) e Cerámica, fuego, magia (1974). Con Adolfo González Amézquete e Bernardo Ynzenga escribiu Arquitectura española en el extranjero (1962). Membro numerario da Asociación Internacional de Críticos de Arte, foi un dos fundadores da Asociación Española de Críticos de Arte e formou parte da Comisión de Artes Plásticas da Dirección General de Bellas Artes. Recibiu o Premio da Crítica do Colegio de Arquitectos de Madrid (1959), o Premio Nacional de Literatura (1962) e o Premio de...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador e investigador cinematográfico. Licenciouse en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela en 1987 e doutorouse en 1997 na mesma universidade. A súa actividade móstrase en artigos de revistas especializadas e en diversas obras como: La Coruña y el cine (1896 - 1996), (1996); A crise da transparencia clásica, enturbamentos e desaxustes no cine de Hollywood (1946 - 1960), (1997); El surgimiento del telefilme: los años cincuenta y la crisis de Hollywood: Alfred Hitchcock y la televisión, (1999) ou Alfred Hitchcock, (2000), entre outras. É coautor de libros sobre os cineastas Ramón Torrado e José Sellier. Dirixiu a revista cinematográfica Vértigo, publicada na Coruña entre 1991 e 1998. Colabora no Festival Internacional de Cine Independente de Ourense, para o que codirixiu a edición dos volumes dedicados a Antonio Casal, Wenceslao Fernández Flórez, Manuel Mur Oti e Gonzalo Torrente Ballester. Tamén participou como redactor en antoloxías e dicionarios cinematográficos...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor. Estudiou na Escola de Canteiros de Poio (1980-1985). e especializouse no traballo con pedra, na procura de raíces antropolóxicas para achegarse ao mundo mítico ou primixenio. Participou, entre outras, nas mostras colectivas Novos Valores da Bienal de Pontevedra (1983) e I Mostra de Unión Fenosa (1989). Entre as súas obras destaca Pacas (1986).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Avogado e político costarriqueño. Durante o seu mandato como presidente da República (1847-1849) proclamou a independencia de Costa Rica (1848). Foi reelixido en 1866 e derrocado polos militares dous anos máis tarde. Realizou melloras no sistema público de ensino, inaugurou a primeira liña telegráfica do país e creou o Banco Nacional.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor e crítico de arte. Licenciado en Belas Artes pola facultade de San Fernando de Madrid en 1991, doutorouse na facultade de Pontevedra. Estudiou técnicas de gravado en Berkeley (EE UU), fotografía no Centro de Estudios de la Imagen, en Madrid, e litografía na Universidad Menéndez Pelayo de Santander. As súas realizacións móvense dentro do conceptualismo e da abstracción. Entre as súas obras destaca Descubrimento dos novos fractais (1993), Forma orgánica con signo (1993) e a serie de xerografías Nós conservamos a natureza (1997). Exerceu como crítico de arte no xornal El Ideal Gallego. Foi galardoado, entre outros, no Certamen Nacional de Pintura del Ayuntamiento de Madrid (1989), na Bienal Internacional As Balconadas de Betanzos (1992) e no Certamen Nacional de Pintura Ademar Champagnat, en Vigo (1995).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político. Estudiou nas universidades de Santiago de Compostela, Barcelona, Madrid, Pisa, Roma e a Sorbonne. Doutorouse en Dereito, Ciencias Políticas e Economía e licenciouse en Filosofía e Letras. Exerceu como catedrático de Dereito Mercantil en Santiago de Compostela e como profesor extraordinario da Escuela Social de Madrid. Reformou a Seguridade Social e o Mutualismo Laboral español ao ampliar e unificar todos os seguros sociais e ao implantar o seguro obrigatorio de enfermidade. Foi deputado en Cortes, presidente do Instituto Nacional de Previsión (INP), do Instituto de Medicina, Higiene y Seguridad en el Trabajo, do Instituto Social de la Marina e conselleiro do Banco de España e do Consejo Nacional de Prensa, Radio y Televisión. Autor de numerosos traballos sobre sociedades mercantís, dereito aéreo, dereito marítimo, cooperativismo e seguros sociais, fundou a Revista de Derecho Mercantil, a Revista de Derecho Marítimo e a Revista de Derecho del Trabajo....
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico e sociólogo brasileiro. Profesor de xeografía humana na Universidade de Rio de Janeiro, fundou o Instituto de Nutrição Humana do Brasil e foi elixido (1952-1956) presidente do consello executivo da FAO. A súa obra relaciona os problemas demográficos coas deficiencias de nutrición nos países subdesenvolvidos. Da súa produción destaca Geography of Hunger (Xeografía da fame, 1949) e Geopolítica da fome (1951).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. Membro dunha familia de artistas, o seu pai Federico Caulonga foi mestre na Escola de Artes e Oficios Artísticos de Santiago de Compostela. Pertenceu, entre outros, ao círculo artístico de Camilo Díaz, Francisco Asorey e Xosé Aldrey. Entallador e labrador da pedra, colaborou no taller de Asorey e no de Magariños. En Santiago de Compostela destaca o conxunto escultórico que decora un capitel da rúa do Vilar, cunha figura sedente do apóstolo Santiago entre o Mestre Mateo e a raíña peregrina Isabel de Portugal. Durante os anos vinte colaborou con Antonio Palacios en diferentes construcións, como as do Palacio de Correos y Comunicaciones e o Círculo de Bellas Artes, ambos os dous en Madrid, cidade na que residiu algúns anos.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. A súa primeira infancia transcorreu na Galicia rural das Rías Baixas, concretamente nas vilas de Iria Flavia, Tui e Cangas. Primoxénito do matrimonio formado por Camilo Cela Fernández e Camila Enmanuela Trulock y Bertonini, no seu libro de memorias La rosa (1959) vincula as súas primeiras lembranzas ás estadías nas casas dos avós maternos, en Iria Flavia, e paternos, en Tui. O contacto co cosmopolitismo da súa familia inglesa, por parte materna, e a relación íntima con Galicia, resultado do trato co mundo do avó paterno e co contorno galegofalante, sentaron as bases do futuro creador enraizado no rural galego. Con motivo do traslado do pai, funcionario de aduanas, a familia estableceuse en Cangas e o neno asistiu á escola en Vigo. Nesta época coñeceu o poeta Antón Noriega Varela, que fundara, xunto co seu pai e Antón Villar Ponte, o xornal anticaciquil Guau, Guau. A este antecedente literario paterno súmase a relación da súa bisavoa María Margarita Jones con Rosalía de Castro,...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Centro artístico inaugurado en Lisboa en 1984 e situado nun edificio deseñado por sir Leslie Martin, anexo á sede do museo histórico da Fundação Calouste Gulbenkian. Naceu coa intención de crear un lugar dedicado á produción artística do s XX, formado por tres departamentos: museo, documentación e investigación e creación artística. Ademais das salas permanentes, ten salas de exposicións temporais, auditorio, biblioteca-centro de documentación, servizo pedagóxico e servizo de investigación. Na súa primeira etapa desenvolveu revisións históricas de artistas como Paula Rego, Almada Negreiros, Dacosta ou o grupo de ilustradores dos anos vinte. Posteriormente, amosou a obra dos artistas máis significativos de Portugal nas últimas décadas, como Cabrita Reis, Rui Chafes ou Pedro Calapez. Abriuse tamén aos artistas internacionais con exposicións dedicadas a R. Serra e Paolín, e á arte do s XX no Brasil.